Page 1

VIGO HISTÓRICO As terras que compoñen o Concello de Vigo foron poboadas dende moi antigo como demostran a gran cantidade de mámoas e dólmenes que aparecen no termo municipal.

Mais o nome ven do latín vicus, aldea. ( Os romanos asentáronse en Vigo desde o século II a. C. ata o século I d. de C). Hoxe coñécese como cidade olívica.

Durante a Idade Media Vigo era coñecida polas súas plantacións de oliveiras e polo florecente comercio pesqueiro.


No século XIV d. C. os monxes da Orde do Temple ocupan o templo de Sta. María e plantaron unha oliveira no atrio. Co tempo os templarios desapareceron de Vigo pero a oliveira quedou. No ano 1816 unha póla desa árbore foi prantado no paseo de Alfonso XII onde aínda se pode ver na actualidade. No escudo de Vigo aparece a oliveira.

No século XVI o pirata inglés Drake ataca Vigo arrasando e queimando todo o que atopa ó seu paso. Anos despois tamén atacaron os turcos pero foron derrotados polos veciños. Estes ataques marítimos obrigan a construír as murallas da cidade e o Castelo de San Sebastián


En 1.702 prodúcese a Batalla de Rande. A flota anglo-holandesa persigue á flota de Plata española que viña escoltada pola francesa. Os barcos españois viñan cargados de riquezas procedentes de América Os ingleses afundiron 28 barcos cheos de tesouros das Indias e aínda hoxe se atopan alí no fondo do mar, no interior da ría de Vigo e preto da illa de San Simón.

No século XIX Vigo foi ocupada polo exército francés. A resistencia popular guiados polos militares Pablo Morillo e Cachamuíña expulsaron ós militares galos.


Como recoñecemento a este valor, a vila foi nomeada cidade leal e valerosa por Fernando VII. O día 28 de marzo celébrase en Vigo a festa da “Reconquista” como recordo deste feito.


Na segunda metade do século XIX aumentou moito a poboación debido ó crecemento económico; os burgueses cataláns, instalan as fábricas de salazóns e rodutos do mar, o porto de Vigo comercia con América e constrúiese a liña de ferrocarril de Vigo-Ourense. Todo isto levou a que se tirasen as murallas para que a cidade aumentase. A finais do século XIX a cidade conta con 15.000 habitantes.

No século XX aumentan as fábricas conserveiras e de conxelados. Pero é o período en que se fundan as grandes industrias da cidade: os Asteleiros Barreras, Vulcano e a desaparecida Ascón. Ademais da industria do automóbil con Citroën. Todo este auxe industrial fai que Vigo medre tanto que na actualidade vivimos aquí máis de 300.000 persoas, sendo a cidade con máis poboación de Galicia.


VIGO TURISTICO Na actualidade Vigo segue sendo unha zona eminentemente industrial pero tamén é unha cidade moderna cunha importante oferta turística. Ten 30 km. de litoral, e este ano 2013 colócase á cabeza das cidades españolas na calidade dos seus areais ao conseguir nove praias con bandeira azul.


Nos meses de xullo e agosto a poboación de Vigo aumenta a 500.000 habitantes. A Praia de Samil concentra boa parte dos visitantes (a maioría de Ourense e Portugal). Conta con amplas zonas verdes de piñeiros, duchas, piscinas, pistas de baloncesto, patinaxe e tres km. de Paseo Marítimo.


Pero é a Praia de Rodas, que se atopa nas Illas Cíes, a que o periódico británico The Guardian no ano 2007 elixe como a “mellor Praia do mundo”.

As Illas Cíes forman un arquipélago de tres illas situado na boca da Ría de Vigo. Son tres: a do Norte (Monteagudo), a do Medio (Faro ) e a do Sur (San Martiño. No ano 1980 as Illas Cíes foron declaradas Parque Natural.


Só se accede por mar. Están a 14 km. do porto de Vigo. A nivel internacional Vigo é ademais escala para os cruceiros que surcan o Atlántico. Atópase entre os dez primeiros postos europeos integrados en “Cruise Europe” que agrupa a máis de cen portos desde Lisboa ata os Países Bálticos.

Trabajo de vigo  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you