Page 1

Ourense , 30 de setembro de 2014 Benquerido/a afiliado/a, A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense acordou o pasado 29 de setembro a convocatoria do Congreso Extraordinario de Novas Xeracións do Partido Popular de Xinzo de Limia, a celebrarse o día 17 de outubro de 2014. De conformidade co Regulamento do Congreso participarán no mesmo con dereito a voto os/as afiliados/as designados/as polas organizacións locais. No suposto de que queiras participar, deberás inscribirte no rexistro de afiliados/as da Sede Provincial ou da Xunta Local de Xinzo de Limia ata ás 13:30 horas do día 10 de outubro. De conformidade co disposto nos artigos 8 e 9 do Regulamento do Congreso e o artigo 7 para poder participar no Congreso con dereito a voto deberás estar ao corrente de pagamento das cotas de afiliado/a. Podes efectuar o pagamento da cota na sede local, na sede provincial ou ingresando na conta bancaria que o Partido Popular ten aberta. Para calquera dúbida e información podes chamar á sede provincial do Partido Popular de Ourense, 988 210 790 ou consultar a páxina web do Partido Popular de Ourense http://www.ppou.es/.

Recibe un cordial saúdo, O presidente provincial do Partido Popular de Ourense,

Asdo.: José Manuel Baltar Blanco.

1carta afiliad@s convocatoria congreso local nnxx xinzo de limia  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you