Page 1

All these questions lead us directly to translation and its context, namely paratranslation. From everyday activities to new technologies, from televised products to literature and social imagery. Translation and paratranslation make up one of the key elements when describing and analysing cultural phenomena that are permeable, mixable, and crossbreed. However, such information traffic, which in a sizeable part escapes individual and group control, generates distortions, paradoxes and resistance to the constant transformation process that cultural systems are faced with. After all, culture and translation cannot be reduced to just language. We seem to carry a “portable culture” wherever we go and it is both within and on top of our heads. It is not closed, it gets impregnated by its own context, and it creates friction but also provides understanding. In short, translation events are immense networks of information that are difficult to shape. It therefore becomes essential to venture out of certainty and delve into an unexplored and fully transdisciplinary field. In this sense, Soldando sal presents a set of essays that try to interrogate and reveal the capacity of translation in its widest sense, within the privileged role it plays in cultural transformation, in areas that are completely unrelated (politics, TV, comparative literature, informatics, terminology, music, migration,…). The current volume initiates some of the cartographic intersections of future Galician translation studies.

www.estudosgalegos.org

Soldando sal. Galician Studies in Translation & Paratranslation

Have you ever wondered whether there are differences between the same soap opera broadcasted in South America and the dubbed version broadcasted in Galicia? Can we access Anglo-Saxon literature a lot more easily than classical authors from Indian literature? What do countries like France or the U.K. think of us when they listen to Galician music? Would Calígula by Camus be the same in Galician as its French version? Are we facing “parallel universes”? Do translated products have a shelf life just like the geopolitical bonds to which they are related? Does Galicia belong to the Portuguese speaking world? Is it possible for somebody like Albert Einstein to become a marketing agent to sell us a car? How did specialised terms like DNA and RNA, amongst others, become colloquial terms? In what way did Galician emigration contribute to Cuban cultural legacy? And what did returning emigrants bring back from there? And finally, how is the software that you use in your computer localised and furthermore, how is text transformed into voice?

Algunha vez pensou en se haberá diferenzas entre unha telenovela emitida en Sudamérica e a súa versión dobrada en Galicia? En se accedemos á literatura anglosaxoa con máis facilidade ca ós clásicos da literatura da India? En como nos imaxinan países como Francia ou Inglaterra cando escoitan música galega? En se o Calígula de Camus en galego terá algo que ver coa súa versión en francés? Non estaremos ante ‘universos paralelos’? Caducan algunha vez os produtos traducidos, así como caducaron os vencellos xeopolíticos aos que estaban asociados? Pertence Galicia á Lusofonía? É posible que un Albert Einstein se transforme nun axente publicitario para nos vender un coche? De que xeito termos especializados –ADN ou ARN, entre outros– puideron coloquializarse? De que maneira a emigración galega contribuíu ao legado cultural cubano? Que trouxeron de aló os retornados? Ou, finalmente, como se ‘localiza’ o software que emprega no seu ordenador e de que modo se transforma o texto en voz? Todo este nobelo de preguntas leva directamen -te á tradución e ao seu contexto, a paratradución: dende os actos máis cotiáns ata os relacionados coas novas tecnoloxías, dende os produtos televisivos ata a literatura ou o imaxinario social. A tradución e a paratradución constitúen unha das pezas chave para describir e analizar os fenómenos culturais na súa condición permeable, mesturada e mestiza. Con todo, este tráfico de información, que foxe do control individual e colectivo en boa parte, xera distorsións, paradoxos e resistencias ás constantes transformacións dos sistemas culturais. Ao final, cultura e tradución non son reducibles á lingua. Por onde imos levamos unha ‘cultura portátil’, dentro e enriba da cabeza. Non está pechada, vaise impregnando do seu contexto, o que ocasiona rozaduras pero tamén entendementos. En conclusión: os acontecementos tradutivos son redes inmensas de información difíciles de contornar. Faise indispensable saír do abeiro das certezas e pór os pés en terreo inexplorado e netamente transdisciplinar. Neste sentido, Soldando sal presenta un brazado de ensaios que tentan interrogar e desvelar a capacidade da tradución, en sentido amplo, no papel privilexiado que ten na transformación cultural, dende áreas de traballo dispares (política, TV, literatura comparada, informática, terminoloxía, música, migración,…). Centrados nalgunhas destas interseccións, os traballos aquí compilados inician unha cartografía, inda por deseñar, dos estudos galegos de tradución.

Soldando Sal  

Have you ever wondered whether there are differences between the same soap opera broadcasted in South America and the dubbed version broadca...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you