Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE CALVOS DE RANDÍN.

Sendo as 18:00 horas do día 9 de setembo de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Calvos de Randín, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VICEPRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

SECRETARIO:

Don Pablo Pérez Pérez.

VOGAIS:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Calvos de Randín. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Calvos de Randín, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don José Manuel Andrade Rodríguez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día 8 de setembro de 2014 ás 13:00 horas avalada por un total de sete compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Calvos de Randín don José Manuel Andrade Rodríguez.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Calvos de Randín, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Bar Joyma” en Pintieira – Randín a partir das 19:00 horas do venres, 12 de setrembro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Calvos de Randín. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Calvos de Randín, toma a palabra o presidente da Comisión Organizadora, Jorge Pumar Tesouro, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona Melisa Gómez López.

Vicepresidenta:

Dona Marisol López Oliveira.

Secretario:

Don José Antonio Araújo Méndez.

Vogais:

Don Manuel Valencia Rodríguez. Don José Juan Ulloa González.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

compromisarios/as do Congreso Local.

sometida

á

votación

polos/as


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Calvos de Randín, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

O presidente,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

09092014 calvos de randín  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you