Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE XINZO DE LIMIA.

Sendo as 18:00 horas do día 2 de setembro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Xinzo de Limia, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VICEPRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

SECRETARIA:

Dona Cristina Isabel Romero Fernández.

VOGAIS:

Don Jorge Pumar Tesouro. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Xinzo de Limia. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Xinzo de Limia, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Antonio Pérez Rodríguez á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 12:15 horas avalada por un total de once compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Xinzo de Limia don Antonio Pérez Rodríguez.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Xinzo de Limia, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Salón de Actos da Casa da Cultura” a partir das 19:15 horas do venres, 5 de setrembro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Xinzo de Limia. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Xinzo de Limia, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Mónica Mourelo Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona María Ángeles Nóvoa Carnero.

Vicepresidenta:

Dona Rocío Enríquez Losada.

Secretaria:

Dona María Concepción López Ferreiro.

Vogais:

Don Francisco Lama Rodríguez. Don José Luís Campos Rúa.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

sometida

á

votación

polos/as

compromisarios/as do Congreso Local.

Presentados estes asuntos aos integrantes da comisión organizadora, apróbanse por unanimidade dos presentes.


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:10 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Xinzo de Limia, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

A presidenta,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.

02092014 xinzo de limia  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you