Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE RUBIÁ.

Sendo as 18:00 horas do día 23 de setembro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Rubiá, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

VICEPRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

SECRETARIO:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VOGAIS:

Dona Mónica Mourelo Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Rubiá. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Rubiá, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Elías Rodríguez Núñez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 13:30 horas avalada por un total de tres compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Rubiá don Elías Rodríguez Núñez.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Rubiá, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Casa de Cultura Municipal”, , a partir das 20:00 horas do xoves, 25 de setembro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Rubiá. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Rubiá, toma a palabra o presidente da Comisión Organizadora, Pablo Pérez Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona Mercedes Rodríguez Núñez.

Vicepresidente:

Don Francisco Franco Alija.

Secretario:

Don Francisco Núñez Moldes.

Vogais:

Don Herminio Rodríguez González. Don Emilio López López.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

compromisarios/as do Congreso Local.

sometida

á

votación

polos/as


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Rubiá, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

O presidente,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

23092014 rubiá  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you