Issuu on Google+

PRANTO DA FROUSEIRA A min chaman toda Mira, señora do gran tesouro; por estrera crarecida hago neste Valedouro. Más tredor foi que un mour o vilaón que me vendeo, que de Lugo a Ribadeo todos me tiñan temor de min, a triste Frouseira, que por treiçon foi vendida, derribada na ribeira, ca jamais se veu vencida. Por treiçón tamén vindido Jesús nosso Redentor, e por aquestes tredores Pedro Pardo, meu señor. Vinte e dous foran chamados os que vindido o han, non por fame de sustento de carne, viño nen pan, nen por outro minister que falezcan de bondad, senón por seu vilaicía, e mais por maa intençaon. Eles quedan por tredores e seu amo por leal, pos os Reis e seua filla seuas terras manda dar. A Deus darán conta delo, que llos queira perdoar, co que acabou a Frouseira e a vida do Mariscal. Anónimo, fin do séc. XV


Pranto da frouseira (anónimo, fins do sec xv)