ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O CARBALLIÑO.
Sendo as 18:20 horas do día 23 de setembro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de O Carballiño, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:
Don Jorge Pumar Tesouro.
VICEPRESIDENTA:
Dona Mónica Mourelo Pérez.
SECRETARIO:
Don Pablo Pérez Pérez.
VOGAIS:
Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.
Pasando a tratar os puntos que seguen:
1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de O Carballiño. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de O Carballiño, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Argimiro Marnotes Fernández á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 22 de setembro ás 18:30 horas avalada por un total de quince compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de O Carballiño don Argimiro Marnotes Fernández.
2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de O Carballiño, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Casa da Cultura Municipal”, na Avenida Calvo Sotelo, núm. 29 do Carballiño, a partir das 10:30 horas do sábado, 27 de setrembro de 2014.
3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de O Carballiño. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de O Carballiño, toma a palabra o presidente da Comisión Organizadora, Jorge Pumar Tesouro, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidente:
Don Emilio García Nóvoa.
Vicepresidente:
Don José Andrés Vázquez Diéguez.
Secretaria:
Dona Ana Villanueva Domínguez.
Vogais:
Dona Purificación Alberte Iglesias. Don Sebastián Lamazares Dacasa.
Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa
do
Congreso
Local,
que
será
compromisarios/as do Congreso Local.
sometida
á
votación
polos/as
Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:30 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.
Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de O Carballiño, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.
Vº e pr., O secretario,
Asdo.: Pablo Pérez Pérez.
O presidente,
Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.