Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O BARCO DE VALDEORRAS.

Sendo as 18:40 horas do día 13 de maio de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de O Barco de Valdeorras, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VICEPRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

SECRETARIA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VOGAIS:

Don Jorge Pumar Tesouro. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do censo definitivo de afiliados/as do Partido Popular de O Barco de Valdeorras. Preséntase polo presidente desta comisión a listaxe de afiliados/as do Partido Popular de O Barco de Valdeorras pechada a data de 5 de maio de 2014, segundo o establecido no artigo 6º do Regulamento do Congreso Local Ordinario e que ascende a un número de 686 persoas. Do mesmo xeito, preséntase a listaxe de todos/as os/as afiliados/as desta organización local, que segundo o establecido no artido 15º do Regulamento estaban ao corrente de pagamento na data de convocatoria do Congreso Local, e que suman un total de 2 persoas. Quedando aprobado por unanimidade dos presentes este punto da orde do día.


2.- Proclamación dos/as candidatos/as á presidencia do PP de O Barco de Valdeorras: Segundo o establecido no artigo 15º do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de O Barco de Valdeorras, que rexerá a presente convocatoria congresual, e, logo de rematar o prazo habilitado para a presentación de candidaturas este martes día 13 de maio ás 14:00 horas, presentáronse a esta comisión organizadora as candidaturas que seguen: Primeira e única: encabezada por don Moisés Blanco Paradelo. Logo de comprobar, tal e como fixan os artigos 15º e 16º do regulamento, cumpre co esixido nos mesmos, pois o interesado ten a condición plena de militante, estaba ao corrente de pagamento das súas cotas na data da convocatoria do presente congreso e aporta un total de 220 sinaturas de afiliados e afiliadas do PP de O Barco de Valdeorras. Polo exposto, esta Comisión Organizadora do Congreso proclama candidato á presidencia do PP de O Barco de Valdeorras a don Moisés Blanco Paradelo.

3.- Aprobación do modelo de aval a empregar para a recollida de sinaturas entre os/as compromisarios/as. Preséntase polo presidente un modelo oficial de aval (do que se achega copia asinada polo seu reverso por todos os integrantes desta comisión coa presente acta) para que o candidato á presidencia do Partido Popular de O Barco de Valdeorras poida recoller as sinaturas necesarias dos/as compromisarios/as para poder ser proclamado candidato. Estando facultado únicamente para a súa solicitude e retirada o candidato proclamado á presidencia. Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:50 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado. Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de O Barco de Valdeorras, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

A presidenta,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

13052014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you