Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE CALVOS DE RANDÍN.

Sendo as 18:10 horas do día 8 de xullo de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Calvos de Randín, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VICEPRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

SECRETARIO:

Don Pablo Pérez Pérez.

VOGAIS:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do censo definitivo de afiliados/as do Partido Popular de Calvos de Randín. Preséntase polo presidente desta comisión a listaxe de afiliados/as do Partido Popular de Calvos de Randín pechada a data de 30 de xuño de 2014, segundo o establecido no artigo 6º do Regulamento do Congreso Local Ordinario e que ascende a un número de 78 persoas. Do mesmo xeito, preséntase a listaxe de todos/as os/as afiliados/as desta organización local, que segundo o establecido no artido 15º do Regulamento estaban ao corrente de pagamento na data de convocatoria do Congreso Local, e que suman un total de 4 persoas.


Quedando aprobado por unanimidade dos presentes este punto da orde do día.

2.- Proclamación dos/as candidatos/as á presidencia do PP de Calvos de Randín: Segundo o establecido no artigo 15º do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Calvos de Randín, que rexerá a presente convocatoria congresual, e, logo de rematar o prazo habilitado para a presentación de candidaturas este martes día 8 de xullo ás 14:00 horas, presentáronse a esta comisión organizadora as candidaturas que seguen: Primeira e única: encabezada por don José Manuel Andrade Rodríguez. Logo de comprobar, tal e como fixan os artigos 15º e 16º do regulamento, cumpre co esixido nos mesmos, pois o interesado ten a condición plena de militante, estaba ao corrente de pagamento das súas cotas na data da convocatoria do presente congreso e aporta un total de 16 sinaturas de afiliados e afiliadas do PP de Calvos de Randín. Polo exposto, esta Comisión Organizadora do Congreso proclama candidato á presidencia do PP de Calvos de Randín a don José Manuel Andrade Rodríguez.

3.- Aprobación do modelo de aval a empregar para a recollida de sinaturas entre os/as compromisarios/as. Preséntase polo presidente un modelo oficial de aval (do que se achega copia asinada polo seu reverso por todos os integrantes desta comisión coa presente acta) para que o candidato á presidencia do Partido Popular de Calvos de Randín poida recoller as sinaturas necesarias dos/as compromisarios/as para poder ser proclamado candidato. Estando facultado únicamente para a súa solicitude e retirada o candidato proclamado á presidencia.


Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.

Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:20 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Calvos de Randín, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

O presidente,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

08072014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you