Page 1

Algúns aspectos da tradición oral relacionados co pan por Orlando Viveiro Veiga

1. Relatos de oficios. *Un canteiro galego, que andaba a traballar entremedias das comarcas de Bavia e Luna, na provincia de León, estaba en certa ocasión construíndo un forno para cocer o pan. Cando chegou o intre de rematar dito forno, a punto de colocar as derradeiras lousas, comenzou a recitar a xeito de ladaíña: -“Tente forno, tente forno, tente forno, .......tente forno mentras cobro”!. Abelgas, León. *Un cerralleiro estaba nunha casa colocando un mendo a un pote. No burato introduciu con moito xeito unha pouca masa e logo decía con moita seriedade: -“Tapa masa, mentras o cerralleiro pasa”!. Outeiro de Rei. 2. Xogos de cativos. *Os cativos, durante o tempo de xogueta, representabamos o seguinte diálogo: -Fixécheme o bolo? -Fixen. -Donde o pousaches? -No pé da ventá. -Quen o levou? -O gato bis-bis. -Como ía? -Co rabo dereito. -Imos un pleito? Acto seguido comenzaba o “pleito” consistente en soprarmos un na cara do outro, tanto como fóramos quen de resistir, quedando por vencedor aquel que lograra soprar máis ca o seu adversario. Matela/Aguiar, O. de Rei. 3. Rezos de enfornar. *Cando se remataba de enfornar o pan, xusto antes de tapar a boca do forno para evitar perda de calor, era común decir un rezo. A estructura do mesmo era sinxela e breve mais variaban os seus elementos dun lugar a outro. -“San Pantaleón o arrequente e o faga bon, no forno e na alma, e no corpo dos cristiáns”. Aguiar, Outeiro de Rei. -“Vai o pan no forno, a gracia de deus polo mundo todo, deus o aumente nos agros 1


e no corpo dos cristiáns. A poder de deus e da virxe María un painoso e un avemaría”. San Fiz de Paz, Outeiro de Rei. 4. Esconxuros. *Este dito era para esconxurar o trono e dicíase ao mesmo tempo ca se queimaba un ramallo de loureiro bendito polo día de ramos. -"Santa Bárbara bendita garde o pan e garde o trigo e garde a xente do perigo". Bonxe, Outeiro de Rei. 5. Adiviñas. *A importancia do pan na sociedade tradicional fixo que a súa presenza figure en cada parcela da vida e do patrimonio, tamén nas adiviñas. -“entre valado e valado hai un boi espatalado”: a masa na artesa. Outeiro de Rei. 6. Sentenzas. *A riqueza e variedade de ditos neste campo é moi abondosa, dando idea da importancia que tivo na nosa cultura. -“polo san Xoán sécalle a primeira raiz ao pan(1) polo san Pedro sécalle a do medio,(2) pola santa Isabel colle a fouciña e vai segar a el”.(3) (1) día 24 de xuño. (2) día 29 de xuño. (3) día 4 de xullo. San Clodio, O. de Rei. 7. Refráns. *Ditos breves, expresados en forma de “verdade” que semella absoluta. -“os consellos non dan pan” -“pescador e troiteiro, nin meda nin palleiro” -“con pan e viño ándase o camiño” -“polo san Xoán tanto queixo coma pan” Outeiro de Rei. 8.A figura do cuco. *Facer unha “cavada” consistía en deixar ao descuberto un terreo montesío, quitando a capa vexetal que o cubría, con obxecto de sementar centeo ou trigo. Esta capa, arrincada co 2


eixado en forma de “terróns”, deixábase secar por uns días sendo despois aqueles amoreados en montóns, chamados “toles” ou “tolas”, para proceder logo á súa queima. Dito labor tiña lugar durante o verán coa finalidade de dispoñer da terra en condicións para “outonar” no seu tempo. O seguinte dito relaciona a presenza do cuco como garantía do bo tempo atmosférico necesario para efectuar estas cavadas. -“canta o cuco despois do san Pedro, cava cavador sen medo”. Matela, Outeiro de Rei. *Nestoutro caso queda patente a “habilidade” do cuco para fuxir do traballo, buscando saída para todas as situacións posíbeis. -“Chamaron ao cuco para mallar: se chovía xa iría, se estaba nuboso tiña que cucar, e se ía sol á sombra tiña que estar”. Aguiar, Outeiro de Rei. 9.Contos/lendas. *Cando Noso Señor andaba polo mundo castigou aos homes a quedarmos sen pan. Daquela san Lázaro pediulle que deixara unha espiga para darlle ao seu can. A partir dese suceso dise que non debemos comer sen dar un bocado aos cans. De aí quedou o dito: -“Polo can temos o pan” Matela, Outeiro de Rei. *Noso Señor castigou aos homes con quitar o pan, que tiña tres espigas, pero san Lázaro tiña un can que lle lambía as chagas e pediulle a Deus que non o quitara, entonces Noso Señor decidiu deixarlle unha espiga que é a que ten agora. Aguiar, Outeiro de Rei. *No intre de comer, unha muller moi enfadada co home dixo: -Por tí pan casei cun “cara de can”. O home respostou: -Pan tivera e casara con quen quixera. Aguiar, Outeiro de Rei. 10. Trabalinguas. "Cacaracá mi ama mi ama cacaracá, vaiche na sega logo virá, logo virá, gra, gra, deus a dará, deus a dará". Castelo, Outeiro de Rei.

3

Elementos de tracicion oral relacionados co pan  

Algúns aspectos da tradición oral relacionados co pan, por Orlando Viveiro Veiga

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you