Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE BARBADÁS.

Sendo as 18:00 horas do día 16 de setembro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Barbadás, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VICEPRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

SECRETARIA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VOGAIS:

Don Pablo Pérez Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Barbadás. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Barbadás, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por dona María Consuelo Vispo Seara á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 13:00 horas avalada por un total de seis compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamada candidata á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Barbadás dona María Consuelo Vispo Seara.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Barbadás, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Casa da Cultura de Barbadás”, na Rúa San Bernabé, núm. 37 – A Valenzá, a partir das 16:45 horas do venres, 19 de setrembro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Barbadás. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Barbadás, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Cristina Isabel Romero Fernández, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidente:

Don José Antonio Do Olmo Congil.

Vicepresidenta:

Dona Nieves Carril Gómez.

Secretario:

Don Manuel ángel Fernández Quintas.

Vogais:

Dona Miriam Prieto Valdés. Don Julio Domínguez Pato.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

compromisarios/as do Congreso Local.

sometida

á

votación

polos/as


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Barbadás, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

A presidenta,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

16092014 barbadás  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you