Issuu on Google+

Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

ACTIVIDADES 1º CUATRIMESTRE 2011 Xaneiro Día 10, ás 20 h. na Galería Sargadelos de Lugo: explicaranse todos os detalles da viaxe a Turquía para, de seguido, facer as anotacións. Día 18, martes, mesa redonda sobre Rehabilitación ou destrución: perspectivas do noso patrimonio (X. A. Carreira, César Carnero, Jorge Salvador). Día 30, domingo: A outra Ribeira Sacra: viaxe a San Vicente (Monforte), Santo Estevo de Ribas de Sil e Santa Cristina (Ourense). Saída as 8,30 h. do Instituto Lucus Augusti Anotacións: o día da conferencia (18 de xaneiro), no salón de actos da Deputación provincial, entre 19 e 20 h., coas condicións habituais. Febreiro Ciclo: 25 anos de escavacións en Lugo Entre o 7 e o 26, con presentación do libro de Adolfo de Abel sobre a Muralla, mesa redonda e itinerario polas Termas e puntos concretos de Lugo. (Detallarase programa nos próximos días). Marzo Vivir o Entroido en Viana Día 2, mércores, conferencia de Óscar López Mendaña sobre Vivir o Entroido en Viana do Bolo. Día 5, sábado, e 6 domingo, viaxe a Viana do Bolo, para ver arredores e participar no Entroido. Programa: Día 5, sábado: Saída ás 8 h. do Instituto Lucus Augusti de Lugo. Pola mañán excursión sociocultural e lúdica polos arredores de Viana do Bolo (paradas para amosar a paisaxe, en aldeas, coñecendo lugares e xente con sorpresas). Xantar en Vilariño de Conso. Pola tarde visita ao Museo Etnográfico de Vilariño de Conso (http://www.turismourense.com/index.php? sec=que_ver&id_concello=44&id_comarca=9&id_tipo=2).Acompañamento

con algún Folión na visita a outras aldeas (pódese acompañar tocando as aixadas). Cea en Viana do Bolo e Fariñada despois, pola vila. Día 6 (Domingo Gordo) 11.00 da mañá: Acto oficial da entrega das Androllas de Ouro do Entroido no Concello 12.00 na Praza Maior: Pregón e Desfile de carrozas e folións pola vila 15.00 no Pavillón de Deportes: Festa Gastronómica da Androlla (xantar)

1


Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

Visitas,

de

render

ben

o

tempo, a: pequeno Museo do Mel, Fábrifa de embutidos, (http://www.garciamarcos.es/), e unha explotación gandeira con Museo da Madeira traballada con navalla (http://www.casarvizcaia.com/), unha

(http://www.pobladores.com/channels/lugares_y_ciudades/Viana_del_Bollo/area/7/subarea/11).

Arredor das 20 h.: saída para Lugo. Anotacións para esta viaxe e tamén para a Viaxe a Turquía : día 10 de xaneiro, luns, de 18 a 20 h. na Galería Sargadelos. : Abril GUIÓN PROVISIONAL SOBRE A VIAXE A: TURQUÍA en tres itinerarios. (Programa inicial sobre o que estamos a traballar). 1. Cappadocia (3 días) 2. Costa do Exeo (4 días) 3. Istambul (3 días) 1. Cappadocia Triángulo: Urgup, Uchisar, Avanos Val do Goreme (antiga Karama), coas igrexas , Tokali Kilise (I. das Fibelas), Elmali K. (I. da Mazá), Bárbara K. (I. santa Bárbara), Yilanli K. (I. da Serpe), Karanlik Kalek K. (I. Oscura), Carikli K.(I. das Sandalias), Mosteiro… Val das Pombas (chemineas das Fadas). Val de Soganli (Sakli K. (I. Escondida), Kaymakli (cidade soterrada)… Val de Pasabag (as mellores chemineas das Fadas). Val de Devrent (rochas con formas de auténtico bestiario) Val de Ihlara (trataríase de entrar no canón e pasear un tempo para ver algunha igrexa do grupo de Ihlara ou Selime, co seu mosteiro). Nota: importante dar algún paseo a pe para ver chemineas, rochas encantadas ou igrexas con acceso exclusivo a pe. Quizabes un lugar sería no Val de Ihlara. Bozazkoi (Hattusas), capital do reino hitite, e Yasilikaya, ou, de excluílos, o Museo arqueológico de Kayseri para ver os achádegos do xacemento hitita de Kanesh (Kultepe). Quería introducir a época dos hitites nesta viaxe. 2. Costa Exea Kenya, Pamukkale, Hierápolis (Termas, Teatro e Necrópolis), Afrodisias, (Teatro, Odeón, Estadio, Tetrápilo…), Éfeso (Teatro, Vía dos Curetos, Baños, Biblioteca de Celso, Casa do amor, Templos de Adriano e Artemisa…), Priene (Teatro, Buleuterio, Ágora, Templo de Zeus e Atenea, Vistas desde o Templo de Deméter…), Dídima (Cabezas das Medusas, Santuario e Altar circular, Corredores abovedados, Escaleira monumental…), Herakleia (vistas do lago Bafa e zona de paso), Izmir (Esmirna) (Bazar, vista do golfo desde a cidadela), 2


Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

Pérgamo (Asclepios, Acrópolis, Teatro, Paseo polas rúas da cidade vella…), Troya (panorámica, Cabalo de Troya), Cannakale (Fortaleza de Eceabat, península de Gelibolu). 3. Istambul Visitas: Hipódromo Romano, Obelisco de Teodosio, Columna Serpentina, Fonte Alemana, Columna de Constantino. Basílica de Santa Sofía (igrexa bizantina do s. VI), a Mezquita Azul, Cisterna bizantina de Yerebatán, Basílica de San Salvador in Chora, vista panorámica das Murallas de Constantinopla e o Barrio do Corno de Ouro. Palacio de Topkapı (Pabillóns e Palacio, con Puerta Imperial, Harén, Tesouro); Bazar das Especias, Gran Bazar. Barrio Bohemio de Ortakoy, ( paseo para ver as casas típicas, tendas de artesanía e terrazas situadas nas ribeiras do Bósforo. Cruzaremos a puente colgante do Bósforo deica a parte Asiática. Palacio de Beylerbeyi. Travesía en barco polo Bósforo, estreito que separa Europa de Ásia. • • •

A viaxe será do 15 ao 26 de abril e custará arredor dos 2.300 euros, con todo incluído- Queda pendente o desprazamento de Lugo a Madrid. Do día 10 ao 14 de xaneiro, ambos inclusive, farase o primeiro pago á conta que se entregará. Dese hoxe, aquelas persoas que pensen viaxar a Turquía poden chamar ao 676 800 227 ou escribir ao noso correo electrónico, indicando o seu interese, para nós ir tendo idea do número de viaxeiras-os. Confirmarán definitivamente nas datas indicadas no punto anterior.

DÍA 10 DE XANEIRO: DE 18 A 20 H. ANOTACIÓNS DEFINITIVAS PARA COLLER PRAZA A TURQUIA. ÁS 20 H. CHARLA SOBRE TODOS OS ASPECTOS. DÍA A DÍA, DA PROPIA VIAXE, CON COLOQUIO PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA. Será na Galería Sargadelos de Lugo.

Lugo, 21 decembro 2010 A Xunta Directiva

3


actividades 1º cuatrimestre 2011