Page 1

1- TIRO AO GÚA

4 Ringleiras trala liña e enfronte dos buratos (4), 5 canicas por nen@. O primeiro da ringleira tira as bolas a meter no burato. Cada acerto é un punto. Unha vez tiradas as bolas as recollerá e dará ao seguinte da súa ringleira e porase o última da mesma. 2- TIRA-CADEAS

Equipas de 4 e enfrontadas, sobre as colchonetas. Collido cada compoñente á cintura do anterior. O primeiro collido as mans do primeiro da outra equipa. A voz de xa cada equipa tirará ao seu lado. Gañará a equipa que atrailla á outra e que non se "rompa". 3- O CACHIBOTE

Disposición inicial: todos tralo profesor e enfronte do cachibote. O profesor dirá: "cachibote, cachibote", dará unha patada e dirá un nome dun nen@. Éste irá a recoller o cachibote e o porá no seu sitio, momento que aproveitarán os demais para esconderse... 4- A VASOIRA Dispostos en parellas, un deles con vasoira (stick). Se son pares precisarase o concuros do profesor/a. Mentres soa a música todos bailando coa súa parella ou stick. Cando pare a música todos terán que cambiar de parella, incluido o que ten o stick. Quen quede sen parella terá que coller o stick e bailar con él no seguinte baile. 5- PERCORRIDO VARIADO

Dispostos no lateral do patio varios percorrido ao ancho do mesmo: carreira de sacos (ida/volta); parellas: carreira a 3 patas (i/v), borriquiño (i/v), carretilla (i/v).

6- COMBA DOBRE Dúas combas seguidas en liña. Dúas ringleiras de nen@s, cada unha detrás dunha comba. Ao comezar saltan a comba (5 saltos) e poñense trala outra e esperan a saltar nela. 7- AS 3 PALMADAS

Dúas equipas, cada unha trala liña lateral, Cada nen@ ten un número asinado. O profesor no medio das equipas dirá un número. O nen@ que teña este número debe de ir á equipa de enfronte, os nenos desa equipa estarán coas súas mans estendidas, e vai tocando as mans dos opoñentes. Ao chegar ao terceiro debe escapar ao seu terreo inicial antes de ser tocado polo opoñente. Se non o toca pasa á súa equipa, se o toca pasa á outra equipa.

8- BRILÉ NA CAIXA Todos os nen@s dispostos dentro dunha "caixa" cuxos vértices son 4 conos, agás un máis o profesor/a. Débense ir tirando cun balón aos nenos do interior da caixa, cando un nen@ sexa dado por debaixo da cintura pasará cara ao exterior a axudar aos de fóra. 9- A ZAPATILLA Dispostos en corro e sentados: Canción: "a zapatilla por detrás, tris-tras; nin a ves nin a verás. Mirai cara arriba que caen xudias; mirai cara abaixo que caen garabanzos; a durmir a durmir que o demo vai pasar; a que hora?..." 10- A RAIA DE FRANCIA

Dispostos en dúas equipas, cada unha no seu campo. Á sinal deben de ir a buscar os conos do campo contrario e traelos ao seu. Se algún nen@ é tocado por algún doutra equipa no seu campo, debe retroceder e tocar a liña da súa área antes de intentalo de novo. O obxectivo é tratar de ter a maior cantidade posible de conos.


10- A RAIA DE FRANCIA

7- AS 3 PALMADAS

CIRCUITO POR ESTACIÓNS - Percorrido: 1->2 ->3->. . . 12 ->1->2 . . .

9- A ZAPATILLA

- Disposición inicial:

8- BRILÉ NA CAIXA

2 º A-1 3º A-3 4 º A-9 5º A-4 6º A-6

2 º B-2 3º B-7 4 º B-8 5º B-5 6º B-10

- Cronoloxía: Hora de comezo: 12 : 00 ( timbre) . 1ª estación 10´ ( localización+traballo) . Resto de estacións 8´ ( desprazamento+traballo) . Timbre. Unha vez rematadas as 10 estacións, cada grupo recollerá o material da súa última e baixarao cara ao ximnasio ( 13: 38-13: 50) . Finalizada a recollida cada grupo dirixirase á súa aula. - Disposición humana: Cada titor co seu grupo. Especialista en música → Xogo " a vasoira" . Resto de especialistas: fotos, supervisión xeral, coidado de posibles lesionados, timbre. . .

6- COMBA DOBRE 5- PERCORRIDO VARIADO

4- A VASOIRA 1- TIRO AO GÚA 2- TIRA-CADEAS 3- O CACHIBOTE


Primaria triptico xogos festa da lingua 13  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you