Issuu on Google+

EXAMES


Preparar os exames Con anterioridade imprescindible que: -

-

-

-

ós

exames

é

absolutamente

Asistas a clase tódolos días e tomes os apuntes que sexan necesarios. Programes o teu tempo de estudio en casa e practiques as técnicas que se mostraron ata aquí. É o mellor xeito de evitar as memorizacións finais e gran parte da ansiedade que estas probas provocan. Saibas con claridade os contidos que tes que estudar. Organices os repasos de xeito que nada caia no esquecemento absoluto. A práctica axudarate a saber como che é máis fácil o recordo. Non te dediques a chapar a noite anterior ou nos últimos días. Na noite antes do exame debes actuar como fas habitualmente . Realiza algunha simulación de exame con algúns compañeiros/as. Repasa o teu material: apuntes, esquemas, resumes, etc. Non estudes despois das comidas, posiblemente te adormentarás e non poidas concentrarte. Procura facer deporte ou algún exercicio físico. Recorda: <<Men sana in corpore sano>> Deixa preparado todo o material necesario para o exame antes de irte á cama.

Infórmate o máis pronto das características e tipo de exame.

No exame Toma o exame como unha forma normal de comprobación, de saber como están as cousas, de descubrir o que estás facendo, de indicar o que aínda che falta por facer... -

Se podes elixir séntate nos primeiros lugares. -Relaxa os músculos e respira profundamente varias veces. Logo normaliza a túa respiración. - Escoita atentamente as instrucións que de o mestre/a e le as indicacións da folla do exame con moito detemento.Ten claro o tempo que tes para o exame, le todas as preguntas e calcula o tempo para cada unha. - Comeza polas preguntas que mellor teñas aprendidas. - Fai un pequeno esquema antes de empezar a redactar. - Procura non entregar o exame con rachaduras e borróns. -Se rematas antes de tempo corrixe, repasa a ortografía e pensa nalgunhas das preguntas que deixaras sen contestar.Repasa antes de entregar


Exames