Page 1

Tema: Guerra Civil e Emigración Mº Josefa Torres Regueira

1º Era moi dura á vida nesa época? Para moita xente si. Pero os galegos salvamonos porque aquí non houbo frente. 2º

Que facíades para entretervos? Facíamos xogos. A corda, a roda…

Coñeciches a algun fuxido? Si. O meu veciño.

Emigraches nalgún momento? No.

O fixeches para enriquecerche ou por necesidadfe de traballo? ___

Foi duro deixar atrás o teu país e a túa familia? ___

Custouche moito encontrar os medios para emigrar? ___

Cal era o teu traballo?___

8º Tiveches algún problema durante a guerra civil? Non, porque como xa dixen aquí non hubo fronte. Pero tiñamos qe traballar moito. 9º Perdiches algún membro da túa familia durante a guerra? Familiar ningún. Pero morreron alguns veciños de aquí. E tamén algun en Bemantes. 10º

Como te adaptaches ó lugar onde emigraches? ___

11º

Cal era o invento máis innovador da época? A radio.

12º

Que era o que comíades normalmente? O que cultibabamos

13º

Comiades todo o que cultivábades? Non. Vendíamos patacas, mainzo e trigo.

ANTONIO MALDE


A EMIGRACIÓN Cal foi a causa da emigración? Buscar traballo, xa que aquí non había. En que ano emigrache? 1964 A que país emigrache? Alemaña. Custouche moito aprender o idioma, se é que non se falaba o castelan? Custou ó principio, pero tras escoitalo no traballo, nas tendas etc. acabas aprendendo. Foi moi dificil encontrar traballo? Non, A que me axudaron uns coñecidos que leveban ali algun tempo. Cal era o teu traballo? Traballaba envasando productos nunha fábrica. Porque regresaches? Xa levaba ali moitos anos e xa non era tan dificil encontrar traballo aquí. Como te desenvolviches no novo país? Mentres non aprendin o idioma foi moi dificil, pero despois todo foi moito máis fácil. Gustariache regresar? por que? Si, pero so de visita, porque agora non teño necesidade de quedar ali. Pensas que neste momento seria necesario volver a emigrar? Se seguimos a este paso dentro de pouco si. CARLOS MARTÍNEZ E CARLOS PENA


A escola nos tempos de antes Nesta entrevista imos a falar da vida na escola nos tempos de antes. A persoa que imos a entrevistar é unha persoa que acudiu a escola de pequena e que de vez en cando tennos contando algunha anécdota da súa infancia.

Entrevista

–Cantas materias vos ensinaban ? A verdade e que nos ensinaban de todo un pouco. Tiñamos todo nun libro só, que , era bastante grande, e costaba cara levalo a escola. –A persoa que daba a clase, era un home, ou unha muller? Unha muller –Tiñas un só maestro ou varios? Só unha, pero a verdade e que faría falta algun maís, o que pasa, e que ao ser un pequeno pobo, non era posible. –Cantas persoas había nas aulas? Pois eramos moitos, uns 60 ou 70 alumnos. –Gústabache ir á escola e por qué? Non moito, a verdade, pero había que ir para aprender, e ademaís na casa obligábanche.. –Cal era a materia que maís che gustaba? Non tiña nada preferido, pero si que o que mellor se me daban eran as contas, sumar, restar, dividir...Pero o peor que se me daban, eran os problemas. –Como era a actitude do mestre? A veces non moi boa, xa que tiña que controlar a moitos alumnos, e a veces toleaba. –Canto tempo duraban as clases? Íamos pola mañá e pola tarde. –A que hora ías pola mañá ? E a que hora regresabas? Pola mañá de 10:00 a 13:00. Pola tarde de 15:00 a 17:00. –Qué era o que maís che gustaba da escola? O mesmo que a todos os nenos, saír ao recreo e xogar. –Que material escolar usabas? Un lápiz, que tiña que durar moito por que senon ...E una pequena libretiña para escribir. –Tiñas que levar algún tipo de uniforme? Non, a roupa normal. Por que era un colexio público, nun pobo. Non estaba os tempos para comprar. – A que anos empezaches a escola ? E cantos tiñas cando remataches? Pois maís ou menos aos 5 ou 4 anos. E ramataría aos 15. –En que medio de transporte ías? A pe, o colexio estaba moi cerca da miña casa. –Faltabas moito a escola, e se faltabas, por que motivos ? Non, case nunca.


–Ían maís homes que mulleres a escola? Maís ou menos os mesmos. –Lembras algun libro leído da escola? Había que leer a lección, para logo decirlla a mestre. Eso, era o que leiamos. –Que cousas enseñabanche na escola? Leer, escribir e facer problemas( sumar, multiplicar,dividir...) e, as tablas de multiplicar, que aínda hoxe me acordo. –Fixeches algun amigo/a? Todos eramos amigos, non como hoxe en día.. –Castigáronte algunha vez? Por qué? Si, unha vez recordo que non me sabía a lección , xa que tiña moi pouca memoria(risas) e castigáronme na parede. –E , para rematar, crees que ir a escola, axúdoute na túa vida cotiá? Sí, aprendiu moitos valores, como a amizade, compartir..E tamén aprendin a leer, escribir, etc., que valeume para a vida cotiá. Tamara e Alba,4ºA.


ENTREVISTA AOS NOSOS AVÓS SESIÓN WERMOUTH QUE FACÍAS NAS FESTAS? –Iamos a bailar cas rapazas nas orquestas, pasabamos toda a noite bailando con ellas. FACÍAS “BOTELLÓN”? –Non, eso é de agora, antes non faciamos esas cousas (rindo) HABÍA DISCOTECAS? –Non, as festas so as había nas bervenas. COMO LIGABAS? –Iamos cara as rapazas e lle deciamos algún pirroppo e as invitabamos a bailar A QUE HORA MARCHABAS DA CASA? –Case sempre as 11 que era cando comenzaba a bervena A QUE HORA VOLVÍAS? –Cando acababa, gustábame moito ir de festa (rindo) CON CANTOS CARTOS SAÍAS? –O que me daban por ir traballar A PARTIR DE CANTOS ANOS DEIXABANTE SAIR? –De pequeño saía cos meus pais pero tiñamos que vir cedo para a maña seguinte ir facer o pan CALES ERAN AS MELLORES ORQUESTRAS? –Non me lembro de moitas, a que mais me gustaba era “Os Satelites” A ONDE SALÍAS? –Ao campo da festa, case sempre estaba preto da igrexa (rindo) FERNANDO E ADRIAN

Entrevista a Leonardo Naya Gómez -A onde emigraches? A Francia no ano 1956.


-O fixeches para enriquecerte ou por necesidade de traballo? Por necesidade de traballo, pero tamen para enriquecerme culturalmente.

-Foi duro deixar atrás a túa familia? Si, sobre todo porque comunicarse a longa distancia non era tan facil coma agora e foi un pouco duro.

-De que traballabas? -Era carpinteiro.

-Custouche moito encontrar medios para emigrar? Non, fun cun contrato de traballo.

-Como te adaptaches ó lugar onde emigraches? Ben, o que mais me custou foi o idioma pero alí coñecín a miña muller e axudoume moito.

HECTOR HUERTAS

Preséntovos ó meu tío avó, Antonio Morado. Ten 74 anos e agora vive aquí, en Miño, pero hai moitos anos que emigrou a América. 1.

A onde emigraches? A Venezuela, o 15 de xuño de 1956.

2.

Cal foi a principal causa da túa emigración?


Eu tiña 18 anos e non tiña a posibilidade de atopar traballo que non fora no mar ou labrando a terra. Dous dos meus irmáns estaban en Venezuela traballando e comunicáronme que aló conseguíase traballo rápido xa que había moita demanda. 3.

Cantos anos estiveches alí? 50 anos

4.

É moi diferente a cultura de alí ca española? Falamos o mesmo idioma pero a cultura é diferente e tamén as costumes de vida son diferentes. O carácter venezolano é moito mais aberto que o dun español e enseguida iníciase una comunicación fluída como se che coñeceran de sempre e é mais fácil a integración polo que aos días despois de chegar xa estaba traballando porque os pasaportes e papeis levábanse todos en regra.

5.

Foi duro deixar a túa familia aquí, en España? Sempre é moi difícil e duro a primeira vez deixar ós teus pais e mais familia, sobre todo tendo 18 anos e comezar unha nova vida noutro país.

6.

Tes algún recordo, digamos … especial? Teño moitos e moi bos de Venezuela. Dende a época en que cheguei 26 de xuño de 1956 ata o ano 1999 que cambiou un pouco de forma de vida debido a unhas reformas políticas e sociais. Pero eu xa había formado unha familia coa miña muller, Victoria, e tíñamos dúas fillas, vivíamos moi ben. Teño moitos amigos en Caracas e son moi coñecido alí.

7.

Gustaríache volver? Os galegos sempre temos morriña de deixar os sitios aló onde vamos e nos tratan ben. Nos, sempre viñamos aquí de vacacións a visitar a familia sobre todo os nosos pais. Agora que vivimos aquí imos a Caracas de vacacións a visitar as nosas netas, a nosa filla e o noso xenro.

8.

Que o que mais te chamou a atención ó volver a España? Non notei demasiados cambios xa que viñamos a miúdo cada dous ou tres anos e os cambios foron progresivos dependendo do gobernante.

9.

Encontraches traballo aló? Dende o segundo día que cheguei no 1956 non deixei de traballar ata o 2004 que regresamos a España.

10. Cando volviches a España foiche fácil atopar traballo? Non foi fácil a pesar de ser profesional na miña formación laboral, tanto en ventas y RRPP como en hostalería. Sen embargo traballei nalgunhas empresas temporalmente ata que fanche a pregunta: Ud. Da el perfil que buscamos, cantos anos ten? 11. Recordas algunha anécdota? Alí tiña un “restaurant”, e daba clases de cocina na TV de Caracas, din discursos de formación de comerciais no INDE (Instituto Nacional de Capacitación Empresarial. IRENE TARACIDO


OS MAIORES NA ESCOLA –Con que anos comezaches a ir a escola? Con que anos remataches? Comecei con seis anos e rematei con 12 –Que materias dabas na escola? Non tiñamos materias específicas. –Tiñades deberes? Non. –Como eran os libros? Tiñamos só un libro no que viña todo o material que cursábamos. –Cantos profesores tiñades? Un para todos. –Que horario tiñades? De 10 da mañá a 1 da tarde e de 3 a 5 da tarde. –Eran escolas mistas? Non, éramos só mulleres. Aínda que a pestra podía deixar ir a algún neno se ela quería. –Había máis mulleres ou homes escolarizados? Impartíanvos as mesmas materias? Na miña época íbamos por igual coas mesmas materias. –Quedaba a escola moi lonxe da túa casa? A 3 km, tiñamos que ir a pé. –En que idiomas se impartían as materias? En que idioma falabades co profesor? As materias impartíanse en castelán e co profesor tamén falábamos en castelán. –Como estaban divididas as aulas? Había unha aula para todos e a mesma mestra para todas. –Tiñades clase pola tarde? Si. –Tiñades recreo? Si, ás once da mañá e duraba media hora máis ou menos. –Faciades excursións? Non.


–Gustábache ir a escola? Si, se non iba choraba. –Faciades algunha actividade a parte de estudar? Si, ensinábanos a coser, bordar, rezábamos o rosario, etc. –Que facías cando non ías a escola? Ía lebar as vacas a pastar, segar a herba, axudar na casa, etc. –Controlaban as faltas como as controlan agora? Si, pasaban lista todos os días. –Tiñades vacacións? En que épocas? Si, no verán. –Cambiaches de escola algunha vez? Si, primeiro fun á escola e cando rematei fun á unha pasantía. –Comías na escola ou ías comer á casa? Había comedor na escola? Comíamos na escola, cada un o que levaba da casa. –Lembras algunha mestra ou mestre que che dera clase? Si, doña Isolina, pegábanos, mandábanos facer algún traballos para ela como ir á fonte ou collerlle leña. Doña Marisol, foi a mestra que empezou a poñer notas porque cando eu estudaba non había notas. –Conta algunha anécdota. Cando rematábamos de comer íamos ata Breamo darlle voltas á capilla, xogábamos ata que chegaba a hora de entrar pola tarde.

LUCÍA SEIJO


Entrevista a un avó: Esta entrevista ten como obxectivo plasmar a realidade vivida durante a etapa do franquismo, cuxa ideoloxía baseábase nos seguintes factores : Culto ao Caudillo,control dos medios de comunicación, corporativismo sindical, partido único, militarismo, tradicionalismo, centralismo, influenza nas familias, anticomunismo, nacionalismo, antiparlamentarismo, totalitarismo, antiliberalismo, ideoloxía fascista. A protagonista da nosa entrevista é Herminia Blanco Porto unha muller que viviu nesta época. Comezaremos preguntandolle acerca dos seus momentos de ocio: – –

– – – –

– –

– –

Qué música bailabades? Bailabamos pasos dobles, boleros e valse que era a música que se tocaba daquela. Que roupa soliades levar? Levábanse vestidos cando íamos arregladas e, o resto dos días levábamos faldas e jerséis case nunca andábamos con pantalóns. Cómo vos maquillabades? Pintábamos un pouco os labios e nada máis, había maquillaxe para os ollos e rimel pero non todas os tiñamos. Cal era a festa máis famosa? Non había unha máis famosa que outras todas eran iguais de importantes e todas estaban ben. Cal foi a mellor para vós? As do meu pobo, por suposto. Qué orquestras famosas había antes? As máis famosas eran os Satelites, Paceíras, Montes ou a Trebol, pero había moitas outras que tamén íamos ver e coas que tamén disfrutabamos. En qué medio de transporte íades as festas? Íamos andando a todos lados, as festas tamén. Íamos e viñamos cando remataba, de noite polos camiños escuros. Cal era o salón máis famoso? Quizais o máis famoso fose o salón do Tres. Cantos salóns había na vila na que viviades? Onde eu vivía non había ningún pero nas parroquias lindantes estaban o do Tres, o de San Pantaleón das Viñas e o de Miño. Quén tocaba nos salóns? Tocaban as mesmas orquestras que tocaban nas festas Cómo vos comunicábades? Coas persoas que estaban lonxe por cartas. Coa veciños tiñamos que ir a súa casa xa que o telefono non existía aínda cando era moza.

Cando erades nenos: – Con qué xogábades no voso tempo libre? Xogabamos o escondite, a barra vella, a rueda, e saltar a corda. É con muñecas feitas de pasta – Ónde vos reuníades? Reuníamos antes e despois da misa, as veces íamos a cas dalgunha amiga. – Qué facíades ao saír da escola? Viñamos para a casa facer os deberes, despois axudabamos na casa no que podíamos.


Continuamos a nosa entrevista con preguntas relacionadas coa escola, profesores... – – – – –

– –

– – –

Cantos profesores tiñades? Tiñamos un solo profesor para todos a min dabame unha preofersora. Cantos alumnos erades en cada clase? Había unha clase solo para todas, eramos entre vinte e trinta. Con cantos anos comezábades na escola? Comezabamos a escola con sete anos. Con cantos anos rematábades? Estabamos con sete anos na escola polo rematabamos con catorce Qué castigos se encomendaban? Se cometías unha falta de ortografía mandabanche escribir cen veces a palabra ven escrita, había outros castigos para os que non obedecían aínda que eu como era boa nunca pos puxeron. As veces pegabanlle con regras ou con varas. Había distincións entre nenos e nenas? Sí, as nenas ían a unha escola e os nenos a outra non estabamos xuntos Qué asignaturas tíñades? Tíñamos metematicas, gramatica española, historia sagrada e geografía e historia. Non tiñamos nin música, nin plástica, nin gimnasia, nin o resto de asignaturas que estudades ahora. En qué escribíades? Con qué? Escribiamos en pizarras con carboncillos e de vez en cando pasabamolo a limpo en libretas nas cales escribiamo scon plumas. A ensinanza era obrigatoria? No no sei, íamos case todos só se quedaban na casa dous ou tres que non querían ir. Cando rematábades os vosos estudos qué facíades? O que podía, seguía estudando o que non traballaba no campo que era onde daquela había máis traballo Cómo estaban organizadas as clases? Estabamos en grupos, as mesas eran de catro. Os grupos normalmente formabanse por curso. O primeiro día de clase cada unha escollía o seu sitio e quedou así para o resto do curso. A mestra dictaba a varios o mesmo tempo e mentres deixaba a uns facendo problemas, dictaballe a outros ou ensinaballe as letras os que estaban comezando a falar. Qué material escolar empregábades? Na clase tiñamos encerados como os de agora, mapas, libros de lectura, e cores que nos prestaba a mestra para decorar os nosos debuxos. Ademáis cada un de nos tiña un único libro con todas as asignaturas. Tamén tiñamos as nosas propios cadernos, as plumas, a pizarra e o pizarrillo. A rinta que empregabamos para escribir coa pluma dabanola a escola.

Entrevista realizada por Beatriz Anido Fanego y Mª José Núñez Núñez alumnas de 4º de la ESO del CPI Castro Baxoi.


ENTREVISTA AOS NOSOS MAIORES Ola D.José se non é moita molestia ao meu compañeiro e a min gustarianos facerlle unhas preguntiñas relacionadas coa súa vida, e sobre a súa mocidade en concreto. Falemos sobre as verbenas,e se non lle importa vamos chamarlle Pepe. -Pepe, teñen algunha semellanza as verbenas da túa época coas de agora? Home, agora é todo un pouco diferente, agora gustavos máis a discoteca, antes non habi diso e tiñamos que ir as verbenas, non é o mesmo para nada. -Esta pregunta que vai a continuación resultame un tanto interesante, ligábase moito nas verbenas? Supoño que seria como agora, habia xente que ligaba moito e outra nada de nada, eu non iba a ligar a min gustabame o de bailar(risas) -Tiñas moita liberdade para ir ás verbenas que che apetecese? No meu caso mentres cumplira traballando non habia problema, podia ir a calquera festa, pero tiña que traballar, iso si. -Que era máis frecuente encontrarse nunha verbena ou nun salón de festa? Pois aqui na zona dos arredores o mais frecuente era ir ás verbenas, supoño que era o que se levaba na época(risas) -Faime unha descripción xeral do que ven sendo o alcol, como era visto na túa época, e sobre todo, bebía todo o mundo? Iso é igual que o tema de ligar, habia xente que bebía e xente que non, habia de todo, a min meus pais por exemplo deixabanme beber, pero a outros non, falo da xente que coñecia, pero si que é verdade que a xente que coñecia bebia igual -Que tipos de música se podían escoitar nunha verbena? Pois o que nos poñian, a min dabame igual o tipo de musica, aínda que sempre me gustou un pouco máis a música tradicional, a de Galicia. -Normalmente, ibas só ou acompañado? Sempre acompañado -Tiñas suficiente tempo libre como para ir a tódalas verbenas cercanas a túa vila? Si, pero cando habia que traballar ao dia seguinte non podia, senón meus pais poñianme a andar(risas) -Cales tiñan fama de ser as mellores verbenas, ou pola contra, cales che gustaban máis a ti? A min gustabanme as que se facian en betanzos e en Pontedeume, pero non me quedo con ningunha , a min o que me gustaba era a festa -Habia xente de tódalas idades nas verbenas ás que ti ibas, ou había un estereotipo de idade en concreto? Viase de todo, xente maior, xente nova, e alí todos o pasabamos ben, que para iso estaban -Xeralmente ibas andando ou tiñas a man algún tipo de transporte? (risas) antes non era como agora, eu se queria ir, tiña que ir andando, non me quedaba outra.


-Contanos algunha anécdota interesante ou divertida que che pasara nalgunha verbena. Un dia empezounos a chover viñendo de vilarmaior, e tivemos que entrar nunha casa, cando nos viu entrar o dono da casa, veunos detras correndo, e non nos quedou outra que mollarnos ao baixar(risas) -Para ir rematando cando deixaron de gustarche tanto as verbenas ou cando notaches que xa non tiñas idade para tanta festa? Aínda hoxe me gusta a festa máis que a ti(risas) E este é o meu avó,Pepe, non o de Iván , o meu, o de Miguel. Non é tan simpático coma min, pero polo menos deixase embaucar nesta serie de tarefas.Pepe viviu toda a súa vida en Miño, por eso resultame interesante saber como era a vida no meu pobo actual hai 50 anos. Foi un pracer a súa colaboración, como tamén foi un pracer facerlle estas preguntiñas.Moitas grazas de novo Pepe, e ata a próxima. Deica mañá.

MIGUEL FORCELLEDO E IVAN – 4º B


A MIÑA AVOA.... A persoa que vou entrevistar é miña avoa materna Manuela García Santos. Tamén coñecida por Lolita da Arbosa ou A Limiñona. Alcumes que se deben ao lugar de orixe dos seus avós. Naceu na aldea de Boebre (concello de Pontedeume) e voltou porque non se acostumbraba a vivir na cidade. A miña avoa conserva unha memoria incrible sobre a época da nenez e xuventude. Encantáballe ir á escola e facerlle as redaccións a Dona María que despois fixose monxa e veu unha irmá dela sustituila. Tamén lle gustaba andar polas leiras (collendo herba, plantando patacas, segando, etc...). O que máis detestaba era facer as tarefas da casa pero para iso estaba en exclusividade a súa irmá maior Maruxa. Tiña todo o que quería porque era moi traballadora e obediente con seus pais. Ía as festas coas veciñas que ademáis eran amigas. Xuntábanse un grupo de rapazas de entre 18 e 25 anos. As máis maiores coidaban das pequenas e as pequenas facíanas rabear porque escondíanse delas para non irse tan cedo das festas ou poder estar máis tempo falando cos mozos. Aínda que era costume casarse cedo, a miña avoa casou despois de 8 anos de mocidade porque o meu avó navegaba nos barcos en Ondarroa (Bilbao). Cando viña a vela era a única de toda a volta que ía en taxi para saír. - A onde íades de festa e como? - Íamos ás festas de cerca porque tiñamos que ir a pé. Aínda que había unha excepción: cando eran as festas do Carme en Sada, o Tío Paco levábanos na lancha cruzando o mar dende a praia de Perbes. Cando íamos a pé, poñíamos as zocas e os zapatos levábamolos nun periódico para non estragalos polo camiño. Logo, gardábamos as zocas cando chegábamos preto da festa. Eramos un grupo dunhas 15 rapazas veciñas e amigas que íamos e volvíamos xuntas. Isto era sagrado. - Cal foi a primeira festa á que fuches coas túas amigas? Cantos anos tiñas? - Tería uns 16 anos e pedinlle a meu pai que me deixase ir ás festas do San Pedro en Miño porque nos invitaran unhas primas de miña nai que queríamos moito. - Como facían os rapaces para ligar con vós? - Eramos bastante cohibidas e moi relixiosas. Entón, os rapaces non o tiñan nada doado senón ían en serio. De feito, moitas das miñas amigas quedaron solteiras porque tíñamoslle máis medo ás broncas do cura que a nada. O xeito de ligar era esperar a que te sacasen a bailar e despois repetir outros días ata que xurdira algo máis. - Que preguntas lles facíades ti e as túas amigas aos mozos? - O que máis nos importaba era se eran orfos ou non (porque nos daban moita lástima) e que vida levaban (de labranza, da marina, carpinteiros...). O que nunca preguntábamos era a idade, que tanto preocupa agora á xente. Así foi coma algunhas tivemos a sorte de casar con homes máis novos. - A que hora saías da casa? E a que hora volvías? - Saíamos á tardiña para chegar con tempo á festa e logo volvíamos no primeiro descanso da orquesta, en teoría. Na práctica, as máis novas escondíamonos para que non nos atopasen as maiores e votar un pouco máis de tempo na festa. Valía a pena uns berros a cambio de media hora máis. - Bebíades alcohol ou fumábades? - Bebíamos refrescos de laranxa ou tomábamos un café con leite se o había. O que sí faciamos a escondidas era botar un pitillo e se viamos a algún veciño, tirábamolo ao chan inmediatamente para que ninguén llo dixera aos nosos pais. Aínda así, non saín fumadora. Os rapaces en cambio, bebían ata emborracharse e fumaban coma carreteiros e ninguén lles berraba. Nunca me gustou un home bebedor nin fumador. - Recordas algunha anécdota divertida que vos pasase no camiño?


- Se contara todo o que nos ten pasado escribía un libro ou dous. Ata algunha película de risa quédase curta. Vouche contar unha anécdota da miña mellor amiga Chelo de Lago: Era de noite, viñamos de Pontedeume con todas as rapazas. Algunhas das maiores viñan cos mozos para acompañalas polo camiño e había outros que tamén se apuntaban para acompañarnos por se picaban algo. Un destes acoplados quíxolle dar un bico a Chelo de Lago e ela, que non se lle podía nin preguntar o nome, estampoulle con todalas forzas a bolsa dos zapatos na cabeza ao Macaní. Tal foi o estruendo que todas empezamos a berrar co susto pensando que nos tiraran un explosivo. Unha caeu nun canigote do camiño, arañou as pernas e os brazos ao querese levantar e, por riba, oíu unha boa bronca cando chegou á casa naquel estado porque os pais pensaron que andivera arrolando cun rapaz. Aos poucos días, saíu a verdade e todas eran risas. - Cando e como coñeciches ao meu avó? - Coñecino no Colisseum en Pontedeume, que era onde se facían os bailes. Era veciño de Ares coma o mozo da miña irmá Maruxa e os mozos doutras amigas. Non era guapo nin bailaba nada ben pero parecía tan bó, como así foi despois. - Quen conquistou a quen e como? - Eu non era nin fea nin guapa pero simpática a raudales. Todo o mundo queríame ben. O teu avó deuse conta disto e namorouse perdidamente de min. A guinda da nosa relación púxena unha tarde cando paseábamos pola beira da carretera e lle espetei que toda aquela planicie de leiras de trigo que se vían eran todas nosas e cantos días de traballo nos esperaban para segalas. - Canto tempo fuches moza do meu avó? - O teu avó andaba nos barcos en Ondarroa. Non sempre estaba cerca e comunicábamonos por carta. Pero eu saía igual coas miñas amigas e bailaba con mozos porque non había ningún compromiso. Despois de 8 anos de idas e voltas, díxenlle que se non traballaba por cerca, isto non ía a ningures. Ao pouco tempo, xa veu traballar para A Coruña e enseguida nos casamos. - Chegaches virxe ao matrimonio? - Por suposto. Co relixiosa que era e aínda son, para min era pecado. Outra cousa eran os bicos ou as apertas. Dicíame miña nai: «Besos y abrazos no hacen muchachos». De feito, despois de casar, aos once meses naceu a túa nai e quince meses despois naceu teu tío. Mira ti se había ganas ou non. - Se agora foses moza, que cambiarías? - Estudiaría todo o que poidera, traballaría fora da casa, sacaría o carné de coche e mecaría un todoterreo, tería máis mozos e non sería tan tonta coma para casarme. Tamén unha se cansa de estar sempre co mesmo e que Deus me perdoe polo que digo porque fun sempre moi feliz.

NOELIA SEIJAS


Entrevista: CONSUELO FANDIÑO DOPICO Consuelo é unha muller loitadora que tivo que enfrontarse, como moitas persoas na súa época a moitos problemas, tanto sociais como económicos, e que se sentiu obrigada a optar pola emigración. Naquela época era a única maneira de saír adiante, conseguir un bo traballo, unha vida digna e loitar pola túa familia. Consuelo optou por marchar a Venezuela, xa que na súa época era un dos países mais ricos e que aseguraban un mellor nivel de vida. Non só foi ela a que tivo que emigrar. Tivo que deixar a moitos familiares en España, aínda así dúas das súas irmás tiveron que marchar a destinos diferentes, neste caso a Alemaña e Inglaterra. Agora vamos facerlle algunhas preguntas:

1- Cóntanos un pouco a situación de cando ti eras unha nena. Éramos catro irmáns e traballábamos na leira. Cando morreu o meu pai tiña 17 anos e quedamos sos coa miña nai. Viviamos de patacas, cebolas, galiñas, porcos, etc. *Cal era a estrutura común das familias? Nós éramos catro. O máis común eran catro ou cinco fillos por familia. *Cal era a esperanza de vida por esa época? O normal era morrer con 80 anos. *Tiveches algún familiar cercan que emigrara por aquela época? Pódesnos contar algo sobre a súa experiencia? Meu pai emigrou a EEUU, andaba embarcado e recorrían moitos países da América Latina ( Venezuela, Arxentina, Brasil, etc ). Conseguiu suficiente diñeiro viu con 35 anos e fixo unha casa en Insua e despois casouse e nacín eu. *Contáronche algunha vivencia da Guerra Civil? Andaba a Garda Civil polo pobo, e había patrullas que entraban nas casas a levar patacas, cebolas...Incluso chegaron a matar a xente. Un primo de meu pai estivo preso. Era normal que a xente tivese medo e os rapaces se soian esconder cando entraba alguén descoñecido na casa, porque pensaban que os iban a levar a guerra. 2- Como era a situación na túa mocidade? Non era como agora, ibamos as festas na carreteira de Miño. Ibamos camiñando polo monte a Bemantes, incluso ibamos vender a Sada, á plaza, cando tiña tan so 14 anos ou 13. Alí vendíamos cereixas, frutas.... e diso vivíamos na miña casa.


*Soia haber bastantes festas daquela? Si, había moitas festas, a maioría eran na carreteira. Había moitísima xente nas festas. Non soian pasar coches. *Os teus amigos estaban no mesma situación que ti? Si, estabamos todos na mesma situación, tanto os ricos como os pobres traballabamos nas leiras. *Como era a escola nesa época? Era nunha casa de aldea, que arriba estaba habitada e abaixo estaba a clase, onde nos xuntábamos todos os nenos, onde a profesora nos ensinaba a ler e escribir, o máis básico. *Gustaríache haber podido ter estudos? Claro que si, aínda que fora aprender o máis básico. Gustábame maxisterio. 3- Por que motivos decidiches emigrar? Por que a Venezuela? Porque a situación estaba mala, non había traballo, caseime e fomos a Venezuela. Elixín Venezuela porque estivera o meu marido antes e fixera diñeiro. *Como era a xente nese país? Era boa, agradable e moi acolledora. Había moita emigración de moitas partes. *Cóntanos un pouco como era a túa vida alí: –Como era a túa vida cotiá? Traballaba nunha portería, facía limpieza do edificio, no que vivía, e tratábanme moi ben e queríanme moito. Eu realizaba as tarefas domésticas da miña casa e tiven dous nenos que naceron alí, na Clínica Venezuela. –Cales foron as persoas que mellor te acolleron? Todo o mundo me acolleu moi ben e fixen boas amigas, que as mantiven ata que me vin para España. –Ao principio custouche moito integrarte as costumes de alí? Si, ao principio custoume moito, pois facía moita calor. Primeiro estiven pouco tempo en Puerto Anclaz e Ciudad Bolivar, e máis tande fun para Caracas. Botaba moito de menos a miña familia. –Gustábache o clima tropical? Bueno si, cando me acostumbrei. Nunca levaba chaquetas, sempre iba en manga corta. –Cales eran as comidas máis típicas do país? Alí sempre comín o mesmo que comía aquí. As típicas comidas de alí eran crepas, carcotas, platano frito... Tamén se comían frutas como o melón, aguacate, mango, guayaba, etc. 4- Sénteste orgullosa das eleccións que fixeches ao longo da túa vida e do


traballo que realizaches? Si, xa que sen贸n non houbera chegado 贸 que cheguei. 5- Cal 茅 o lema que aprendiches da vida? Aprend铆n que hai que ser boa persoa e tratar ben a todo o mundo.

SARA E LAURA


OS MAIORES NA ESCOLA – Con que anos comezaches a ir a escola? Con que anos remataches? Comecei os cinco anos. Rematei os quince anos. – Que materias dabas na escola? Matematicas, xeografia, historia ... – Tiñades deberes? Non. – Como eran os libros? So tiñamos un libro por cada ciclo. – Cantos profesores tiñades? Tiñamos un libro por curso. – Que horario tiñades? – De 9-2 e 2-5 . – Eran escolas mistas? Non había unha de mulleres e outra de homes. – Había máis mulleres ou homes escolarizados? Impartíanvos as mesmas materias? De igual maneira . Tiñamos as mesmas asignaturas. – Quedaba a escola moi lonxe da túa casa? Non , quedaba cerca. – En que idiomas se impartían as materias? En que idioma falabades co profesor? Impartíamoslas en castelan. – Como estaban divididas as aulas? – En homes e mulleres. – Tiñades clase pola tarde? Si de 2 a 5 da tarde. – Tiñades recreo? Si , de vinte minutos. – Faciades excursións? Non – Gustábache ir a escola? Si. – Faciades algunha actividade a parte de estudar? Facíamos costura todalas tardes. – Que facías cando non ías a escola? Axudabamos na casa.


– Controlaban as faltas como as controlan agora? Si viñan a casa se non iamos. – Tiñades vacacións? En que épocas? Si, na mesma época que vos. – Cambiaches de escola algunha vez? Non. – Comías na escola ou ías comer á casa? Había comedor na escola? Comiamos na casa. – Lembras algunha mestra ou mestre que che dera clase? Non.

Sofía Amado


ENTREVISTA A: MARÍA LUCHA FERNÁNDEZ ABELEDO Cando era pequena, ía ó colexio a Torres, que estaba concretamente na Tolda. Os nenos e as nenas non ían á mesma escola. A mestra soamente lle ensinaba a quen lle conviña. Por exemplo: se alguén lle levaba algo de xamón (a xente con máis cartos da aldea) ensináballes de todo o que facía falta: algo de matemáticas, cultura xeral … As alumnas máis pobres preguntabámoslle como se facían as cousas e ela respondía: ``Déjalo para mañana.´´ Naturalmente, nunca chegaba ese día. Moi frecuentemente ía chama-las vacas. Recordo que comecei cando tiña seis ou sete anos desde a estación de tren de Torres á estación de Miño. Por aquel entonces, usábamos os “arados de pau” e as sucas. Logo chegou o “arado de ferro”, que se volveu, por así dicilo, unha “moda”, xa que todo o mundo comezou a telo nas súas casas e a xente facía o que podía para poder mércalo apertando un pouquiño máis o cinto, xa que soamente había un rico en cada parroquia. Case todos eramos pobres e traballábamos para ir vivindo como se podía. E máis tarde viñeron as requisas. Nelas ían chamar á casa e levaban o que querían por unha miseria de cartos coma se fose a súa casa. E tamén viñan os da “taxa”, que obrigaban ós veciños


da parroquia a entregar unha cantidade de trigo, de palla … e se non a había, facíase un esforzo para mercala. Pouco a pouco foi chegando o abono. Botábaselle ás plantacións o esterco e o xabre, que era moi bo para cultivar as fabas e máis o trevo, que se lle daba ás vacas. Usábamos pinos cortados para pagar a contribución (que primeiro foi trimestral, logo semestral, máis tarde anual e, finalmente, suprimírona) Estes pinos non llos vendíamos ós Sevillanos, senón que os levaban á estación do tren. Cos cartos obtidos, iamos mercar unha barra ou “libretiña de pan”, como lle chamaban naqueles tempos. Os homes entraban nas tabernas para tomar un pouquiño de caña e as mulleres quedabamos fóra. Na posguerra chegou o estraperlo, e a xente viaxaba para as zonas de montañas porque había máis produtividade, en xeral: centeo, trigo, millo … O millo estaba bastante caro. Creo recordar que un ferrado de millo se vendía a 300 pesetas (60 pesos). Esa cantidade de cartos daba para mercar moitas cousas de primeira necesidade. Recordo cando vendemos medio ferrado de millo e os cartos déronme para mercar un traxe completo e aínda sobraron. Con isto quero dicir que con eses cartos amañábase ben a vida. O soldo dun albanel non era máis de 14 ou 15 pesetas, polo tanto non gañaba nin para o aceite de cociñar, xa que valía unas 90 pesetas. Pasábase unha necesidade terrible, xa que non había moita roupa, nin fíos nin nada, por iso a


xente ía ás feiras (a do tres ou a da viña). Acordo ben a chegada do liño. Sementábano e cando había que recollelo, levábano ó río nove días e traballábano (cardábano, fiábano …). Iso quedaba coma unas arestas de palla, ás que lle chamaban “sabos” e logo formaban o “lenzo”e facían a roupa. Uns anos máis tarde chegou a “tecelá”. Logo, foi mellorando un pouco a vida e a xente usaba diferentes recursos, coma, por exemplo, facer as colchas con trapos que había na casa, xuntando uns cos outros. Tamén se utilizaba o algodón e a lá para fabricar algunhas prendas. Algúns trapos formaban novelos e despois metíanos nos tecelás e formábanse colchas. A xente da miña época era bastante mais relixiosa que agora. As rúas tiñan moitos viacrucis e había moitos misioneiros. Algunhas profesoras ensinábanlle as alumnas a recitarlle poesías a virxe. Algunhas son as seguintes: -

Jesús, que niña tan guapa Jesús, que niña tan linda ¿Qué buscas aquí en estos campos? ¿Qué haces aquí tan solita?

-

He venido a coger flores

-

¿Para qué las quieres niña?

-

Está malita mi madre Y me han dicho las vecinas Que al punto se pondrá buena


Y cuando toquen a misa Una corona de flores Llevo a la virgen María. -

Bendita sea tu boca Hermosa, Dios te bendiga ¿Quieres a la virgen?

-

Mucho

-

¿Y le rezas?

-

Todos los días

-

¿Y qué le pides?

-

Salud para mi familia

-

Pues rézale y quiérela mucho Que además de compasiva Es María más hermosa que el oro y la plata fina. ---------------------------------------------------------------------

-

Todos te regalan flores ¿Yo que te regalaré? Como soy tan pequeñita Mi corazón te dare Como soy tan pequeñita Y tengo tan poca voz No me canso de repetirte


Viva la madre de Dios. Recordo as festas de planta-la árbore e outras parroquiais nas que as orquestas facían espectáculos non soamente musicais, senón que tamén intentaban facer rir o público, aínda que estas festas foron prohibidas durante o período da guerra. Cando eu tiña 10 ou 11 anos, houbo manifestacións na Tolda, na que as nenas levábamos unhas bandeiriñas de papel e unha lazada branca na cabeza e os nenos cunha pistola. Durante ese período cantaban cancións como a seguinte: “

Por mi Dios, por la patria al Rey

Pelearon nuestros padres Por mi Dios, por la patria al Rey Pelearemos nosotros también Pelearemos en campaña Luchando en unión Defendiendo la bandera De don Carlos de Borbón Cueste lo que cueste Se ha de conseguir Que reine Alfonso Carlos, Rey de la nación


Que viva la bandera de la tradición.” Vendíanos o leite e, con el, facíamos o queixo e levábamolo a Pontedeume tódolos domingos. Algunha xente da aldea ía ós soutos a por castañas, xa que naquela época estaban moi caras e non había cartos suficientes para poder permitirse ese “luxo”. O alimento principal era a pataca, normalmente cocida. Tamén se comía o caldo e as “papas”, feitas de leite e fariña. O pan tamén se facía, forneándoo de varias en varias persoas, xa que o forno era bastante grande e había seis ou sete pás. Aínda no período da guerra, viron uns gerrilleiros e mataron a moita xente coñecida. Non se podía falar nin na casa por causa do medo. Recordo aquela época coma unha penuria.

Verónica Fachal e Antía


FALANDO COS MEUS MAIORES.... Como era a relacions entro o profesor e os alumnos? Mais ou menos como a de hoxe en dia, eran uns ditadores so que antes podíanche pegar e ti tiñas que aguantar e se llo contabas aos teus pais aínda levabas mais

Cantas asignaturas tiñades ? Tiñamos catro materias, matemáticas, xeografía, castellano e ciencias de las naturaleza Cantas horas e dia iades o colexio ? Iamos cinco horas, tres polas maña e dúas pola tarde.Cinco días a semana

No recreo que faciades ?E despois das clases ? No recreo xogabamos a corda, a goma, o cravo.Despois das clases xogabamos as bolas pero tamén tiñamos que estudar e axudar nas tarefas da casa

Como quedabades cos amigos sen ter os medios de hoxe en dia para ir de festa ? Pois porque daqueles tempos todos nos viamos e nos xuntabamos xa que saiamos da casa .Ademais iamos a buscalos a casa xa que non había outro remedio

Con cantos anos empezaban a traballar os mozos e mozas ? Desde nenos traballabamos da casa pero o que se di traballar fora da casa dende os catorce anos mais ou menos

En que se traballaba naquela época ? As mozas empezaban a traballar na costura, no bordado, na calceta, no campo etc, os mozos traballaban nos aserraderos, nas fabricas de tabaco, nas de armas, etc

Como vos divertiais cando non tiñades festas cercas ? Iamos aos bailes, as feiras, etc


Como cambiou a vida na economia, na escola e na vida cotidia na guerra civil? A min non cambiou moito xa que daquela era pequena.Tamén ao vivir na aldea non afectaba moito a guerra.Economicamente seguiamos igual, iamos vender os produtos do campo a vila como sempre. .

E despois con Franco ? Mellorou moito xa que introduciu as pensións, mais posibilidade de acceder a unha vida mellor.Levantou España xa que antes non había nada

Fusilaron, arrestaron ou imigrou algú familiar teu polo seu pensamento ? Non que eu recorde, pero non creo xa que a miña familia non lle afectaba moito o asunto e tamén ao vivir na aldea non ai tanta información como na cidade Se contestaches que si como te sentiches ? A min no me ocorreu pero podo imaxinar a dor que che produce, e moi difícil superar a morte dun familiar e mais cando son por motivos políticos ou de pensamento, que unha persoa mate a persoas que non pensan como eles e moi difícil de non recordar

XOSÉ VALIÑO


ENTREVISTA A DONA MARÍA DEL CARMEN BLANCO HERMO María del Carmen Blanco Hermo, nace en Vigo o 20 de xullo de 1916 nunha familia humilde de oito irmáns, catro homes e catro mulleres. A súa nai adicouse a facer os traballos da casa mentres que o seu pai era vixiante de prisións. Casouse cando tiña entre 20 e 21 anos, tivo dous fillos e quedou viuda moi nova, con 30 anos.

Comecemos con algunhas cuestións referidas á escola : -Onde estudaches? Estudei en diversos lugares. En vigo deumo clase unha señora na súa casa, en Ponferrada, fun a un colexio privado e en Coruña na Grande Obra de Atocha. -Como eran as condicións de estudo? Só nos ensinaban o básico: ler, escribir, sumar, restar, multiplicar e saber escribir o teu nome correctamente. -Cantos érades na aula? Tíñades un só mestre? Era obligatorio ir? Éramos poucos, xa que moi pouca xente estudaba naquela época, excepto na Grande Obra, alí sí eramos moitos, había varias clases por curso e tiñamos diferentes mestres. No resto había un único mestre. -Había moitas mulleres estudando na túa época? Non, elas quedábanse na casa aprendendo a facer as tarefas da casa, e axudando no campo. -Se tiveras algunha posibilidade daquela, que traballo houberas escollido? Non che podería dicir, o único que sei é que seguiría estudando.

O seguinte tema será a emigración : -Afectouche persoalmente a emigración? Non, sempre estiven en Galicia, tiven que mudarme algunhas veces, pero polo traballo do meu pai. -Se tiveras a posibilidade de haber escollido emigrarías ou non? Eu penso que non, moitas amigas miñas e xente coñecida emigrou pero eu non o houbera feito. A xente emigraba a Arxentina e a Alemaña, primeiro ía o marido e logo, cando este encontraba traballo, ía a muller, os fillos coma eran pequenos quedaban aquí cos avós. -Relacionado co que está acontecendo agora mesmo, moita xente vaise do país en busca dunha mellora económica e de vida, pensas que están facendo o correcto? Na miña opinión, non fan o correcto, xa que crise a día de hoxe, haina en todos os lugares, eu penso que hai que aguantar co que nos toque.

Outro tema, o franquismo: -Cando se menciona o nome do ditador Franco, que che ven á cabeza? O primeiro é a cantidade de mortos que houbo naquela época.


-Como che afectou? O meu home, foi á guerra de Asturias con tan só 22 anos, alí fixo un amigo, un día estaban comendo, o seu amigo, tiña un bocadillo na man, e sen facer nada, os do bando contrario disparáronlle e o mataron. Como meu esposo estaba ó lado, tivo medo e colleu a súa escopeta e disparouse a sí mesmo no dedo gordo do pé para que o trouxeran de volta a Coruña e curarlle aquí a ferida e así irse de alí. Tamén participou na Guerra Civil española, pero xa cando estaba a piques de rematar. -Notouse en Galicia a ditadura? Sí. Eu vivía entre o cuartel dos militares e unha especie de casetas nas que se atopaban os do bando contrario polo que meu edificio atopábase en primeira fila para ver os enfrontamentos, de feito víase perfectamente como disparaban, pódese imaxinar o medo que eu tiña. -A xente, hoxe en día se quere dar a súa opinión pode, daquela podíase? Ti, por exemplo, pasabas por diante do cuartel e coma estivese un home dos de franco coa bandeira española na porta tiñas que pararte mirar cara á bandeira e levantar a man dereita para arriba.

E para rematar fálanos un pouco sobre o ocio: -Que facíades para pasar o tempo? A mín por exemplo, gustábame ir moito ó cine. Era o cine mudo, e facíase moi complicado entendelo. Aparecían as imaxes, e debaixo unha pequena explicación do que estaba acontecendo, pero claro está, sen diálogos iso tiñas que deducilo tí. -Celebrábanse moitas festas? Normal, é coma agora, facíanse berbenas, polas tardes e ata as 10 era para a xuventude e dende as 10 ata as 12 era para adultos. -A xente que traballaba tiña vacacións? Non, daquela non había tantas modernidades como agora. -Os que se podían permitir o luxo de viaxar a onde solían ir? A calquera parte, non había lugares específicos. -Había lugares específicos para realizar as festas? Sí, sempre eran o mesmo sitio. -Bebía moito a xente? Onde se emborrachaban? Non tanto como agora, pero sí que bebían, as consumicións eran as mesmas cas de hoxe en día. -Que tipo de música oías? Gustábanme moito os boleros. UXÍA e Ying-YING


Entrevistas ós avós  

Entrevistas realizadas polos alumnos de 4º A e B de ESO

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you