Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O BARCO DE VALDEORRAS.

Sendo as 18:20 horas do día 17 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de O Barco de Valdeorras, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VICEPRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

SECRETARIA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VOGAIS:

Don Jorge Pumar Tesouro. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de O Barco de Valdeorras. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de O Barco de Valdeorras, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Moisés Blanco Paradelo á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 13:30 horas avalada por un total de corenta e nove compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de O Barco de Valdeorras don Moisés Blanco Paradelo.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de O Barco de Valdeorras, o Congreso Local desenvolverase no local “Casa de Río Cigüeño” a partir das 11:15 horas do sábado, 21 de xuño de 2014..

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de O Barco de Valdeorras. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de O Barco de Valdeorras, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Mónica Mourelo Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona Nieves Rodríguez Voces.

Vicepresidente:

Don Enrique Pérez Roca.

Secretaria:

Dona María do Pilar Pérez Bustillo.

Vogais:

Dona María Elena Salvador Álvarez. Don Celestino Delgado Silva.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:30 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado. Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de O Barco de Valdeorras, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

A presidenta,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

17062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you