Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE VILAR DE BARRIO.

Sendo as 18:00 horas do día 10 de xuño de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Vilar de Barrio, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VICEPRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

SECRETARIA:

Don Cristina Isabel Romero Fernández.

VOGAIS:

Don Jorge Pumar Tesouro. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Vilar de Barrio. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Vilar de Barrio, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Julio Pérez Carballo á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 10 de xuño de 2014 ás 11:00 horas avalada por un total de tres compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Vilar de Barrio don Julio Pérez Carballo.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Vilar de Barrio, a Comisión Organizadora acorda que, ante a imposibilidade de desenvolver o Congreso Local do PP de Vilar de Barrio na data inicialmente prevista do xoves 12 de xuño dos correntes, o Congreso desenvolverase no local “Salón da Biblioteca Municipal” a partir das 19:00 horas do mércores, 11 de xuño de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Vilar de Barrio. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Vilar de Barrio, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Mónica Mourelo Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidente:

Don Antonio Salgado Nóvoa.

Vicepresidente:

Don Isaac Salgado Prol.

Secretaria:

Don Antonio Prol Rodríguez.

Vogais:

Dona Fe Santas Ferreiro. Dona María Lidia Baltar Prado.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado. Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Vilar de Barrio, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

A presidenta,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

10062014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you