Issuu on Google+

A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL

PX

ARLAMENTO

OVE

2012

COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA FRANCISCANAS OURENSE COORDINADOR Xián Xosé Bobillo Bermejo

PARTICIPANTES Alba Salgado Parente Sara Carroceda González Carlos Álvarez Ramos Julián Rey Pérez


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

1. ARGUMENTO HISTÓRICO: A XUVENTUDE DO CAMBIO

Schopenhauer dicía que a rebeldía é a virtude orixinal do home e parece que esta forma parte do material xenético de calquera mozo. Pero non é rebeldía sen obxectivos, nin baleira senón que desobeden porque teñen mellores razóns para rebelarse que das que lles dán para obedecer. Fernando Savater alcuma de “mimados” a todos aqueles que deixan o que lles compete para loitaren por un cambio profundo. Pero, que sería do mundo actual sen a rabia e espírito de contradición dos mozos? Nada, non sería nada, e como proba una ollada ao pasado:

Situémonos, rúas das que agroma o movemento, pancartas, vida e estudantes que ao son de “ Esquezan todo o que aprenderon, comecen a soñar” escapan polas rúas parisinas de policías que desexarían estar con eles. Maio de 1968. "Querémolo todo e querémolo xa", berran estudantes e pensadores, sindicalistas e obreiros. Segundo as súas propias verbas “eran demasiado mozos para esperar" e non o fixeron. Atopábanse alí para criticaren un sistema educativo incapaz de dar saída ao mundo laboral a un número cada vez maior de licenciados (paradoxalmente parecido a outro maio corenta anos posterior, o Maio do 15 M) pero a protesta aumentou e rematou por formarse unha reacción contra o sistema completo e as bases da sociedade occidental tal e coma se coñecían. Bucábase transformala e devolverlle as crenzas que esquecera, “cambiar a vida” como diría Rimbaud. Ese foi o detonante a partir do cal se sucederon folgas estudantís, obreiras e sindicais que paralizaron o país de De Gaulle. Paralizado pola mellora.

Outra ollada ao pasado, esta vez cara ao oeste. Portugal vivía aló polo 1974 unha situación parecida ao país galo pero neste caso eran os capitáns do exército os que lideraban a revolta que puxo fin a 50 anos da ditadura de Salazar e Marcelo Caetano, para daren paso non só á democracia, senón tamén á descolonización de Angola, Moçambique, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe e Timor Leste. Non era un golpe de Estado en si, era o produto dunha situación insostíbel dunha oligarquía que seguía no poder dende 1926. Era un sinal de cambio e esperanza, de caraveis vermellos nos canóns das armas. Foi "O povo quem mais ordena" ao son da canción interpretada polo grande Zeca Afonso: Grande Vila Morena.

1


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

Somos o que somos grazas ao cambio, ás revoltas, á saltar por riba das normas, somos o que somos pola xuventude que crea liberdade a partir da prohibición, desde sempre.

2. ARGUMENTO DEPORTIVO: XOGOS OLÍMPICOS DA XUVENTUDE “Esperten! Son os Xogos Olímpicos da Xuventude de todos". Baixo este lema, o cal guiou a máis de mil atletas nos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno da Xuventude ata a cidade de Innsbruck, Austria; queremos facer visible como un mozo entre os 14 e 18 anos e quen de ser participativo, mostrar o seu esforzo e traballo; para exemplo, estas novas olimpíadas e o Festival Internacional de Xadrez celebrado no mes de outubro do ano pasado na Cidade das Burgas.

O novo modelo de Xogos Olímpicos foi proposto por Johann Rosenzopf no ano 1998 e aprobado no 2007 polo Comité Olímpico Internacional. Defínese como un acercamento do deporte á xuventude e a paz na sinerxia dun movemento intercultural. Na súa primeira edición de inverno, atletas de idades entre os 14 e os 18 anos de 70 nacións diferentes pasaron o pasado mes de xaneiro dez días inesquecibles das súas vidas celebrando os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno da Xuventude, buscando ser os mellores nas súas disciplinas e dando exemplo de amizade, irmandade e xogo limpo conseguiron dar unha mensaxe de paz e unidade. Foi unha participación activa non só dos mozos atletas senón dos estudantes da cidade anfitrioa e mozos que comungaban cos ideais que promove o olimpismo colaboraron no deseño do vestiario e do escenario para a ceremonia de inauguración, o pasado 13 de xaneiro. Un exemplo claro de participación no cal máis de mil mozos foron quen de compartir durante dez días o seu espírito deportista e xuvenil.

DATO: enlace URL, copia do xornal e vídeo.

Pero hai máis, a nosa cidade de Ourense albergou por cuarta vez o ano pasado o Festival Internacional de Xadrez no cal mozos procedentes de diferentes puntos de Galicia e Portugal pasaron unha xornada xuntos por unha mesma paixón, a do xadrez, unha sosegada labarada que 2


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

ilumina máis rapaces dos que cabería esperar en tempos de videoconsolas e da Nin Nin Generation. Mostra a forza do xadrez nunha cidade que é agora referencial, na que naceu e se forxou Iván Salgado, a sensación do momento, o Gran Mestre máis precoz de España. Un mozo que soubo combinar sen lugar a dúbidas a súa paixón cos seus estudos, xa que con 18 anos foi subcampeón do mundo xuvenil, e no ano 2010 consegiu o posto 9º no Campionato de Europa Absoluto que concluíu en Rijeka (Croacia), a súa paixón e esforzo polo xadrez continúa viva xa que actualmente reside en Madrid, onde traballa co Gran Mestre Marc Narciso e compaxina o xadrez co Grao en Psicoloxía pola UNED.

DATO: copia do xornal "El País", perfil de Iván Salgado e foto.

3. ARGUMENTO CULTURAL: MARATÓN DE DEBUXO GLOBALIZADO

O movemento "Urban Sketchers" chega por primeira vez a Galicia. Baixo esta achega á Cidade das Burgas de varios artistas pertencentes ao movemento "Scketcrawl" argumentaremos a participación da xuventude no tempo.

Esta nova iniciativa xurdiu hai uns anos nos Estados Unidos e foise expandindo por diversos países como París, Viena, Tokio, Honkong, Milán, Seoul, Londres, Nueva York, Lisboa, San Francisco, Sydney e nas españolas, Barcelona, Madrid, Valladolid, Cuenca, Porto de Santa María e por primeira vez, este ano chegou ata Ourense. Consiste nunha maratón de debuxo ao redor de todo o mundo no cal os artistas o día convocado (o mesmo en todo o mundo) dedicanse a retratar as rúas da cidade, monumentos, xente …en resumo reflicten a vida cotiá coa súa persoal forma de mirar. Pero a importancia que atribúen os artistas a estas convocatorias non é únicamente artística, senón persoal, coñecen xente cos seus mesmos gustos, comparten ideas, visións… Polo que é como eles mesmos din unha maneira de unir unhas persoas con outras e co propio medio que os rodea. FALTA ENGADIR O GRAFITTISMO ORGANIZADO.

DATO: enlace URL, páxina do xornal fotocopiado, vídeo...

3


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

4. ARGUMENTO SOCIAL-ESCOLAR: PARTICIPACIÓN NA ESCOLA

A mocidade actual segue a ser solidaria. Nas escolas, tanto públicas como concertadas, o alumnado participa nas actividades organizadas, e coordinan e suxiren outras novas. Estamos ante unha xeración que herdou das anteriores a paixón por todo aquilo que non é un Deseño Curricular Base e entendemos que as propostas extraescolares son imprescindíbeis para o correcto desenvolvemento físico e psíquico da nosa progresiva madureza. Un caso próximo a nosoutros, como Colexio Divina Pastora Franciscanas Ourense é o voluntariado que forma o grupo “Lúa”. Trátase dunha decéa de alumnos que se xuntan todas as semanas para fomentar, entre os seus compañeiros, valores como o interese pola actualidade, a lectura, e a participación para facer da comunidade educativa un lugar mellor para todos.

O alumnado colaborador leva a cabo actividades informativas como pode ser a realización dunha revista anual, na que se agrupan todas as actividades realizadas durante o curso; un portal dixital, no que día a día van sumando información como vídeos, imaxes... e ata unha Canle de televisión pola Internet. Nesta retransmiten feitos culturais do decurso do ano como as panxoliñas no nadal, os distintos festivais, xornadas de sensibilización, documentais, curtas, obras de teatro, tanto en diferido como en directo.

Seguro que todos estades a pensar no voso centro como un exemplo igual de plausíbel có noso en fomento de activiades xeradas e intervidas por adolescentes. Facede o labor mental de multiplicar exponencialmente este conxunto de actividades a todos os centros educativos de Galicia e España, si, o cálculo mental daranos milleiros de mozos interactuando solidariamente coa súa comunidade educativa, cidade ou contorno inmediato. Este só é un humilde exemplo de mocidade participativa, xa que pasan boa parte do seu tempo de lecer traballando para que ó remate do curso chegue a todas as familias e ao mundo virtual un exemplar coas novas do centro, así, anos despois, os alumnos actuales poderán dicir iso de... O equipo de redacción de LÚA DIXITAL e CANLE TV DIXITAL fixeron moreas de actividades solidarias, desde a divulgación de ONGs ata axuda humanitarian a necesitados reais da nosa contorna.

4


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

O seu traballo non é en balde, xa que actualmente reciben aproximadamente cen followers ao día, e como eles din: “A satisfacción de ver a unha familia sorrir compensa todo o noso esforzo”. Ademais, o pracer de ver a ilusión coa que os alumnos, tanto maiores como pequenos, reciben a revista e a páxina web anímaos a continuaren o seu labor moito tempo máis.

DATO: enlace á páxina web para un visionado online e revista.

5. ARGUMENTO FILOLÓXICO: DEFENSA DO GALEGO

CIBERIRMANDADES DA FALA, FORZA

GUE...

A mocidade preocúpase, ese é a mensaxe. Todos os días alumnos de colexios coma os nosos, universitarios, traballadores... en definitiva, calquera persoa con ganas de loitar, sempre dun xeito polo máis prezado e voluntario, comparten a súa preocupación polo devir da nosa lingua, primeiro concepto funcional de identidade e espallan a defensa do galego polo noso contorno loitando por un obxectivo común: a dignificación da lingua de noso. Hai choio abondo, como sabedes, e nel a mocidade galega, mesmo a urbana e semiurbana, está implicada e activa.

Deste xeito plataformas como as "Ciberirmandades da Fala", Blogs galeguistas como Blogomillo, Blogaliza ou o Blog do noso EDL coa "Forza Gue" ao fronte (Grupo de "defensa lingüística" formado polo alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense) loitan día a día por unha Galiza máis galega realizando actividades como a defensa e promoción de páxinas web en galego, a popularización de tradicións culturais da nosa terra, como o Samaín ou o Apalpador, e dan a coñecer os artistas galegos, realizando actuacións e mobilizacións na súa honra. Como exemplo do dito, o ano pasado a Forza Gue lembrou mediante un "flash move" a vida e obra de Lois Pereiro no patio do noso colexio.

Deste xeito, moreas de mozos e mozas xúntanse por unha preocupación común, e grazas a eles hoxe en día o número de institucións que fomentan o galego na Internet estase a multiplicar constantemente. A mocidade actual non é despreocupada, nin egoísta, nin individualista co idioma propio da súa comunidade. A mocidade de hoxe é solidaria, é consciente da situación actual de minorización que sofre e quere remediala. Grazas a todos os mozos que 5


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

integran os EDL dos colexios, hoxe vivimos nun mundo de esperanza co noso maior signo de identidade, nun mundo máis galego. Moitas grazas pola vosa actuación en prol da nosa lingua! E mil mocidades máis para o galego!

DATO: Vídeo de "Lingua de Lois".

5. ARGUMENTO CULTURAL: COS DEMAIS E CO MEDIO

""Pídelle un favor a alguén que estea ocupado. Non llo pidas, porén a alguén que non acostuma facer nada porque non cho fará". Con esta frase feita gustaríanos introducir o debate de hoxe. Con esta locución feita Vox Populi demostraremos que un moz@ ocupado nos seis estudos ou en traballar ou nas dúas cousas asemade é quen de ser dinámico e cooperante; entrementres aquel que poidamos adscribir a xeración Nin Nin fará o posíbel por desatender a túa chamada solidaria, fará a vista gorda e, se vos apurades, estimada audiencia, diravos que só ten tempo para si e para xogar coa Nin...tendo ou a Wii.

Estes protagonistas que principiamos a introducir son aqueles que, en chamándoos, acudirán a facervos un favor, a botarvos unha man alá onde estiveren. Velaquí están os nosos heroes anónimos:

A mocidade dos nosos días dista moito da pasividade, involúcrase nun mundo para tentar cambialo e melloralo. Nunha cidade os campos de actuación son varios e teñen tanta variedade coma facetas da vida agroman nas rúas, pero quizais os máis destacables son a colaboración a favor do medio ambiental e a axuda ós máis pequenos. Na nosa cidade, Ourense, temos o exemplo máis claro desta colaboración. Trátase de Amencer, unha asociación xuvenil nada en febreiro de 1987, que dende as súas orixes vive de persoas voluntarias que na súa maioría se atopan entre os dezaoito e os trinta anos que dedican o seu tempo libre a facer que nenos de entre seis e dezaoito anos teñían un benestar educativo-social.

6


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

Todas estas persoas comparten o soño e a ilusión do traballo pola infancia e a xuventude a través da integración persoal e grupal no tempo de lecer. Esta opción de tempo libre educativo abre as súas portas a todos aqueles que queiran participar tanto para beneficiarse coma para botar unha man. Así son máis de 120 os que coordinan e traballan de forma voluntaria para facer posible que todos os programas e actividades se poidan levar a cabo, facendo pasar un bo tempo ó arredro de 600 rapaces e xente moza que se reúnen semanalmente nos grupos de tempo libre. AMENCER é máis, son os preto de 60 proxectos dinamizan dende: música, expresión, solidariedade, medios de comunicación, exposicións, deporte, etc. É un soño, unha forma de vida, de dar e ver o sorriso nos máis cativos sen esperar nada a cambio. É altruismo. É participación para unha sociedade mellor.

6. MOCIDADE PARTICIPATIVA: ERASMUS “Mamá, voume de Erasmus!” dende que o primeiro estudante pronunciou esta frase xa pasaron 25 anos promovendo este programa.

A bolsa ERASMUS é un diñeiro que se lle dá a estudantes e profesores universitarios da UE, para estudaren nos paises adscritos ao plan ( diferente ao país de orixe do solicitante). Estes países son ademais dos Estados membros da Unión Europea os tres países que forman parte do Espazo Económico Europeo; é dicir: Islandia, Liechtenstein e Noruega. Ademais existen tambien acordos con Suíza e Turquía. Dende 1987, Erasmus fixo posible que uns 3 millóns de europeos estuden ou se formen noutro país. Erasmus contribúe a ese obxectivo ao fomentar a mobilidade dos estudantes. Grazas ao programa, os mozos poden pasar unha tempada noutro país, aprender un idioma estranxeiro e desenvolver a súa capacidade de adaptación, mellorando con iso o seu perfil laboral. A bolsa ERASMUS achéganos, polo tanto, un importante valor persoal, pero también social sendo recoñecido como un elemento importante para fomentar a cohesión e coñecemento da Unión Europea entre a poboación nova. Non esquezamos a historia de guerras e conflitos, algúns non tan afastados dentro dos mesmos países da UE, e que grazas a este coñecemento mutuo, podemos cambiar prexuízos a través desta experiencia, creando lazos de amizade transfronteirizos, posuíndo unha clara conciencia cidadá europea. 7


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

Toda esta experiencia humana, tanto a persoal como a social, ábrenos tamén as portas do mercado de traballo europeo. A condición de vivir nun país diferente obrigaranos a coñecer un novo idioma, clave para un futuro traballo. Ademais, os lazos de amizade formados nestes meses de convivencia con mozos vindos doutras países vivindo experiencias persoais, poden ser o primeiro chanzo de novos proxectos empresariais.

O programa Erasmus, que ten como obxectivo o intercambio de estudantes e a realización de prácticas no estranxeiro, celebra este ano o seu 25º aniversario. Por este motivo, e baixo o lema "Erasmus: vinte e cinco anos cambiando vidas e abrindo mentes", a comisaria europea de Educación, Cultura, Multilingüismo e Xuventude, Androulla Vassiliou, presentou o programa de celebracións. A mobilidade Erasmus constitúe un elemento central da estratexia da Comisión Europea para combater o desemprego xuvenil. Segundo Vassiliou, "Erasmus é un dos grandes éxitos da Unión Europea e o máis coñecido e popular dos nosos programas. Os intercambios permiten aos estudantes mellorar os seus coñecementos de linguas estranxeiras e desenvolver capacidades como a adaptabilidade, que melloran as súas perspectivas de emprego,". Durante este curso académico beneficiaranse do programa Erasmus máis de 250.000 estudantes. Os destinos máis populares son España, Francia, Reino Unido, A Alemaña e Italia, e os países que máis estudantes envían ao estranxeiro son España, Francia, Alemaña, Italia e Polonia. A UE destinou preto de 3.000 millóns de euros a Erasmus para o período 2007-2013. Ata o momento recibiron bolsas preto de 150.000 estudantes. En 2009/2010 foron 35.000 os alumnos que realizaron prácticas (un de cada seis participantes do programa), o que supuxo un aumento do 17% con respecto ao ano anterior.

España é o destino máis popular entre os estudantes do programa de intercambio europeo Erasmus, e o que máis alumnos envía ao exterior, segundo datos da Comisión Europea. Durante o curso escolar 2009-2010, España recibiu un total de 35.389 estudantes, superando a Francia (26.141) e a Reino Unido (22.650). Ademais, enviou ao exterior 31.158 alumnos, substituíndo a Francia como principal exportador de estudantes Erasmus (30.213), seguido da Alemaña (con 28.854). Os estudantes Erasmus aumentaron en todos os países excepto en Noruega, mentres que en República Checa e Portugal mantivéronse en cifras similares ao ano escolar anterior. En total, 8


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

o número de alumnos Erasmus que conseguiron unha bolsa deste programa europeo alcanzou a marca de 213.266, un 7,4% máis que o exercicio anterior, e, no 61% dos casos, as beneficiarias foron mulleres.

As bolsas ERASMUS son, sen dúbida, todo un fenómeno social e cultural que foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2004, por ser un dos programas de intercambio cultural máis importantes da historia da humanidade, como elemento de coñecemento integrador entre pobos.

9


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

1. ARGUMENTO LITERARIO EN CONTRA: MOCIDADE "NADA" Algúns din que somos os fillos malditos da historia, nin pasamos por una guerra nin por unha gran depresión. A nosa guerra é a loita espiritual e gran depresión a nosa vida. ¿Certo? Non hai máis que mirar cara á socidade actual chea de abandono, maldade e, sobre todo, individualidade.

A literatura reflicte a realidade, realidade que é modificada e influenciada pola literatura. A nosa realidade está moi pouco acostumada a mirarse no espello e prefiere regalarse os oídos escoitando o boa, solidaria, humanitaria e libre que é. Cando por fin consegue ver o seu reflexo asústase, ten medo. Non é Nada.

Baixo a pluma da danesa Janne Teller, a novela Nada reflicte esa sociedade. Proba de que esta non gosta de recoñecer a verdade é que o libro foi censurado e prohibido en troques de recomendado pero iso si, premiado. Ela dá vida a uns nenos normalmente considerados coma un cúmulo de inocencia e bondade. Un deles, Pierre Anthon, descobre que xa non importa nada e dedícase a filosofar cos seus compañeiros, eses mesmos que para demostrar que existe algo polo que loitar traen ante un altar de significado todo o que consideran que vale a pena para cada un dos seus compañeiros.

Peregrinación de miserias e vergoñas pasaron ante os seus ollos. Espello da realidade cobizosa dos adultos en boca de nenos. Non se trata de destripar o argumento senón de centrarse no porqué dun libro tan polémico, tan amado e tan odiado. Ben, esta obra trata de conmocionar o lector, estalarlle na conciencia e deixar unha onda expansiva que se prolonga durante días, incitándoo a reflexionar sobre temas que non se explican doadamente nun telexornal. Impón unha obriga moral que afecta por igual a mozos e adultos dos países supostamente desenvolvidos: a necesidade de antepoñer a autocrítica á autosatisfacción cando nos permitimos xulgar o que acontece noutras sociedades sen preguntarnos ata que punto somos responsábeis da miseria allea, e en que medida a levamos dentro.

10


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

Trátase de dicirlle ó lector á cara que é egoísta, que busca a autosuficiencia ególatra en vez da ilusión de soliariedade que pretenden facernos crer. Franz Kafka dicía que a literatura é sempre una expedición da verdade. Neste caso un espello que en palabras da autora comeza a matarnos dende que acabamos de nacer. E os mozos de hoxe non somos inertes ao exemplo que a literatura, como espello da vida nos reflicte, seremos po, mais un po da substancia da nada.

DATO: enlace URL, copia do xornal e vídeo.

2. ARGUMENTO DEPORTIVO: NO LADO ESCURO DO DEPORTE. “The Dark Side of Sports…” “Mens sana in corpore sano”, con esta voz latina gustaríanos comezar o noso Argumento filosófico-deportivo. Por todos é sabido que é importante cultivarmos a mente e a cultura; porén, sabemos que tamén é preciso facelo co corpo? Estamos 24 h ao día rodeados de mensaxes que enxalzan o culto ao corpo até o punto que pode provocarnos un complexo ou unha obsesión a algunhas persoas por conseguir un físico que podemos denominalo perfectamente de “Corpo ao Photoshop”. En moitos casos esta angueira desemboca nunha enfermidade chamada Vigorexia ou Complexo de Adonis. A vigorexia defínese como a necesidade que senten certas persoas, na súa maioría varóns, de aumentaren a súa masa muscular porque se ven moi débiles. Tentaremos demostrar que desviacións psicosomáticas como a citada repercuten negativamente na mocidade ata o punto de convertela en dependente e pasiva. Permitídeme, contertulios e cara audiencia, un anaco de contextualización histórica, VEXAMOS:

Foi en 1993 cando o psiquiatra estadounidense Harrison G. Pope acuñou o termo VIGOREXIA; daquela, foi bautizado como a “anorexia reversa”, por estar máis preto e máis relacionada cos varóns que coas femias, nomeándoa nos seus derradeiros escritos como complexo de Adonis. Calquera persoa que vaia ao ximnasio pode ser unha posibel vigoréxica ou vigoréxico, xa que segundo o Consello Xeral de Farmacéuticos contabiliza que só en España hai arredor de 700.000 vigorexicos. A OMS non recoñece este transtorno como tal pero diversos especialistas coinciden en relacionalo coa bulimia e coa anorexia porque tamén é un transtorno adictivo, habendo moitos mozos que superaron unha anorexia ou unha bulimia e pasaron a 11


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

estoutro transtorno, segundo testemuña a doutora Theresa Lartigau, especialista nesta clase de transtornos. As persoas vigoréxicas caracterízanse por seren introvertidas, con baixa autoestima, inmaduras, antisociais e cun control constante da súa imaxe e o seu peso. Unha enfermidade do século XXI, como outras tantas que o propio ser humano crea mediante a distorsión da realidade e a necesidade de sentirse superior, ou así se autoconfiren, aos seus semellantes.

Cantos deses 700 000 vigoréxicos son mozos, dato que temos ter presente para amosar que moitos destes clientes permanentes de ximnasio nos están a cultivar a mente cun corpo san, senón enfermo?; Cantos destes mozos vigoréxicos son hábiles para actividades solidarias, onde hai que pensar na mente e no corpo dos outros, non dun propio?

Fran Formoso, preparador físico do equipo de 1ª división feminino de fútbol sala A Ponte sinalou varias veces en distintos foros sobre cultura física que o deporte non é san, como moitos cren, senón que o saudábel é a práctica física, e, desde logo, con mozos cada vez máis vigoréxicos e dopados, isto faise unha quimera que faría abominar ao mesmísimo Barón de Coubertain.

DATO: enlace URL.

3. ARGUMENTO SOCIAL: O IMPORTANTE É O NOSO, NON O DOS DEMAIS. OKUPAS, NON GRAZAS. “Okupa e Resiste” con esta vox populi entre os integrantes do mundo okupa gustaríanos comezar a nosa argumentación social. Estes grupos buscan a liberalización da propiedade privada e o dereito de toda persoa de ter unha vivenda e un fogar dignos, okupando casas, terras ou locais abandonados, fundando así centros culturais, terras de cultivo, lugares de reunión ... mais a custa de quen? é unha teoría moi bonita, admirada e imaxinativa que cando se leva á practica non contenta a moitos polos problemas e todo o mundo delituoso que leva canda si, así como as repercusións e transtornos que poden xerar na sociedade onde se insiren estes movementos de apropiación indebida dos bens inmóbeis.Tentaremos demostrar que estes grupos son seitas que só buscan o seu ben, illados da sociedade e concentradores de persoas violentas e 12


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

individualistas repercutindo negativamente na mocidade. Esta, nós, podémolos tomar como un exemplo de rebeldía, tan buscada e propicia nestas idades. Contertulios e cara audiencia, velaquí tedes un anaco de contextualización histórica.

Os primeiros indicios do movemento okupa actual remóntannos aos anos 60 no Reino Unido cos denominados “sqquaters” ingleses. A diferenza entre ocupas e okupas é que os segundos fano por uns motivos políticos que eles cren superiores a calquera propietario ou lei, pode semellarnos que son persoas que buscan a igualdade de oportunidades e un mundo máis xusto, e en realidade así é, mais sabendo que o que fan está mal e prexudica a propietarios ou institucións que ían vender ou alugar unhas determinadas propiedades eles pensan que o seu movemento está por riba de calquera aspiración persoal e non lles importa fastidiar aos que supostamente o seu movemento pretende protexer, aos cidadáns da pé.

Non temos que ir moi lonxe para atoparnos con esta lacra social, xa que por toda a xeografía do noso país hai casas okupadas, un exemplo interesante sería a famosa Sala Iago, desaloxada hai uns días en Santiago, onde a policía, segundo conta numerosos medios atopou o material preciso para fabricaren “cócteis molotov”; sen marcharmos da nosa capital atopámonos tamén coa sona da Casa Encantada, onde segundo os seus antigos okupas din que facían labores socias e un feixe de actividades culturais, mais debéuselles esquecer que cando a policia compostelá rexistrou a casa atopou drogas e outras substancias ilegais. Este colectivo atópase moi activo nos países do primeiro mundo e coa crise actual semella ser que aumentou igual que tamén aumentaron as perdas dos donos de casas okupadas, entón nós nos preguntamos, que é máis importante un suposto NÓS global ou un EU propio real?

DATO: enlace URL.

4. ARGUMENTO SOCIAL: ACTITUDES POR IMITACIÓN Compartimos o 95% do ADN co orangután de Borneo…“Make your influence positive” esta é a mensaxe final dun vídeo titulado “Children see, children do” dunha campaña realizada 13


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

por unha asociación australiana, NAPCAN. É unha asociación que promoveu no ano 2006 unha campaña para a prevención do abuso e maltrato infantil, e é unha radiografía crua pero realista do papel do exemplo na vida e especialmente na crianza dos fillos. O exemplo como transmisor de valores e comportamentos é tremendamente poderoso, tanto para o positivo coma para o negativo. O anuncio mostra o lado escuro da nosa sociedade: malos hábitos, mala educación, falta de civismo, impaciencia, falta de compaixón e entrega polos nosos fillos, falta de respecto polos demais, racismo, histeria e violencia. E recórdanos que todo iso se reproduce por imitación nas seguintes xeracións. Estes non son máis que os inicios e rematarán cuns mozos coas súas mesmas actitudes, como por exemplo consumindo alcohol. Así o certifican os Investigadores da Universidade de Florida cando acharon que arredor do seis por cento dos adolescentes cuxos pais bebían mesmo ocasionalmente dixeron ter conducido baixo a influencia cando chegaron aos 21 anos de idade. Pero apenas dous por cento daqueles cuxos pais non bebían conducían baixo a influencia aos 21, segundo o informe de novembro do 2011 da revista Accident Analysis & Prevention. "A idea central é que o uso de alcohol dos pais ten un efecto sobre a conduta dos seus fillos", apuntou nun comunicado de prensa da Universidade de Florida a autora líder do estudo Mildred Maldonado-Molina, profesora asociada de resultados e políticas de saúde do Colexio de Medicina da Universidade. "É importante que os pais saiban que a súa conduta ten un efecto non só na idade do desenvolvemento cando os seus fillos son adolescentes, senón tamén na súa conduta futura como adultos novos". "O fogar realmente é unha importante fonte para estes nenos e logro mozos".

E remato parafraseando á socióloga norteamerica Kathleen Casey Theisen "A maioría dos mozos oen o que dis, algúns mozos mesmo fan o que dis, pero todos os mozos FAN O QUE FAS"

DATO: enlace URL, copia da revista e vídeo.

5. ARGUMENTO SOCIOLÓXICO: O PODER DOS ESTUPEFACENTES Drogas, segundo a Real Academia Galega son calquera substancia alucinóxena ou estupefacciente que o que fai é inhibir as capacidades sensoriais do consumidor. Comecemos así o noso argumento psico-médico onde amosaremos as consecuencias funestas das drogas, tanto 14


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

no relacionado coa saúde como nas relacións interpersoais e coa sociedade en xeral que produce o consumo destes produtos. Logo demostraremos a pertinencia da tese asociando os consumos cada vez máis elevados de drogas, ora duras, ora brandas entre a mocidade para aseverarmos que nesas condicióna de dependenci e hábito, o moz@ adolescente só xera hábitos inhibidores e excluíntes de todo aquilo que non sexa o seu contorno de depenencia máis inmediato, o que provoca unha sinerxia preocupante de depresión, pasividade e insolidariedade. Pero antes, caros oíntes, vexamos un pouco da historia das drogas que aínda que agora veñan con nomes novos son tan antigos como a humanidade mesma.

Parece ser que a durmideira xa se cultivaba en Europa na Idade de Pedra, en Suíza encontráronse fósiles de semente de durmideira pertencente ao cuarto milenio antes de Cristo. No ano 600 os árabes propagaron as virtudes terapéuticas da durmideira, revelando aos chineses a propiedade estupefaciente do opio. O consumo da droga estendeuse rapidamente por toda China e desenvolveuse o contrabando do opio a grande escala. A principios do século XX apareceron en occidente o opio e o hachix. Finalmente o consumo de drogas estendeuse por todo o mundo, creando un gran problema social. Coa cooperación de organismos como a ONU. Que en 1971 calculou que en todo o mundo había uns 120.000.000 de drogaditos. Cantos entre eles ocupan a faixa entre os 14 e os 34?

Semella ser que o termo de drogas terxiverxouse nestas últimas decadas, xa que tamén hai que incluír neste termo o alcol e o tabaco, que ao non levaren a connotación de drogas pola sociedade hai unha certa pasividade para non ilegalizalas por parte dos gobernos e da mocidade moi asidua as mesmas cando o pretenden pasada ben. Tamén están en cuestionamento as drogas brandas legais nalgúns países como Holanda.

Os consumidores destas substancias voltanse incapaces de viviren en sociedade acatando as normas xa que a necesidade de consumilas é tan forte que os que sofren o denominado “mono” poden chegar a roubar, mentir ou enfrontar ás súas familias para conseguir cartos para mercalas así como atracar ou asasinar. O mundo que xira arredor das drogas é inmenso e economicamente moi rendíbel, tendo tamén que citar a violencia que vai dende as plantacións nos países produtores, as “mulas” que utilizan as mafias para o contrabando ou as pelexas entre 15


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

camelos e os distintos cárteles. Se vos semella moi distante isto seguro que coñecedes os numeros cárteles que durante os 80 e 90 foron nados nas nosas vilas costeiras para introducila a Europa polos nosos portos, ou a revolta e as manifestacións que fixeron AS NAIS DA DROGA contra eses mesmos cárteles que facían dependentes aos seus fillos.

AGUMENTO SOCIOLÓXICO: A REALIDADE DOS ERASMUS “Só hai un ben: o coñecemento. Só hai un mal: a ignorancia” velaí unha famosa cita do filósofo Sócrates, na que podemos ver reflectida a súa ansia de expander o coñecemento e de facelo necesario para todos os pobos; nisto mesmo estarían pensando os políticos e burócratas europeos cando en 1987 crearon o programa ERASMUS sendo mellorado e ampliado co programa SOCRATES no 1995. Segundo a teoría, estes sucesivos programas pretendían ofrecer axuda para a realización dunha ampla gama de actividades destinadas a mellorar a cooperación europea no sector do ensino superior contribuíndo con iso a aumentar a calidade dos recursos humanos en todos os países participantes. Fai fincapé na mobilidade de estudantes, profesores así como nun determinado número de actividades destinadas a mellorar os programas de estudos e a desenvolver estudos novos e innovadores a través da cooperación transnacional; mais caros contertulios e público, nós podemos demostras que isto non é así, vexamos:

Todos os anos saen un feixe de noticias en todos os medios de comunicación contando como algún mozo que supostamente veu estudar e a formarse mellor e a coñecer unha cultura diferente a do seu país remata cun coma etílico, ferido nunha pelexa, morto polas súas propias imprudencias… isto amósanos como dexenerou o espirito deste programa, agora o sinónimo que hai na mocidade para ir de ERASMUS é ir de troula, de esmorga, de festa rachada por Europa adiante, lonxe dos pais e sen control ningún, o de estudar quedou relegado até tal punto que moitos dos mozos que marchan de ERASMUS quitan unha notas inferiores as que quitaban cando estudaban no seu país de orixe custándolles retomar o curso tras o ano no estranxeiro. Se vós semella que isto non é así temos unha nova bastante recente a do mozo checo que morreu afogado nas augas da Praia do Orzán cando se propuña bañar nu xunto con outros compañeiros trala inxesta de alcol nos pubs da zona; o descontrol que levan os erasmus por se sentiren ceibes ao estaren lonxe das súas casas pódelles saír caro aos gobernos dos países receptores porque 16


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA UN MODELO MÁIS INDIVIDUALISTA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

neste incidente na praia do Orzán morreron varios policías intentando socorrer o mozo, ademais dos gastos económicos que levou consigo a busca do corpo con lanchas e helicópteros por mor de que saíron con mar aberto.

Nós pensamos que sería necesario dicir que consideramos os ERASMUS como unhas actividades elitistas, xa que moitas veces as bolsas para realizaren estas actividades cobren só unha parte moi pequena do que sería unha vida nun país durante un ano, tendo que ser o resto posto polo estudante. Péchae así as portas a moitos mozos con pais que non contan con recursos dabondo como para manteren o seu fillo un ano enteiro lonxe da casa.

Por todo isto pensamos que os ERASMUS están moi lonxe do ideal orixinario polo que foron creados tornando en ferramentas para a desigualdade entre os mozos e os excesos dos mesmos ao se sentiren impunes e ceibes de máis repercutindo negativamente na sociedade.

17


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: BIBLIOGRAFÍA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

FONTES - BIBLIOGRAFÍA:

ARGUMENTO HISTÓRICO: A XUVENTUDE DO CAMBIO 

Mayo 1968: un ensayo general (selección) Daniel Bensaïd y Henri Weber, Ediciones Era.

José Afonso: A voz da revolución.

ARGUMENTO DEPORTIVO: XOGOS OLÍMPICOS DA XUVENTUDE 

Páxina oficial dos Xogos Olímpicos do ano 2010 en Singapore http://www.singapore2010.sg/public/sg2010/en.html

Páxina de deportes Terra: http://deportesmx.terra.com.mx/rumbo-a-2012/juegosolimpicos-juventud-invierno/ultimasnoticias/0,,EI19571,00.html

Noticia Festival Internacional de Xadrez, Orense http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Pequenos/genios/jaque/elpepiautgal/20111031elp gal_13/Tes

Noticia no Marca, Iván Salgado: http://www.marca.com/2010/03/18/mas_deportes/ajedrez/1268900632.html

ARGUMENTO CULTURAL: MARATÓN DE DEBUXO GLOBALIZADO 

Páxina do movemento: http://www.sketchcrawl.com/forum/viewtopic.php?f=58&t=7055

La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/01/22/dibujoconecta-ourensemundo/0003_201201O22C16991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz& idioma=galego 18


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: BIBLIOGRAFÍA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/10/12/dibujos-callejerosvender-ourense/587665.html

Rtvcyl: http://www.rtvcyl.es/Noticia/0510E990-B9F8-B7150DA04B7DCF9E953C/gusta/dibujar/unete/sketchcrawl

Blog Colectivo Valladoliz: http://espaciojovenvalladolid.blogspot.com/2012/01/34-thsketchcrawl-v-maraton-de-dibujo.html

ARGUMENTO SOCIAL-ESCOLAR: PARTICIPACIÓN NA ESCOLA 

Web do grupo Lúa: www.luadixital.blogspot.com

Web do Colexio Plurilingüe Divina Pastora: www.colexiodivinapastora.com

Experiencia dos participantes.

ARGUMENTO FILOLÓXICO: DEFENSA DO GALEGO 

Web do Colexio Plurilingüe Divina Pastora: www.colexiodivinapastora.com

EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora:http://www.blogoteca.com/1827/index.php

Webs en prol do galego: · www.blogaliza.org · www.blogoteca.com

Web das Ciberirmandades da Fala: http://www.ciberirmandade.org

ARGUMENTO CULTURAL: COS DEMAIS E CO MEDIO 

Páxina de amencer: : http://www.amencer.org/

ARGUMENTO LITERARIO EN CONTRA: MOCIDADE NADA 

O propio libro en si.

Fonte gráfica: Existencia de vídeos na rede ("YouTube") sobre o tema e a autora. 19


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: BIBLIOGRAFÍA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

ARGUMENTO DEPORTIVO: NO LADO ESCURO DO DEPORTE 

Asociación Aragonesa de Trastornos da Conducta Alimentaria: http://www.arbada.org/TCA.htm

http://adigital.pntic.mec.es/~crietalb/ponencia.htm

http://www.mundoatletismo.com/Sit e/downloads/vigorexia.pdf

ARGUMENTO SOCIAL: O IMPORTANTE É O NOSO. 

http://r-evolutionpunk.blogspot.com/2011/02/casa-do-vento-nuevo-centro-social.html

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/okupas/desalojados/Santiago/libertad/declarar/jue z/elpepuespgal/20111124elpgal_13/Tes

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/23/galicia/1322044463.html

http://es.wikiquote.org/wiki/Piotr_Kropotkin

ARGUMENTO SOCIAL: ACTITUDES POR IMITACIÓN. 

Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=DfubluHoG9E&feature=player_embedded

NAPCAN: http://www.napcan.org.au/

Revista Accident Analysis & Prevention: http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0001457511001783

http://salud.univision.com/es/salud-de-los-adolescentes/los-j%C3%B3venes-beben-porimitaci%C3%B3n

20


A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: BIBLIOGRAFÍA Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense

ARGUMENTO SOCIOLÓXICO: O PODER DOS ESTUPEFACENTES 

http://www.publispain.com/drogas/historia_drogas_antiguedad.html

21


DSS