Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE CASTRELO DE MIÑO.

Sendo as 18:00 horas do día 17 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VICEPRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

SECRETARIA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VOGAIS:

Don Pablo Pérez Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Por diferentes cuestión de axenda é imposible a celebración do Congreso na data inicialmente prevista, o sábado 19 de xuño dos correntes, polo que: Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Castrelo de Miño, a Comisión Organizadora fixará o antes posible a nova data e lugar de Celebración do Congreso Local en Castrelo de Miño. Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta de cambio de data de celebración do Congreso Local.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Castrelo de Miño, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

A presidenta,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

17062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you