Issuu on Google+

Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

ACTIVIDADES PARA O ANO 2013 1. XANEIRO DE 2013 Día 14, luns: Concertos didácticos sobre tradición musical galega, a cargo de Pablo Carpintero (O concerto vai guiado por unha presentación en PowerPoint. Cada instrumento que se amosa vai acompañado dunha interpretación con el). No salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, ás 20 h. Entre as 19 e as 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe Ímonos de museos a Compostela, que se realizará o 26 do mesmo mes. Día 26, sábado: Ímonos de Museos a Compostela: Vista ao Museo do Pobo Galego, conxunto e Museo do Gaiás (Exposisción Gallaecia Petrea), Museo das Peregrinacións (San Miguel), edificio do Museo da Cidade e das Peregrinacións (Praterías) e Casa do Cabido, (Exposición Compostella Dictur). Saída ás 8 h. do lugar habitual. --------------------------------------------Concertos didácticos sobre tradición musical galega. por Pablo Carpintero. Os concertos didácticos que lles presentamos pretenden facer chegar ó público a grande riqueza da tradición musical galega a través do coñecemento dalgúns dos seus instrumentos musicais. Despois de 15 anos investigando neste campo, puidemos documentar preto de 200 instrumentos musicais diferentes en Galicia, entre eles que compre subliñar a presencia de sete tipos diferentes de gaitas de fol, máis que en toda Francia. Dous son os obxectivos fundamentais destes concertos didácticos: a posta en valor do noso patrimonio cultural musical e despertar o interese do público pola nosa música e instrumentos musicais. Os concertos teñen unha duración aproximada de 75 min, pois este tempo pode adecuarse dende 45 min. a 90 min. O concerto vai guiado por unha presentación de PowerPoint. Cada instrumento que se amosa vai acompañado dunha interpretación con il. Durante o concerto dunha hora de duración empréganse sete gaitas de fol antigas diferentes restauradas polo autor que se corresponden coas sete tipoloxías de gaita de fol que existen en Galicia. Tamén se interpretan cantigas ó son da pandeireta, a pandeira e o pandeiro. A parte destes instrumentos, amósanse: a trompa ou berimbau, a folla de hedra, as gaitas de alcacén, as frautas rectas e traveseiras de canaveira, a requinta da Ulla, os apitos dos 1


Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

afiadores, os pitos de pastor, as caramelas e o rabel; como acompañamento úsanse: as cunchas, ferriños, castañolas e trécolas, os enormes tambores de antroido da provincia de Ourense, os sitros da Paradanta, os charrascos da Ulla ou as latas de pementón e tambores femininos, entre outros instrumentos. Deste xeito, ofrecemos un concerto didáctico moi dinámico, sustentado nos amplos coñecementos de historia do autor e cunha variedade extremada de instrumentos musicais, preñado de informacións descoñecidas para o público, tales como a orixe e evolución de todos estes instrumentos. 2. Homenaxe a Xaime Delgado (en colaboración coa Deputación e outras asociacións) • Mesa Redonda sobre a súa biografía e obra, destacando o libro publicado pola Deputación. • As paisaxes íntimas de X.D. : viaxe pola zona de Castelo e Taboada, e visita a 3 igrexas estudadas por el: Temes, Museo de Lugo (?), Bembribe... • Integrar no Ciclo do Lume a participación nas Fachas de Castelo en Setembro DO 2013. • Confluencia con outras asociacións interesadas nesta homenaxe 3. Acto en lembranza da poeta Sabela Rodríguez Oxea • Biografía e estudo da súa obra. • Lectura do seu libro Versos do silencio roto, en varias voces, femininas e masculinas. 4. Viaxes longas • Túnez en semana santa (22 marzo, 1 ou 2 abril). • Barcelona co gótico e Gaudí, Picasso, Dalí e Miró. (1 a 5 de maio?). • País Vasco. • Viena e Budapest? • Burgos (gótico). (Aviso para a viaxe a Túnez (22 de marzo a 1 ou 2 de abril 2013): as interesadas-os, pódense anotar xa no tfne 676 800 227, até o día 26 de xaneiro. Prezo aproximado inicial de 1.200/1.300 euros con todo incluído. Viaxe para gozar de tres aspectos a resaltar: romanización do país, deserto e oasis de montaña, celeiros e vivendas trogloditas...). Confirmaranse os detalles desta viaxe en canto cheguemos ao número mínimo de 20 persoas).

2


Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

5. Ciclos • Coñecer o Gótico. • Ciclo do Lume. 6. Entroido (9 e 10 de febreiro) • Laza e Verín e Xinzo. 7. Conferencias e viaxes curtas • Ímonos de museos a... (aproveitando as nosas viaxes). • Historia Medieval: época de Xelmírez. • Maio (17): Festa de Vilanova dos Infantes. • Setembro: Festa de Albá (Palas de Rei). • Viaxe sorpresa. 8. Festa de LugoPatrimonio • contos do lume arredor da lareira, en decembro, nunha casa de turismo rural distinta ás que xa coñecemos e con entrega de premios ás asociadas e asociados que se distinguiron polo seu traballo a prol de LugoPatrimonio.

3


NOTA AS ASOCIADAS-OS DAS ACTIVIDADES PARA O 2013