Page 1

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA

“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”


Índice Páxina

1. Denominación do proxecto

3

2. Asociación de nais e pais

3

3. Ámbito de aplicación

3

4. Período de execución

3

5. Explicación do proxecto

3

6. Obxectivos

4

7. Axentes que interveñen na realización do proxecto

4

8. Desenvolvemento

5

9. Valoración do proxecto

7

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

2


1. Denominación do proxecto. COMPARTINDO OS MEUS LIBROS

2. Asociación de nais e pais. ANPA da escola Frian-Teis

3. Ámbito de aplicación. CEIP Frian-Teis de Vigo - Pontevedra

4. Período de execución. Este proxecto foi xestado ao longo do curso 2012-2013, e será a finais do dito curso cando se realice a recollida e posterior entrega de libros, sendo o período lectivo 2013-2014 o primeiro ano de funcionamento.

5. Explicación do proxecto. •

Trátase de intercambiar entre o alumnado (e os seus pais/nais) os libros de texto e os libros de lectura recomendados polos mestres/as en cada ciclo formativo.

Entréganse os libros de texto e lectura que xa non se precisan e que sirvan para o seguinte curso, podendo recibir outros que si sexan necesarios para o/a alumno/a.

Os libros teñen que estar en condicións óptimas para o seu uso, non deben faltarlles páxinas ou estar demasiado deteriorados. Ao entregalos revísanse conxuntamente entre o pai/nai que os entrega e persoa responsable de recollelos na ANPA.

A ANPA é unha intermediaria entre as familias, non merca libros usados nin os vende.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

3


Todos os pais/nais que desexen recibir libros poderán solicitalos, non sendo preciso deixar outros. Iso si, neste caso terán menor prioridade á hora de recibir.

Incluso os pais/nais que reciban axudas do Concello e/ou Xunta de Galicia para libros e material escolar, poden estar interesados en recibir libros de intercambio, xa que as cantidades recibidas non sempre son suficientes para mercar todos os libros e as devanditas axudas poden usarse para mercar material escolar (libretas, folios, bolígrafos, carpetas, axendas, ...).

6. Obxectivos. 1. Economizar no gasto en libros de texto e lectura cunha mellor utilización dos recursos 2. Contribuir á conservación do Medio Ambente 3. Fomentar o coidado dos libros como valor educativo e cultural 4. Fomentar o compañerismo entre os nenos 5. Proxecto de futuro coa pretensión de alcanzar 100% do alumnado e por tanto o 100% dos libros reutilizables do colexio

7. Axentes que interveñen na realización do proxecto. “Compartindo os meus libros” é un proxecto impulsado pola ANPA, sendo apoiado dende o primeiro momento polo equipo directivo do colexio. Os tres piares fundamentais para a consecución dos obxectivos, serán: •

O alumnado: xa que deberá implicarse ao máximo. Do coidado dos libros pola súa parte depende que estes poidan volver a ser utilizados.

As familias: pola súa solidaridade, e tendo en conta que a adhesión do maior número de familias posible favorecerá o desenvolvemento do proxecto.

Os mestres: solicitarase a súa implicación para que manteñan os libros o maior tempo posible. Pedíndolles o compromiso de que non PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

4


se cambien necesariamente cada 4 anos, senón unicamente cando eles consideren que é menester.

8. Desenvolvemento. •

CAMPAÑA INFORMATIVA AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS

É imprescindible facer unha ampla difusión tanto entre as familias como entre o alumnado. Así conseguiremos que estean informadas o maior número de persoas. Tamén terá gran importancia a cooperación do propio centro educativo tanto na difusión como sobre todo no apoio da campaña. Para tratar de conseguilo desenvolveranse as seguintes actividades:

-

O día 15 de abril do ano 2013 comunicación do proxecto aos alumnos/as mediante charlas apoiadas coa proxección do corto: “The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore” (2011) (http://youtu.be/tkJPMsWw6Z8).

-

O mesmo día 15 de abril de 2013, reunións dos/as responsables da ANPA cos mestres/as dos distintos cursos para determinar os libros que se poderán reutilizar no próximo curso escolar, e que serán o obxecto deste proxecto.

-

O día 17 de abril do ano 2013 convocarase unha reunión extraordinaria da ANPA, na que se convidará a todos os pais/nais do colexio para coñecer o proxecto.

-

Tras esa reunión a descrición do proxecto quedará a disposición de todos aqueles pais/nais que o queiran ler e consultar tanto no local da ANPA, coma na web do colexio no apartado NOVAS ANPA (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian).

-

No mes de xuño de 2013: Circular informativa lembrando as datas concretas nas que se recollerán os libros de texto usados e nas que posteriormente se entregarán os libros para o seguinte curso.

-

Carteis informativos

SISTEMA DE RECOLLIDA

A ANPA será a intermediaria entre o alumnado/nais-pais polo tanto será no seu local onde se recollerán os libros.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

5


- Os libros que se poderán entregar formarán parte dunha listaxe que se porá en coñecemento dos alumnos, pais/nais mediante circular. Dita listaxe quedará exposta no taboleiro da anpa e será incluída neste proxecto como Anexo 1. Tras a conversa cos mestres, determínase que se terá dita listaxe a finais do mes de Maio -

Os libros teñen que estar en condicións óptimas para o seu uso; non se recollerán libros rotos, que lles falten follas ou moi deteriorados.

-

O prazo de recollida de libros será dende o 20 ata o 25 de xuño de 2013 (ambos inclusive), no local da ANPA en horario de 08:45 a 11:00 horas e de 16:00 a 18:00 h

-

No momento da recollida de libros cumprimentarase unha ficha, na que se fará constar: unha relación dos libros entregados polo pai/nai, se é socio da ANPA ou non, o número de fillos da familia, se percibe algunha axuda para mercar libros de texto e material escolar e contía da mesma, e número de teléfono de contacto.

-

Nese mesmo momento, os pais/nais e a persoa responsable da ANPA revisarán os libros, facéndose constar na ficha o estado dos mesmos e asignándoselle unha puntuación:  2 puntos: implicará libros en perfecta conservación  1 punto: implicará libros en conservación aceptable

-

Así mesmo, cubrirase a relación dos libros que o alumno precisa recibir para o seguinte curso.

CLASIFICACIÓN

Persoal da ANPA realizará entre os días 25 e 26 de xuño de 2013 a clasificación dos libros recibidos e prepararaos para a súa entrega. O espírito deste proxecto é a solidaridade e compromiso, de xeito que cantas máis familias se impliquen, máis dispoñibilidade de libros teremos para repartir. Pretenderase que todos os/as alumnos/as que entreguen libros de anos anteriores reciban algún libro para o curso seguinte. Partindo desta prioridade, en caso de ter suficiente dispoñibilidade, o número de libros que cada neno/a recibirá estará relacionado directamente co número de libros que entrega. PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

6


A ANPA non pode comprometerse a entregar libros a todos os alumnos que os soliciten. Isto dependerá da dispoñibilidade. No caso de que se presenten máis solicitudes de libros que os dispoñibles, teranse en conta as seguintes preferencias: -

1º lugar: o alumnado que entrega libros do seu curso anterior e que SI sexa socio da ANPA.

-

2º lugar: o alumnado que entrega libros do seu curso anterior e que NON sexa socio da ANPA.

-

3º lugar: o alumnado que non entrega libros.

Á hora de determinar qué libros se asignan a cada neno/a terase en conta o estado de conservación dos libros recollidos; o alumno/a que teña máis puntos recibirá libros en mellor estado. De cara a seguintes edicións, terase en conta a antigüedade das familias e a sua implicación no proxecto

ENTREGA DE LIBROS

Os días 27 e 28 de xuño, no local da ANPA, en horario de 9:00 a 11.00 e de 16:00 a 18:00 h realizarase a entrega de libros. Determinarase qué alumnos reciben libros se hai máis solicitudes que libros dispoñibles, en función das preferencias anteriormente citadas. Compre destacar que canto maior sexa o número de nenos/asfamilias implicados no proxecto e por tanto, maior o número de libros dispoñibles, máis posibilidades de éxito e maior difusión terá o proxecto.

9. Valoración do proxecto. Finalizada a entrega de libros, realizarase unha valoración do proxecto incluíndo: -

Porcentaxe de nenos/as que recibiron libros mediante este sistema.

-

Fallos detectados.

-

Recomendacións de mellora para o seguinte curso.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA “COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

7

Compartindo os nosos libros  

compartindo os nosos libros

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you