Issuu on Google+

L’angolo del nostalgico: gli oggetti dimenticati Título: L’angolo del nostalgico: gli oggetti dimenticati Nivel Educativo: A2 Recursos necesarios: ordenador, Internet, Issuu Contidos a tratar  Léxico básico relacionado cos aparellos electrónicos.  Contraste entre o imperfecto e o presente de indicativo.  Describir e comparar hábitos do pasado e do presente.  Conectivos temporais: prima, adesso, ai giorni nostri, negli anni 80 ....  Expresión de sentimentos. Procedemento a seguir Despois de ter traballado na clase unha unidade sobre o uso de aparellos electrónicos habituais (ipod, tablet ....) e outra sobre a infancia e a descrición de hábitos do pasado, o profesor amosa na clase e almacena en Google Drive un breve texto de exemplo no que fala dun obxecto que empregaba no pasado e que agora xa no usa (a carta tradicional, un disket de ordenador ....) e pon en evidencia as estructuras e o léxico relevante. En segundo lugar, divide os alumnos por parellas (podería ser interesante emparellar os alumnos con idades semellantes). Cada parella ten que elaborar un documento similar no que se fale dun obxecto, un aparello o un hábito do pasado e unha imaxe representativa (ilustración ou fotografía propia) e subilo a Google Drive. Por último, unha vez que o profesor revisou todos os textos, crea un documento PDF común e publícao en Issuu.


Modulo 4 tarefa 4 angolo del nostalgico