Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE RUBIÁ.

Sendo as 18:30 horas do día 8 de xullo de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Rubiá, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

VICEPRESIDENTA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

SECRETARIO:

Don Jorge Pumar Tesouro.

VOGAIS:

Dona Mónica Mourelo Pérez. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Aprobación do censo definitivo de afiliados/as do Partido Popular de Rubiá. Preséntase polo presidente desta comisión a listaxe de afiliados/as do Partido Popular de Rubiá pechada a data de 30 de xuño de 2014, segundo o establecido no artigo 6º do Regulamento do Congreso Local Ordinario e que ascende a un número de 42 persoas. Do mesmo xeito, preséntase a listaxe de todos/as os/as afiliados/as desta organización local, que segundo o establecido no artido 15º do Regulamento estaban ao corrente de pagamento na data de convocatoria do Congreso Local, e que suman un total de 1 persoa. Quedando aprobado por unanimidade dos presentes este punto da orde do día.


2.- Proclamación dos/as candidatos/as á presidencia do PP de Rubiá: Segundo o establecido no artigo 15º do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Rubiá, que rexerá a presente convocatoria congresual, e, logo de rematar o prazo habilitado para a presentación de candidaturas este martes día 8 de xullo ás 14:00 horas, presentáronse a esta comisión organizadora as candidaturas que seguen: Primeira e única: encabezada por don Elías Rodríguez Núñez. Logo de comprobar, tal e como fixan os artigos 15º e 16º do regulamento, cumpre co esixido nos mesmos, pois o interesado ten a condición plena de militante, estaba ao corrente de pagamento das súas cotas na data da convocatoria do presente congreso e aporta un total de 15 sinaturas de afiliados e afiliadas do PP de Rubiá. Polo exposto, esta Comisión Organizadora do Congreso proclama candidato á presidencia do PP de Rubiá a don Elías Rodríguez Núñez.

3.- Aprobación do modelo de aval a empregar para a recollida de sinaturas entre os/as compromisarios/as. Preséntase polo presidente un modelo oficial de aval (do que se achega copia asinada polo seu reverso por todos os integrantes desta comisión coa presente acta) para que o candidato á presidencia do Partido Popular de Rubiá poida recoller as sinaturas necesarias dos/as compromisarios/as para poder ser proclamado candidato. Estando facultado únicamente para a súa solicitude e retirada o candidato proclamado á presidencia. Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:40 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Rubiá, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., O secretario,

Asdo.: Jorge Pumar Tesouro.

O presidente,

Asdo.: Pablo Pérez Pérez.

08072014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you