Page 1

AS ÁRBORES ALIMENTAN Senteime baixo a pereira e deume unha pera. Senteime baixo a ameixeira e deume unha ameixa. Senteime baixo a figueira e deume un figo. Senteime baixo a cerdeira e deume unha cereixa. Senteime baixo a maceira e deume unha mazá. Senteime baixo un pexegueiro e deume un pexego. Senteime baixo un carballo e deume tanta alegría que comín peras cereixas e figos, ameixas , mazás e pexegos todo o día.

CARLOS FONTES: POEMAS CON PIRULETA. EDIT. TARTARUGA


AS ÁRBORES DA FRAGA Estaba o acivro de garda na fraga pasou o carballo e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto a porta a petar, o acivro de garda non o deixou pasar

Entrou o bidueiro e mais o salgueiro tamén o cerquiño e o ameneiro.

Pasou o pradario seguido do freixo tamén a abelaira e o castiñeiro.


Logo entrou o buxo e mais a sobreira despois veu a faia xunto coa elmeira.

Vaite eucalipto non insistas máis que aquí na fraga non podes entrar. Cd: Cancións para Antía de Fol do vento


O ESQUÍO Vive nun carballo vai de póla en póla recolle bugallos xoga a Mariola.

Visita a un veciño que hai nun castiñeiro porque vai velliño e anda algo tristeiro.

A noiva do esquío vive nunha abraira, dalle ela abelás e él lévalle landras. CD: Abracadabras do grupo Pirilampo


A UN OLMO SECO Al olmo viejo, podrido por el rayo y en su mitad podrido, con las lluvias de abril y el sol de mayo algunas hojas verdes le han salido. ¡El olmo centenario en la colina que lame el Duero! Un musgo amarillento le mancha la corteza blanquecina al tronco carcomido y polvoriento. No será, cual los álamos cantores que guardan el camino y la ribera, habitado de pardos ruiseñores. Ejército de hormigas en hilera va trepando por él, y en sus entrañas urden sus telas grises las arañas. Antes que te derribe, olmo del Duero, con su hacha el leñador, y el carpintero te convierta en melena de campana, lanza de carro o yugo de carreta; antes que rojo en el hogar, mañana, ardas, de alguna mísera caseta, al borde de un camino; antes que te descuaje un torbellino y tronche el soplo de las sierras blancas; antes que el río hasta la mar te empuje por valles y barrancas, olmo, quiero anotar en mi cartera la gracia de tu rama verdecida. Mi corazòn espera también, hacia la luz y hacia la vida, otro milagro de la primavera. Antonio Machado


Poema A un cerezo yo subí donde cerezas había yo cerezas no cogí, y cerezas no dejé. ¿ Cuántas cerezas hallé? Bukowski


ÁLAMO BLANCO

Arriba canta el pájaro abajo canta el agua (arriba y abajo se me abre el alma).

Entre dos melodías la columna de plata. hoja, pájaro, estrella; baja flor, raíz, agua.

Entre dos conmociones la columna de plata. (y tu, tronco ideal, entre mi alma y mi alma).

Mece a la estrella el trino, la onda a la flor baja. (abajo y arriba me tiembla el alma) Juan Ramón Jiménez


EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO

El lagarto y la lagarta con delantalitos blancos.

Han perdido sin querer su anillo de desposados.

¡Ay su anillito de plomo, Ay su anillito plomado!

Un cielo grande y sin gente monta en su globo a los pájaros.

El sol capitán redondo, lleva un chaleco de raso.

¡Miradlos que viejos son! ¡que viejos son los lagartos!

¡Ay como lloran y lloran! ¡Ay, ay como están llorando!. Federico García Lorca


EN UN TROZO DE PAPEL En un trozo de papel con un simple lapicero yo tracé uhna escalerita tachonada de luceros.

Hermosas estrellas de oro. de plata no había ninguna yo quería una escalera para subir a la luna

Para subir a la luna y secarle sus ojitos no me valen los luceros como humildes peldañitos. ¿Será porque son dorados en un cielo azul añil? Solo sé que no me sirven para llegar hasta allí. Estrellitas y luceros pintados con mucho amor, ¡quiero subir a la luna y llenarla de color! Antonio García Teijeiro


A amante nunca ten dentes postizos graus no nariz pelos nas coxas gorduras nos cadrís. Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir. O poeta ama a perfección non te ama a ti. Es idealización mito metáfora da metáfora. De non seres perfecta como te amarían? MARIA XOSÉ QUEIZÁN


TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Que está comigo a esperanza, fiando, fía que fía… Ela fía i eu confío no albor do novo día.

Celso Emilio Ferreiro


A VELLA DO CANDIL

A vella do candil sae todas as noites cunha luceciña alumeando todas as casa dos arredores.

Ela é un misterio que todos investigan pero á vella non lle interesa o que os cidadáns digan.

Polas mañás ben cedo quédase quieta frente á ventá e a xente pregúntase que é o que a vella mirará. Carmen Costas


COUSAS DO LOBO Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca… Uxío Novoneyra UUUU


NEGRA SOMBRA Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Rosalía de Castro

recital  

Escolma de poesías para nenos