Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE A PEROXA.

Sendo as 18:10 horas do día 10 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de A Peroxa, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VICEPRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

SECRETARIO:

Don Pablo Pérez Pérez.

VOGAIS:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Por diferentes cuestión de axenda é imposible a celebración do Congreso na data inicialmente prevista, o sábado 14 de xuño dos correntes, polo que: Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de A Peroxa, a Comisión Organizadora fixará o antes posible a nova data e lugar de Celebración do Congreso Local en A Peroxa. Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta de cambio de data de celebración do Congreso Local.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:15 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de A Peroxa, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

O presidente,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

10062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you