Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE AMOEIRO.

Sendo as 18:10 horas do día 17 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Amoeiro, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

VICEPRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

SECRETARIO:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VOGAIS:

Dona Mónica Mourelo Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Amoeiro. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Amoeiro, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don José Ángel Sampayo Fernández á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 16 de xuño de 2014 ás 17:00 horas avalada por un total de seis compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Amoeiro don José Ángel Sampayo Fernández.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Amoeiro, o Congreso Local desenvolverase no local “Casa da Cultura do Concello” a partir das 19:45 horas do venres, 20 de xuño de 2014..

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Amoeiro. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Amoeiro, toma a palabra o presidente da Comisión Organizadora, Pablo Pérez Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona Isabel Rodríguez Vázquez.

Vicepresidenta:

Dona Sonia Vázquez Rodríguez.

Secretaria:

Dona Jacaranda Caride Fernández.

Vogais:

Dona Milagros Corral Surribas. Dona María Dolores Fernández González.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:20 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Amoeiro, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

O presidente,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

17062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you