Page 1

O pastor e o raposo Unha vez era un pastor, e o raposo comíalle as ovellas todas. O pastor xa non sabía como había de facer, así que chamou polo raposo e díxolle: —Mira, raposo, ti e máis eu non podemos seguir así. Propóñoche un trato. —¿Que trato é? — preguntou o raposo. —A ver logo. Eu sei que a ti che gustan máis as galiñas que as ovellas, ¿nonsí? —Home, para que o vou negar... Pero as galiñas telas gardadiñas na casa, e as ovellas téñoas máis á man no monte. —Pois mira. Se ti non me comes máis ovellas, eu tráioche da casa un saco cheo de galiñas das máis gordas que teño. O raposo lambía o fuciño moi contento, pensando nas galiñas, e dixo: —¡Trato feito! Pero mira ben que mas vaias traer, porque se non mas traes... —Non te preocupes, ho, que mañá á primeira hora xa as tes aquí. O pastor marchou para a casa. Á mañá seguinte encheu un saco de cans e volveu ó monte. O raposo xa o estaba agardando, e preguntoulle ó pastor: —¿Que? ¿Traes aí o que me prometiches? —¡Traio, ho! Aquí te-las galiñas que che prometín. E puxo no chan o saco cheo de cans. O raposo achegou o fuciño ó saco para ver se lle ulía ben. E dixo: —Ai, galiñas serán, pero a min cheirar... ¡chéiranme a can! Pero o raposo tiña gana de ve-las galiñas, e abriu o saco. Entón os cans botaron a correr atrás del... ¡e disque o raposo aínda está correndo hoxe!


Os consellos do corvo Un corvo vello, antes de saca-los fillos do niño, dáballes algúns consellos, para que soubesen andar polo mundo sen perigo. Dicíalles: —Mirade, cando vexades vir un home, escapade, porque se vos colle pódevos matar. Se vedes que trae un pau furado, o que os homes chaman unha escopeta, escapade aínda que estea lonxe. Se vedes que se baixa para coller unha pedra, escapade tamén aínda que estea lonxe. Nisto falou un dos corviños e preguntoulle ó pai: —¿E se trae a pedra no peto? E contestoulle o pai: —Ti pódeste ir, que xa sabes andar so.

La gallina de los huevos de oro (V, 6) Érase una Gallina que ponía un huevo de oro al dueño cada día. Aun con tanta ganancia mal contento, quiso el rico avariento descubrir de una vez la mina de oro, y hallar en menos tiempo más tesoro. Matola; abriole el vientre de contado. Pero, después de haberla registrado, ¿qué sucedió? Que, muerta la Gallina, perdió su huevo de oro y no halló mina. ¡Cuántos hay que, teniendo lo bastante, enriquecerse quieren al instante, abrazando proyectos, a veces de tan rápidos efectos, que solo en pocos meses, cuando se contemplaban ya marqueses, contando sus millones, se vieron en la calle sin calzones!


O VELLOE MAILA MORTE Ele era un vello, moi velliño, que tiñalle gañado moito medo a morte, e tanto era o que cavilaba como viría e a que hora podería chegar, que disque nen tiña xor, nen era vivir como ele vivía.

Un día que estaba tomando o sol sentado nun tallo na porta da casa, sen ele saber de onde, chegou un fato de crianciños berrando e rindo coas suasbrincadeiras; e daquela o vello que non facía senón cavilar sempre no mesmo, tivo unha boa ideia; quixo comprender que era o millor pra bulral-a morte, e come o que acorda dun sono , fixo: -Aoot!- Ergueusedo seu asento, e arrastando nos pés, todo engruñado, que milloro non podía facer, meteuse amodiño na casa. Cando voltou pra fora, traia a cacha pelada e queria somellar no seu vestir como se fose un neniño; meteuse entromeio dos criancios a brincar coma eles aos emborcallóns, e sintiuse felís; a <<pelada >>xa non viría para o levar, que era como un mais antre tanto neno, e a morte anda sempre na precura dos vellos Decorreu algún tempo, e unha ves que andaban todos a brincar, chegou a morte pelada coa sua gadaña e lle non tiraba os ollos de riba ao probe do vello; e, encabo, acenoulle, mas ele que miraba de esguello, fixo que a non vía, e daquela, vaise a morte, botoulle uhna man a un hombreiro e turrando por ele dislle: -Vi acó rapáz. -Qué é o que quer, siñora?—-fixo o vello falando como un crianzo. -E logo, sacáronche o pelo? -E, sacaron, si siñora. -E quen foi que cho sacou? -A nanaie… -Boeno, hom,, boeno; …pois, mira: tés que vir conmigo… -E como vai sere eso ? -Dicireicho xa que o queres saber. Tí xa sabesque eu levo sempre conmigo aos vellos, non sí ? Pois tantos levei que xa non queren que leve mais, e daquela, fun, e dixenme eu, agora será ben que leve algún anxeliño, e voute levar a ti…-. E levouno. CANTIGASTRADICIONAIS:

FIXENA CAMA NO MONTE Fixen a cama no monte, a cabeceira na pedra, ríome de ti, meniña, agora vaite a la mierda.


A MOZA QUEÉ CALADIÑA

A moza que é caladiña e non di mal de ninguén, canto máis baixinho mira tanto máis amores ten. Fonte:Arquivo “Fillos de Galicia” publicado por Juan Manuel Fernández

QUENFALA DEMIN, QUENFALA Quen fala de mín, quen fala, quen fala de mín quen é. Será algún zapato vello que non me sirve no pé.

UNHA VELLA DÍXOLLEA OUTRA Unha vella díxolle á outra por un burato da porta, ti goberna a túa vida ca miña nada che importa.

MIÑA NAI COMOE TAN POBRE Miña nai como é tan pobre cando non ten que me dar, éncheme a cara de bicos e despois ponse a chorar


RECITADOSDIALOGADOS:

As túas cabras foron á miña viña - As túas cabras foron á miña viña. - E as túas, á miña. -¿E por onde subiron? - Pola escaleiriña arriba. - ¿E por onde baixaron? - Pola escaleiriña abaixo. - ¿Queres que vaiamos a un preito co rabo dereito? - Si. Margarita Fernández, de Bermés – Lalín

O teu galo foi á miña viña - O teu galo foi á miña viña. - E o teu, á miña - ¿Quen o mirou? - Unha rapariguiña. - ¿E por onde o mirou? - Por unha xaneliña. - Vamos berrar ó camiño. - ¿Ás secas ou ás molladas?

Chucuruchú, ¿onde vai a vella? - Chucuruchú, ¿onde vai a vella? - Chucuruchú, a Redondela. - Chucuruchú, ¿que foi facer? - Chucuruchú, buscar o sal. - Chucuruchú, ¿para que serve o sal? - Chucuruchú, para facer o caldo. - Chucuruchú, ¿para que é o caldo? - Chucuruchú, para lle dar ó can. - Chucuruchú, ¿para que é o can? - Chucuruchú, para gardar a vaca. - Chucuruchú, ¿para que é a vaca? - Chucuruchú, para dar o leite. - Chucuruchú, ¿para que é o leite? - Chucuruchú, para lle dar ó gato. - Chucuruchú, ¿para que é o gato? - Chucuruchú, para comer o rato. - Chucuruchú, ¿para que é o rato? - Chucuruchú, para rillar o fol. - Chucuruchú, ¿para que é o fol? - Chucuruchú, para gardar o gran. - Chucuruchú, ¿para que é o gran? - Chucuruchú, para facer o pan. - Chucuruchú, ¿para que é o pan? - Chucuruchú, para lle dar ó cura. - Chucuruchú, ¿para que é o cura? - Chucuruchú, para dicir a misa. - Chucuruchú, ¿para que é a misa? - Chucuruchú, para nos salvar.


Mª Celeste Carrera Domínguez

¿Queres caldo, Bernaldo? - ¿Queres caldo, Bernaldo? - Non, señor, que me escaldo. - ¿E queres touciño? - Non, señor, que me pela o “fuciño". Manuel Cabada Castro, de Sabucedo (recollido de Angelita Obelleiro)

Abre os olliños, Xan - Abre os olliños, Xan, que che vén Deus a ver, coa cunquiña de sopas. - ¡Veña Deus ou veña o Diaño, eu os ollos non os abro! Mª Carmen Armental, de Boiro

¿Onde está o gatiño? - ¿Onde está o gatiño? - Na ventaíña. - ¿E que come? - Pan e sardiña. - ¿Imos a un preito? - ¡Co rabo dereito! Rosa, de Vilanova de Arousa

¿Que hai por dentro? -¿Que hai por dentro? - Pan barolento. - ¿Que hai por fóra? - Pan de Riola. - Vamos tocar un pouquiño a “funfurriñola”. O que ría leva na cachola. Zé Pomar de Cariño


¿Que hai naquel tellado? Escóitao - ¿Que hai naquel tellado? - Un gato esfolado. - ¿Que hai naquela artesa? - Unha vella tesa. - ¿Que hai naquela escaleira? - Unha vella peideira. - ¿Que hai naquela buratiña? - Unha campaíña. - ¿E como fai? - Tin, tilintín, tin, tilintín, tin.

¿Que é este? - ¿Que é este? - Arca cerrada. - ¿Que ten dentro? - Masa amasada. - ¿Quen a amasou? - Un ratiño co rabo da aixada. - Vamos debandar que o que máis ría máis ha de pagar. M. Barrio - Cuevillas: “Parroquia de Velle”. Seminario de Estudos Galegos.

Contos populares  

Selección de relatos,recitados e poemas dialogados de tradicion oral

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you