Page 1


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL “LEDE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SEREDES QUEN DE DEMOSTRAR OS VOSOS COÑECEMENTOS”

PROBA Nº 1

Xa sabes que Valentín Paz Andrade estivo moi implicado no mundo industrial, en concreto mostrou unha sensibilización especial pola vocación mariñeira de Galicia e neste senso foi promotor dun importante grupo pesqueiro. 1. De que grupo estamos a falar e en que ano se fundou? 2. En que foi pioneira esta empresa? 3. Explica brevemente a tecnoloxía empregada polos barcos deste tipo de industrias 4. Onde ten a súa sede esta empresa na actualidade? Indica a localidade, concello e provincia na que se atopa.

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“SE A PROBA SEGUINTE LEDES CON ATENCIÓN ATOPAREDES AXIÑA A INFORMACIÓN” PROBA Nº 2 Como se denomina o mineral que parece unha esponxa ríxida e o seu interior está atravesado por unha enorme cantidade de tubos e galerías ocos que fan diminuír ao mínimo a densidade do mineral e permiten que, sorprendentemente, flote na auga? Ten como principais características a súa elevada capacidade de absorción e utilízase como absorbente industrial, tamén como illante térmico e ten unha utilidade sorprendente nos traballos de eliminación de residuos de hidrocarburos (sobre todo petróleo e aceites) despois dun desastre dun accidente de navegación. Tamén se utilizada como xema. España é un dos principais produtores do mundo e posúe o 70% das reservas mundiais.

Fonte da imaxe

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE EN EQUIPO A INTENTADES” PROBA Nº 3 Este emigrante galego, natural do concello de Ourol na provincia de Lugo, marchou para A Habana cando era novo. Aos poucos anos afincouse en México D.F. e afeccionouse ao montañismo despois de ascender ao Popocatepelt. Logo virían o Iztazzihuat e o Zitlaltepetl. Anos máis tarde, trasladouse a vivir a Caracas. Desde alí partiron a maioría das súas viaxes como ir ao Kerepacupay Vená ou ascender ao Chimborazo, ao Rucupichincha, ao Guaguapichincha, ao Pasochoa, ao Sincholagua, ao Chopicalqui, ao Aconcagua, ao Pico Naiguatá, ao Pico Humboldt, ao Mont Blanc, ao Faichan Kangri, ao Gasherbrum II, ao Shishapangma, ao Meru Peak, ao Kosciuszko, etc, etc… No ano 1993, converteuse sen querer, na persoa de maior idade en subir ao Everest, a montaña máis alta do mundo. Este ano 2012, posiblemente apareza no Libro Guinness tamén como a persoa de maior idade en conseguir ascender ao Vinson, ao Elbrus, ao Kilimanjaro, ao Denali e ao Puncak Jaya, que xunto cos xa citados Everest e Aconcagua, forman parte do proxecto Sete Cumios, que reúne as 7 montañas máis altas de cada continente máis a maior de Norteamérica. Ademais de montañeiro, cal é a profesión de este home?

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“A SOLUCIÓN E BEN DOADA SE VOS FIXADES NUN PAR DE PALABRAS” PROBA Nº 4

Cales foron os líderes das tres potencias mundiais que se reuniron entre os días 17 de xullo e 2 de agosto de 1945 para acordar como sería a posguerra e como se organizaría Alemaña? Onde se celebrou esa conferencia?

Fonte da imaxe

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“A SOLUCIÓN ATOPAREDES SE NA REDE VOS METEDES” PROBA Nº 5

Cita tres autores homenaxeados o Día das Letras Galegas que naceran na mesma vila que o compositor da música do himno galego.

Fonte das imaxes

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“SE LEDES BEN A INFORMACIÓN AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN” PROBA Nº 6 AGORA SON UNHA AVE PERO ANTES FUN UNHA PERSOA CHAMADA … Contratado por Ares para avisar da chegada do sol cando el estaba con Afrodita

Á miña irmá cortáronlle a lingua e quedou convertida nun reiseñor.

Apolo concedeume unha melodiosa voz e chorei tanto a morte de Faetón que as miñas canas convertéronse en plumas. Pertenzo ao xénero Microhierax. O deus mensaxeiro castigoume por charlatán e impedirlle roubar a Io.

- - - - - - - - -

- - - - - -

- - - - - - - - - -

- - - - - -

---------

- - - - - -

Muller da raza dos pigmeos transformada pola deusa Hera nesta ave.

O meu nome significa A nocturna. Son filla do Rei de Lesbos. Atenea deume esta forma.

O meu tío Dédalo tivo envexa dos meus inventos.

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL “SE ESTA PROBA RESOLVEDES AGORA PASAREDES XA Á SEGUINTE ROLDA”

PROBA Nº 7 A escolma poética titulada Longa noite de pedra, poetas da guerra e da postguerra, situada na sección de POESÍA da nosa biblioteca, está dividida en dúas partes: 1ª “Os continuadores”: Inclúe a aqueles poetas que xa tiveran unha actividade importante antes da Guerra Civil. 2ª “Fillos da Invernía”: Figuran outros 25 poetas con publicacións e actividades posteriores ao 36. ACTIVIDADES:  Localiza dentro desa escolma a ficha dedicada a Paz Andrade e copia o adxectivo con que caracterizan a súa poesía: “VALENTÍN PAZ ANDRADE, gran poeta …......................”.  A continuación, explica o significado desa palabra (podes consultar o dicionario).  Por último, cita ao persoeiro a quen está dirixido o poema que aparece nesa escolma.

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


REGRAS DA XINCANA 1.

Formaredes equipos de ata tres membros.

2.

Todos os membros de cada equipo traballarán conxuntamente para acadar as respostas axeitadas a cada unha das 7 probas de que consta a xincana.

3.

Haberá un profesor/a-comisario/a responsable de cada unha das probas.

4.

Os comisarios/as estarán na biblioteca e na aula de informática 0, dependendo de onde se realicen as distintas probas.

5.

Para resolver as distintas probas podedes utilizar a biblioteca, a aula de informática 0 e a sá de exposicións onde está a exposición de Valentín Paz Andrade.

6.

Desenvolvemento da xincana: 

O comisario 1 entregaravos a 1ª proba.

Debedes resolvela e entregala coa resposta axeitada ao comisario da 2ª proba. Este comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura, a hora de entrega e daravos a 2ª proba.

Debedes resolvela correctamente e entregarlla ao comisario da 3ª proba. Este comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura, a hora de entrega e daravos a 3ª proba.

E así sucesivamente ata rematar as 7 probas da xincana.

Non se poderá pasar á proba seguinte mentres a anterior non estea resolta correctamente.

6.

Non se pode abandonar a xincana antes de realizar a última proba.

Gañará o equipo que antes remate correctamente todas as probas.

Xincana 2012 3º-4º ESO  
Xincana 2012 3º-4º ESO  

Xincana Cultural que se desenvolverá o mércores día 16, na xornada de celebración do Día das Letras Galegas

Advertisement