Issuu on Google+

XOTA DE LUGO PATRIMONIO A xente de Patrimonio hai que facela cantar(e) se é de Lugo ou de Monforte ou do outro lado do mar(e) ou do outro lado do mar(e) ai la lelo, ai la lalo. Retrouso: Anda Maruxiña remenda o refaixo que o levas raxado por riba e por baixo por riba e por baixo, por baixo e por riba anda Maruxiña remenda a puntilla.

O gaiteiro que está aquí non quere tocar a gaita hai que lle dar chiculate que a teña ben afinada que a teña ben afinada ai la lelo, ai la lalo. Retrouso Toca gaiteiriño toca meniñas correi a velo que é moita gaita gaitiña a do gaiteiro galego a do gaiteiro galego. ai la lelo, ai la lalo. Retrouso Aquí estamos na Galea cantando e comendo ben(e) viva Lugo Patrimonio que nos atende tan ben(e) que que nos atende tan ben(e) ai la lelo, ai la lalo. Anda Maruxiña remenda o refaixo que o levas raxado por riba e por baixo por riba e por baixo, por baixo e por riba anda Maruxiña remenda a puntilla.


XOTA DE OURAL Aquí vin e aquí cheguei e aquí me mandaron vir (2) aquí está mi corazón, si lo quereis recibir (2) ai ala, ai ala, ai ala la la la. (2) Cartas van y cartas vienen mi vida por el correo (2) para que quiero las cartas mi vida si no te veo (2) ai ala, ai ala, ai ala la la la. (2) Costureiriña bonita dáme unha agulla de prata (2) para sacar esta espiña do corazón que me mata (2) ai ala, ai ala, ai ala la la la. (2)

DESPEDIDA Trailalalá Pepiño vámolos dous cantando traio unha madexiña ai vámola devanando. Ai trailalalá Pepiño ai vámolos tres cantando.


Xota de lugo patrimonio