Page 1

CARLOS E OPERACIÓN

CARLA: NEVE.

PABLO GONZÁLEZ GARCÍA


CARLOS E OPERACIÓN

CARLA: NEVE.

Conta unha lenda que nun pico dos Alpes moi afastado do Everest, vivía un monstro de 3m de alto. Era pola mañá, un bonito e frío día de inverno, bueno, bueno, mellor preséntovos aos personaxes, que son unha parella: a muller era loura, de ollos marróns e coa pel pálida, gordiña, moi guapa e mandona, chamábase Carla e non lle gustaba ir á praia; o home tiña os ollos e o pelo marróns, era gordiño, moreno, guapo e un pouco mandaricas, non lle gustaba ir á neve e chamábase Carlos. Decidiron ir aos Alpes, o home non estaba da cordo, pero a muller si, ao chegar, aloxáronse no hotel máis luxoso da zona. E así transcorreron os días. Un día, mentres Carlos aprendía a esquiar, caeuse e foi


rodando ata unha cabana medio derruída, Carla foi axudarlle e tamén caeu, pero, ao mirar no mapa, descubriu que a cabana non estaba no mapa. Petaron, miraron polas ventás, non había xeito! Aquela cabana estaba abandonada; ao ver iso, metéronse dentro e empezaron a explorar. Cando ían entrar no ático, a porta da entrada abriuse e por ela entrou un monstro que nin guén puido imaxinar, medía uns tres m, eles déronse conta e correron cara a saída, o monstro agardábaos. -Non creo que queira nada bo Carla -dixo Carlos-Oxalá che fixera caso, así estaríamos nas cataratas do Niágara -dixo Carla-Acabades de entrar na casa do meu creador, e aínda por enriba, pisastes a súa tumba. Carlos e Carla vólvense e ven unha lápida que pon: “doutor Fransquestein II”. O monstro cólleos cunha man, levántaos catro metros do chan e sae para fora, disposto a lanzalos ladeira abaixo; e, xustamente nese momento, esbarra. Carlos e


Carla caen ao chan e o monstro cae ladeira abaixo. Carlos e Carla regresan ao hotel; viviron felices intentando esquecer aquilo, e pensando no mellor que houbera sido viaxar ás cataratas do Niágara, en vez de ir aos Alpes. Fixeron as maletas e volveron a Galicia, a súa patria querida.


Carlos e Carla. Operación neve  

Conto creado por Pablo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you