Issuu on Google+

XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Repaso 1

Tema 1 REPASO DOS COÑECEMENTOS PREVIOS NECESARIOS PARA ENTENDER A REPRODUCIÓN DE PLANTAS POR SEMENTE 1 2

CONCEPTO DE REPRODUCCIÓN E DE MULTIPLICACIÓN ....................................................................1 REPRODUCCIÓN SEXUAL ................................................................................................................................1 2.1 ESTRUCTURA DA FLOR .........................................................................................................................2 2.2 SEXUALIDADE DA FLOR........................................................................................................................5 2.3 A POLINIZACIÓN .....................................................................................................................................5 2.4 FECUNDACIÓN..........................................................................................................................................8 2.4.1 ESTRUCTURA DO ÓVULO ...................................................................................................................9 2.4.2 ESTRUCTURA DO GRAO DE POLEN.................................................................................................9 2.4.3 FECUNDACIÓN EN XIMNOSPERMAS .............................................................................................10 2.4.4 TRANSFORMACIÓN POSTERIORES.................................................................................................10 2.5 VANTAXES E INCONVENIENTES DA REPRODUCCIÓN SEXUAL ...........................................10 2.6 APLICACIÓNS..........................................................................................................................................11 3 DEFINICIÓN DE SEMENTE. ...........................................................................................................................11 3.1 ESTRUCTURA BÁSICA DE SEMENTE..............................................................................................12 3.2 DESENROLO DAS SEMENTES ...........................................................................................................13 3.3 DISEMINACIÓN DE SEMENTES ........................................................................................................13 3.4 XERMINACIÓN DE SEMENTES.........................................................................................................14

1

CONCEPTO DE REPRODUCCIÓN E DE MULTIPLICACIÓN

A reproducción consite na capacidade dos seres vivos para producir seres semellantes a eles para a súa perpetuación no espacio e no tempo Cando falamos de reproducción e multiplicación estamos referíndonos a un proceso que implica a formación de novas plantas, pero a nivel práctico utilízanse estes conceptos dunha forma particular. Reproducción é un termo usado sobre todo cando nos referimos á reproducción sexual, e o de multiplicación cando nos referimos á reproducción asexual ou vexetativa. REPRODUCCIÓN ASEXUAL, MULTIPLICACIÓN VEXETATIVA ou de forma máis común simplemente multiplicación é a forma que teñen os vexetais de producir novos individuos sen intervención de gametos sexuais, senón por outros métodos permitindo que a partir dunha parte dun vexetal (raíz, talo, follas, xemas, explanto...) se poida formar unha nova planta completa. A multiplicación vexetativa ou reproducción asexual ocorre por divisións mitóticas, sen que se fusionen gametos dando lugar por tanto a seres idénticos a aqueles dos que proceden. REPRODUCCIÓN SEXUAL, ou en termos prácticos reproducción é a forma que teñen os vexetais de perpetuarse mediante a producción de sementes, é dicir e a unión dun gameto masculino con outro feminino (intercambio de material xenético) para que se produza a fecundación e posterior formación dunha semente que, en condicións axeitadas, dará lugar á unha nova planta. A súa importancia débese á combinación (no novo ser) da combinación dos caracteres do pai e da nai, resultando diferente xeneticamente a ámbolos dous.

2

REPRODUCCIÓN SEXUAL

A reproducción sexual asegura a conservación dos caracteres xenéricos e específicos (é dicir, son individuos que comparten características xenéticas procedentes de ambos proxenitores). Desta forma subministrase a variabilidade xenética necesaria para a adaptación continua dunha especie ó seu medio ambiente. Pola contra o rango varietal, con este tipo de multiplicación, é heteroxéneo, salvo os híbridos F1 e nas razas puras. A formación das sementes é esencial para a supervivencia da maioría das especies vexetais. Na reproducción sexual a flor é o órgano que da orixe ás sementes, das que van nacer as novas plantas. Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Repaso 2

O punto principal da reproducción sexual é a FECUNDACIÓN, é dicir, a unión das células sexuais masculina e feminina, tamén denominadas GAMETOS, para formar o denominado ZIGOTO, que dará lugar a un embrión a partir do cal se orixinará unha nova planta. Para que a partir das células somáticas se orixinen gametos ten que ocorrer, nalgún momento do ciclo vital, unha división reducional ou MEIOSIS que produce, a partir de cada célula nai catro células fillas cun número de cromosomas reducido á metade (número gamético). Se esto non sucedese e os gametos tiveran o mesmo número de cromosomas que as células somáticas ou vexetativas, o número dos mesmos iría duplicándose con cada fecundación

2.1

ESTRUCTURA DA FLOR A flor é un gromo especial para a reproducción. Consta de: CÁLIZ (envoltura máis exterior, formada por follas recias, normalmente verdes chamadas SEPALOS, que tamén poden ser coloreados denominados PETALOIDES). A súa función é de protección. ƒ COROLA (formada por follas finas coloreadas denominadas PÉTALOS). ƒ ESTAMES u órgano masculino da flor. Están formados por unha parte alongada denominada FILAMENTO terminada nunha especie de maza denominada ANTERA. O filamento pode ser moi longo, curto ou faltar (anteras sésiles), xeralmente é filiforme pero pode ser groso, incluso petaloide e pode estar provisto de apéndices. As anteras son a parte fértil do estambre, xeralmente cada antera está dividida en dúas metades ou tecas (pero pode ser unha soa ou tres) e no interior están os GRAOS DE POLE, de tamaño microscópico e que son os elementos reproductores masculinos. O conxunto de estames dunha flor recibe o nome de ANDROCEO. Despois da maduración dos graos de pole, prodúcese a dehiscencia ou apertura da antera para deixar salir o pole. O número de estambres é moi variable. Moitas veces as flores e incluso as inflorescencias adoptan forma de cepillos, con perianto reducido e, entón, son os estambres a parte atractiva ou chamativa da flor. ƒ

ƒ

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Acacia caven ƒ

ƒ

Repaso 3

Callistemon rigidus

XINECEO, formado polos CARPELOS u órgano feminino da flor. Tamén reciben o nome de PISTILO. Están formados por : OVARIO con forma abultada e no seu interior están os ÓVULOS, que son os elementos reproductores femininos; ESTILO e ESTIGMA, situado na parte terminal do estilo, que está constituído por un tecido glandurar especializado para a recpeción dos grados do pole. Na maioría das ximnospermas os carpelos son abertos e libres e limítanse a soportar os óvulos. Non se forma unha cavidade ovárica, non se diferencia o estilo ni o estigma e os óvulos están expostos ou espidos.

Esquema de cono feminino e bráctea tectriz con carpelo e óvulo

ƒ

Nas anxiospermas (angios: vaso, alude á cavidade ovárica) o xineceo consta de 1 ou máis carpelos ou follas carpelares que forman unha cavidade: o ovario, dentro da que quedan protexidos os óvulos ou primordios seminais. O ovario protexe os primordios seminas contra a desecación e ataque dos insectos polinizadores. Por outra banda impide que o pole chegue directamente ós óvulos, de forma que a extremidad da folla carpelar se diferencia en estigma para recibir os graos de pole.

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Repaso 4

Tubo floral en corte lonxitudinall de flor perígina de Prunus

ƒ

O estilo é de lonxitude variable, dende menos de 0,5 mm (estigma subsésil) ata máis de 30 cm en certas variedades de millo. Xeralmente nace no ápice do ovario, pero pode ser lateral ou nacer aparentemente na base.

O ESTILO Estilo de Gloriosa rotschildiana

Pistilo con 3 estilos e 3 estigmas en Turnera orientalis

, Estilos de Zea mays

ƒ

O estigma ten forma varible: plumoso, en cabeza, trilobado...Ten particularidades estructurais que permiten a xerminación do pole e o desenrolo do tubo polínico que chegará ata os óvulos.

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

O ESTIGMA Estigma petaloide de Canna indica

Estigma capitado en Poncirus trifoliata

Repaso 5

ƒ No ovario desenrólanse os óvulos que nacen sobre as placentas situadas na cara interna do carpelo. Os óvulos son de tamaño reducido, de poucos milímetros e xeralmente de forma ovoide.

Estigma pentalobado de Brachychiton populneum

Corte lonxitudinal de ovario ínfero de Narcissus ƒ

ƒ ƒ

SEXUALIDADE DA FLOR

2.2

ƒ

2.3

Estes catro órganos saen dunha porción ensanchada denominada RECEPTÁCULO FLORAL situado no extremo do pedúnculo floral. As flores sen pedúnculo denomínanse sentadas. Dos órganos da flor, só os estames e pistilos, operan directamente na reproducción sexual. A flor que posúe os catro órganos florais denomínase COMPLETA, si falta algún é INCOMPLETA. Si faltan cáliz e corola a flor denomínase ESPIDA.

Está relacionada cos verticilos reproductivos presentes na flor. As variantes son: ƒ Flor monoclina, perfecta, hermafrodita ou bisexual: ten androceo e xineceo (ESTAMBRES E CARPELOS) ƒ Flor diclina, imperfecta ou unisexual: a flor ten só un verticilo reproductivo, pode ser estaminada ou masculina e pistilada ou feminina. Neste caso pódense distinguir dous tipos de plantas:Plantas monoicas: con flores masculinas e femininas no mesmo pé. Plantas dioicas:Con dúas clases de individuos: pés femininos e pés masculinos. Flor neutra: e a que non presenta verticilos reproductivos, só ten perianto. Atópase na periferia de inflorescencias. Ex.- a hortensia (Hydrangea), e as flores liguladas dos capítulos de moitas compostas como o xirasol, a margarida.... A POLINIZACIÓN A polinización é o transporte dos graos de pole dende os sacos polínicos das anteras ata o micropilo dos óvulos en ximnospermas e ata o estigma nas anxiospermas Nas flores hermafroditas, este pole pode proceder da mesma flor ou de outra da mesma planta denominándose AUTOPOLINIZACIÓN ou AUTOFECUNDACIÓN. Cando o pole procede da flor doutra planta denomínase POLINIZACIÓN CRUZADA OU FECUNDACIÓN CRUZADA. A autofecundación da unhas maiores probabilidades de fertilización, e é moi frecuente. Nas especies que Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Repaso 6

precisan polinización cruzada, a fertilización depende de factores externos tales como condicións ambientais, actividade dos insectos, etc... polo que en condicións desfavorables a producción de sementes pode ser moi baixa. Dicimos que a fecundación é autógama cando o pole que fecunda o óvulo procede dos estames da mesma flor (flores hermafroditas), pola contra dicimos que é alógama cando o pole procede dos estames doutra flor, ben sexa da mesma planta ou doutro pe diferente

Autopolinización en Cichorium intybus

Lilium martagon: estilo móbil (Autopolinización)

As vantaxes da alogamia radican na producción de novas combinacións xenéticas na poboación, que aseguran a variabilidade da especie e, en consecuencia, a posibilidade de sobrevivir ós cambios do medio ambiente. Por eso algunhas plantas desenrolan numerosas adaptación florais para favorecer a alogamia, como a separación espacial e temporal dos sexos e outras. Os estambres e estigmas dunha mesma flor non acadan ó mesmo tempo a madurez para a polinización. Si os estambres maduran antes, a flor funciona primeiro como unha flor masculina e logo como feminina. Esto favorece a alogamia. Cando o xineceo madura antes que o androceo, as flores funcionan primeiro como femininas e logo como masculinas. Este caso é menos frecuente

Dicotomia en Magnolia grandiflora

Dicogamaia en Agave

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

ƒ ƒ ƒ

ƒ

Repaso 7

Normalmente o pole pasa de flor en flor por medio do vento, dos insectos, outros animais, a auga ou combinacións delas. Cada especie sole estar adaptada a un ou outro medio de polinización. A polinización por medio do vento preséntase na maioría das ximnospermas. O transporte do pole non está orientado polo que se producen grandes cantidades de pole, de tamaño pequeno, superficie lisa (para facilitar a dispersión) e seco. En Anxiospermas as flores anemófilas carecen de medios de atracción (perianto, olor, néctar), solen ser unisexuais, as masculinas máis numerosas que as femininas e os estilos e estigmas están agrandados para facilitar a captación do pole. Ademais a forma das flores masculinas facilita a súa dispersión. Normalmente as flores aparecen antes que as follas para que non se obstaculice a captación de pole. As plantas están reunidas en poboacións grandes e lugares expostos ó vento. Non hai plantas anemófilas nas selvas tropicais ricas en animais antófilos.

Alnus acuminata, aliso, amentos masculinos péndulos

ƒ

ƒ

Os animais que serven como polinizadores son variados, os máis comúns son: INSECTOS (Coleópteros, Dípteros, Himenópteros, Lepidópteros..), PAXAROS e MORCEGOS. Os axentes polinizadores buscan alimentos, recompensas que son o pole (rico en proteínas, graxas, hidratos de carbono e vitaminas) ou o néctar. As flores presentan atractivos para asegurar a visita dos axentes. Estes atractivos poden ser de natureza óptica (cor) ou química (olor)

Philodendron

Hepatica americana

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA ƒ

ƒ

Repaso 8

Existen algunhas plantas que non precisan da polinización para que as sementes se desenrolen. A este fenómeno coñécese como APOMIXIS (prodúcese un embrión sen necesidade de fecundación, morfolóxica e anatomicamente non se diferencian das sementes normais, pero a súa constitución xenética é moi diferente, pois só posúen cromosomas da planta nai). En moitas plantas con flores hermafroditas, a autopolinización, vai seguida de do froito e semente, dicimos que hai fecundación e formación AUTOCOMPATIBILIDADE. Noutras a fecundación non se realiza cando o estigma é polinizado co pole da mesma flor ou de outra flor da mesma planta, dicimos que hai INCOMPATIBILIDADE, esto débese á lentitude de crecemento do tubo polínico e a flor murchase antes de realizarse a fecundación. Si a polinización se leva a cabo por pole doutras plantas entón o tubo polínico crece rapidamente e a fecundación realízase normalmente.En caso de plantas ornamentais a autocompatibilidade é pouco importante, pero si ten moita importancia en plantas cultivadas con fins comerciais. . Ex.- Malus sylvestris,

Autoincompatibilidade gametofítica

Autoincompatibilidade esporofítica

Imágenes de http://www2.unil.ch/lpc/images/docu04/illustr_flor.htm

2.4

FECUNDACIÓN

A fecundación é o proceso polo que se produce a unión do gameto masculino e do feminino para dar lugar a un embrión. De forma esquemática a fecundación prodúcese: A) Nos estames fórmanse os graos de pole que son os gametos masculinos. B) O óvulo prepárase para recibir ó pole. C) Cando un grao de pole chega ó óvulo prodúcese a fecundación. D) Iniciase así o desenrolo do embrión. Esta descrición esquemática da unha idea de como se desenrola unha semente. En realidade, ocorren outros procesos complexos no estame e no óvulo antes da fecundación, e seguen outras etapas, igualmente complexas e importantes. Ademais a fecundación non se produce de igual forma en todas as plantas. A máis xeral é a das plantas ANXIOSPERMAS que imos comentar de forma breve e con posterioridade a diferencia coas XIMNOSPERMAS, o outro gran grupo de plantas que nos interesa na reproducción.

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA 2.4.1

Repaso 9

ESTRUCTURA DO ÓVULO

Un óvulo típico atópase pechado no ovario e unido a el polo funículo que está atravesado polos haces vasculares que comunican o óvulo co resto da planta: O funículo ensánchase na chalaza sobre a que repousa o saco embrionario que contén o gameto feminino. Da chalaza parte a nucela (que rodea totalmente ó saco embrionario) e os tegumentos (que o protexen); estes deixan no seu extremo unha abertura (micrópilo), por onde penetrará o tubo polínico. O saco embrionario pode ter varias configuracións, a máis corrente é: no centro os núcleos polares, cerca do micropilo a oosfera (gameto feminino) e as sinérxidas. No extremo do saco embrionario próximo á chalaza, temos varias células (antípodas).

As sinérxidas son as células máis chamativas pola súa organización, son células de transferencia. A súa función é a de atraer e recibir ó tubo polínico e tamén solen estar involucrada en absorber nutrintes da nucela e facelos chegar á ovocélula. As antípodas aparentemente participan na nutrición do saco embrionario. Os dous núcleos polares ubícanse no medio e normalmente se fusionan antes da penetración do tubo polínico 2.4.2

ESTRUCTURA DO GRAO DE POLEN

Para chegar a oosfera, o grao de polen deposítase no estigma e avanza (grazas o tubo polínico) cara o micrópilo por onde entrará no óvulo. Durante este traxecto o citoplasma do grao de pole desprázase cara ó tubo, xunto co núcleo vexetativo e o xenerativo. (No interior do grao de pole o citoplasma contén dous núcleos: o xenerativo e o vexetativo). Cando o tubo chega ó ovario, o núcleo vexetativo desintégrase e o xenerativo ou reproductor divídese en dúas porcións denominadas anterozoides que son os gametos masculinos. O tubo polínico introdúcese no ovario polo micrópilo. O tubo polínico perfora a nucela e chega ata o saco embrionario onde cesa o seu crecemento. Entón saen os anterozoides, un únese coa oosfera dando lugar ó cigoto ou célula ovo (2n cromosomas) (FECUNDACIÓN) e outro cos núcleos polares (3n cromosomas) que serán os que formen o tecido nutritivo para alimentar ó embrión(endospermo). O resultado é a obtención da SEMENTE. Esta dobre fecundación é característica das ANXIOSPERMAS, sendo unha das claras diferencias coas XIMNOSPERMAS.

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA 2.4.3

Repaso 10

FECUNDACIÓN EN XIMNOSPERMAS

As ximnospermas teñen óvulos espidos (non protexidos por outras cubertas que os seus propios tegumentos) e que se polinizan directamente pois o seu micropilo está exposto ó aire. ƒ O carpelo destas flores non está diferenciado en ovario, estilo e estigma. ƒ Cando o grao de pole chega ó micropilo produces a fecundación que é directa e non como no caso das anxiospermas que é indirecta. No interior dos óvulos fórmase o endosperma primario que servirá de alimento ó embrión. Cando o tubo polínico chega ó óvulo un dos anterozoides fecunda á oosfera e o outro desintégrase. É pois unha fecundación sinxela ƒ

ƒ ƒ

„

En Pinus as flores femininas están reunidas en inflorescencias denominadas cono femenino o estróbilo . Cada flor está na axila dunha bráctea tectriz, e consiste nun carpelo ou escama ovolulífera que leva, xeralmente, 2 xeralmente, óvulos. As flores non posúen perianto.

Corte longitudinal de un cono femenino de Pinus

2.4.4

TRANSFORMACIÓN POSTERIORES

Despois desta dobre fecundación as células que quedan no saco embrionario atrófianse e o resto do óvulo e da flor experimenta unha transformación formando a semente e o froito. De forma esquemática: ƒ Os tegumentos do óvulo transfórmanse nos tegumentos da semente. ƒ O óvulo forma a semente. ƒ O ovario transfórmase en froito. ƒ Os sépalos da flor poden caer ou quedarse sobre o froito. ƒ Os pétalos, estames, estilo e estigma desaparecen. ƒ O pedúnculo floral transfórmase en pedúnculo do froito. 2.5

VANTAXES E INCONVENIENTES DA REPRODUCCIÓN SEXUAL

Vantaxes ƒ A maioría das especies se multiplican por semente. ƒ Medio rápido e en xeral pouco custoso. ƒ Técnica simple é rápida. ƒ Limitación das enfermidades: moi poucas enfermidades (virais sobre todo) se transmiten pola semente. ƒ Con poucas plantas nai podemos obter gran número de individuos. ƒ A mecanización é posible en numerosos casos. Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA ƒ

Repaso 11

A variabilidade da semente posibilita:Obter novos cultivos, descubrir individuos que se adapten a certas condicións do medio., mellorar a especie seleccionando os individuos que presenten as características que se xulguen interesantes.

Inconvenientes: ƒ Reproducción a miúdo infiel. É dicir os individuos obtidos poden presentar formas diversas. A semente é resultado da unión de dous gametos, que poden aportar caracteres hereditarios distintos. ƒ Reproducción imposible: .Duplicación resultante da transformación dos estames e plantas aclimatadas para as que a floración é as veces difícil ou nula. ƒ Tempo as veces, moi longo entre a multiplicación e a floración. Ex.- Canna de 4-5 anos; Orquídeas de 3 a 8 anos... ƒ É difícil atopar no mercado semente de calidade. O poder xerminativo non está garantido nin en porcentaxe nin en uniformidade. 2.6

APLICACIÓNS

Podemos agrupar en tres grandes grupos as plantas que tradicionalmente se obteñen de semente na súa producción, aínda que as veces poidan ser obtidas por outro tipo de reproducción vexetativa: ƒ Plantas hortícolas (xudías, tomates, pementos, coles, leitugas....) ƒ Plantas de temporada ( lobelia, begonias, tajetes, celosía, etc...) ƒ Plantas utilizadas en repoboacións forestais (pinos, eucaliptos, etc...), aínda que nestes casos algunhas especies forestais de gran importancia como o Castaño, sexan obtidas por reproducción in vitro ou por acodo, co fin de evitar o mal da tinta. Tamén pode usarse para: ƒ Obtención de patróns para enxertar con cultivares interesantes dende o punto de vista ornamental. Deste xeito conséguense plantas cun sistema radicular vigoroso e lonxevo (aportado polo patrón) e unha parte aérea homoxénea, en canto a características estéticas (aportación do cultivar). ƒ Obtención e selección de novos cultivares (mellora xenética), que despois se multiplican vexetativamente.

3

DEFINICIÓN DE SEMENTE.

As sementes son unidades de diseminación e reproducción sexual das plantas superiores, procedentes do desenrolo de óvulos das súas flores. Existen dous tipos de sementes que non se axustan estrictamente a esta definición: ƒ As sementes agamospérmicas ou apomixis, xa nomeadas. ƒ As sementes de embrión indiferenciado. Existen numerosas sementes nas que os embrións están pouco ou nada diferenciados; esto é frecuente nas orquideaceas, en especies parásitas como as da familia das cuscutas e algunhas outras familias pouco difundidas. A xerminación destas sementes só ten lugar, con éxito, en medios nutritivos, naturais ou artificiais, ricos en nutrintes minerais, azucres, aminoácidos, e vitaminas ou en substratos onde poidan entrar en simbioses con determinados fungos. Ó xerminar, estas sementes producen unha masa celular onde se diferencian rizoides, rizomas, esbozos de raíces e talos e, posteriormente, os órganos correspondentes. ƒ A forma das sementes é moi variada, igual que a coloración. ƒ As cores marróns e negras son as máis comúns. O vermello, branco e amarelo son menos frecuentes e serven como medio de atracción para os animais. A superficie pode ser lisa ou diversamente esculturada. ƒ O tamaño varía moito, dende as Orchidaceae apenas visibles a simple vista e cun peso dunhas poucas milésimas de gramo, ata a semente xigante da palmera Lodoicea seychellearum, la "nuez de Seychelles", contida en enormes froitos de ata 20 kilos de peso. A semente coñécese como "culo de negra".

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA

Repaso 12

As vantaxes adaptativas das sementes grandes e das pequenas teñen relación co ambiente. Por exemplo na selva as sementes son grandes con suficiente reserva para asegurar á nova plántula o seu establecemento exitoso nun ambiente sombreado. 3.1

ESTRUCTURA BÁSICA DE SEMENTE.

Dada a preponderancia das anxiospermas falaremos da semente típica das mesmas, e detallaremos a parte das as características ximnospermas. A semente procede do óvulos tras a súa fecundación. Está composta esencialmente de: Resultado do ƒ Embrión.crecemento do zigoto despois da Semillas de orquídea, con embrión rudimentario, indiferenciado, fecundación (unión da oosfera fotografiadas con microscopio óptico cunha célula xenerativa do tubo polínico). Normalmente é diploide e sempre existe nas sementes Semilla da palmera Lodoicea seychellearum, cun boligráfo como referencia do seu tamaño viables. É unha planta en miniatura. Está formado polo eixe embrionario e os cotiledóns. Estes son as primeiras follas da nova planta (este papel é especialmente visible en plántulas epíxeas das dicotiledóneas). Están ligados o eixe embrionario por haces vasculares que conducen as substancias nutritivas mobilizadas. As sementes das árbores presentan na madurez un embrión con forma, tamaño e posición que varían moito segundo a especie, estando moi relacionado coa cantidade de endosperma que o rodea. ƒ Tegumentos.- Que teñen como papel principal á protección. Poden tamén ser responsables da inhibición da xerminación, permitindo así á semente conservarse durante longo tempo en condicións favorables. Proceden do desenrolo dos tegumentos do óvulo. As veces existen outras cubertas que poden proceder do desenrolo dos tecidos do ovario ou doutras partes da flor ou inflorescencias ƒ Reservas.- A maior parte das sementes posúen reservas importantes, salvo algúns casos particulares de sementes moi pobres ou sen reservas (orquídeas en xeral). A natureza destas reservas é variable pero sempre a base de glúcidos, prótidos ou lípidos. Segundo a importancia relativa de cada elemento atopamos sementes ricas en prótidos (leguminosas), ricas en glúcidos (gramíneas), e ricas en lípidos (xirasol, colza...). En moitas especies os cotiledóns constitúen o principal e as veces o único almacén de substancias nutritivas, nestes casos son grosos e ocupan a maior parte do interior da semente. Noutras sementes as reservas nutritivas están localizadas no endospermo (normalmente rodea ó embrión,) e máis raramente no perispermo. Nestes casos os cotiledóns teñen un tamaño reducido e ocupan pouco espacio no interior das sementes, tendo a misión de servir como intermediarios no transporte de substancias nutritivas ata o eixe embrionario.

MORFOLOXÍA DA SEMENTE „

As sementes poden ter 1, 2 ou máis cotilédóns. cotilédóns. Ex.Ex.-(5(5-18 no Pinus). Pinus).

Embrión de Pinus taeda en corte lonxitudinal de semente

Embrión de espermatófitas

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA 3.2

Repaso 13

DESENROLO DAS SEMENTES

Podemos distinguir tres estados despois da polinización: A) Desenrolo do embrión. Despois da fusión sexual prodúces unha rápida división celular e fórmas o embrión. O contido de humidade é bastante alto. B) Acumulación de reservas alimenticias. Son fabricadas nas partes verdes da planta e son transportadas á semente no desenrolo.Nesta fase o contido de humidade descende ata un 50% aproximadamente. C) Maduración. Nesta fase a semente sécase, e practicamente non existe aumento do contido material e a humidade descende ata un 10-20%. Sepárase a conexión coa planta nai, cortando o suministro de auga e formando un punto de debilideade estructural do que se pode separar a semente madura de forma fácil. A perda de humidade sole estar acompañada por cambios de cor e nalgunhas especies de textura. Estas fases requiren de tempos variables que dependen das ñespecies e das propias condicións atmosféricas. Por eso é importante coñecer as características da maduración das sementes de cada especie para saber cando proceder a súa recollida. 3.3

DISEMINACIÓN DE SEMENTES ƒ ƒ ƒ ƒ

ƒ

É o proceso de dispersión natural das sementes, o que permite: Prevención da competencia entre plántulas Facitar que a especie ocupe novas localidades Permitir atopar ós distintos individuos condicións ambientais diferentes As unidades de diseminación reciben o nome de diásporas. Poden ser: ¾ Sementes illadas, cando os froitos son dehiscentes ¾ Froitos enteiros, si son indehiscentes ¾ Fragmentos de froitos, si o froito se separa en fragmentos. ¾ Lomentos, si se fragmentan os carpelos en lugares determinados ¾ Infrutescencias, como sucede no caso dos figos e das moras As sementes poden presentar apéndices como alas, pelos, arilos, que están relacionados coa dispersión.

Frutos de Rumex (tamaño natural 5 mm).

Taraxacum officinale (Compuesta) infrutescencia.

Marina Engroba Sal


XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA ƒ

3.4

Repaso 14

Tipos de diseminación: ¾ Autocoria ou fenómeno que presentan os froitos con dehiscencia explosiva lanzando as sementes a varios metros de lonxitude. ¾ Hidrocoria ou diseminación por medio da auga, os froitos son capaces de flotar transitoriamente. ¾ Anemocoria ou desenrolo dos froitos con alas como sámaras ou sementes aladas, ou con pelos. ¾ Zoocoria ou diseminación por medio de animais. A zoocoria pode ser: ¾ Endozoocoria, cando os froitos ou semente son inxeridos e liberados na materia fecal. Os froitos verdes teñen mal gusto o que protexe á semente inmadura, os froitos maduros adoitan ser laranxa ou vermellos. ¾ Epizoocoria, cando se adhieren á superficie do animal con ganchos ou outro tipo de fixacións. ¾ Mimercocoria ou diseminación por medio de formigas. XERMINACIÓN DE SEMENTES

ƒ ƒ

Son o conxunto de fenómenos polos cales o embrión, que está en estado de vida latente dentro da semente, reanuda o seu crecemento e se desenrola unha plántula. Para que se produza deben darse condicións fisiolóxicas axeiadas entre as máis importantes están: ¾ Osixenación ¾ Temperatura ¾ Luz ¾ Humidade (a absorción de auga ocorre a nivel do fío ou micropila. Cando a semente hincha debido á absorción de auga, os tegumentos reblandecen e finalmente rompense pola parte máis débil, perto da micropila). Xerminación hipóxea

Xerminación epíxea

Marina Engroba Sal


Tema 1 producion de planta