Page 1


PROBA Nº 1 (Ben doada, pero ollo… o resto costaravos!!) CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL SE O ENIGMA RESOLVEDES AGORA PASAREDES XA Á SEGUNDA PROBA 

A que escritor, nado na nosa comarca, lle adicamos as Bibliotecas Escolares de Ferrolterra o Día do Libro Infantil e Xuvenil 2011? En que data se celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil? Que grande da nosa literatura estivo connosco nesta homenaxe? Cantas obras destes dous autores hai nos fondos da nosa biblioteca?


PROBA Nº 2 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL ESTA PROBA SOLUCIONAREDES SE DE INXENIO DISPOÑEDES

O pasado luns 12 de maio celebrouse o Día Escolar das Matemáticas e nós queremos poñer a proba os vosos coñecementos nesta materia... máis ben o voso inxenio!

¿Cantos días tardará o caracol en subir este muro de cinco metros, si cada día sube 3 metros e cada noite baixa 2? Debedes explicar a vosa resposta.


PROBA Nº 3 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL A ESTA PROBA ATOPAREDES A SOLUCIÓN SE NO SEU DÍA ATENDÍCHEDES Á EXPLICACIÓN

Tedes que atopar nos fondos da nosa biblioteca un libro que responde á seguinte pista 82-3G-X NEI mem

Debedes dicirnos o nome do autor e o título do libro: Quen é o autor das ilustracións? Como se chama o seu protagonista? A quen lle dedica o autor esta obra: Cando foi publicado por primeira vez? Tendo en conta esa data, que se está a conmemorar no 2011?


PROBA Nº 4 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL SE ESTA PROBA LEDES CON ATENCIÓN AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN

Extraordinaria persoa, comprometida e adiantada ao seu tempo, escribiu:

(...)Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar, a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras.

Que pide no texto anterior? De quen se trata? En que proceso constituinte participou? En que partido político militou e ata que ano?


PROBA Nº 5 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL NESTA OCASIÓN DEMOSTRAREDES SE DE NAVEGACIÓN ENTENDEDES

Mª Xesús Arias refírese no seu libro “Barallobre no pasado” a un tipo de embarcacións que se utilizaba para o transporte de mercancías ou persoas e que tiñan a súa base en Maniños e Barallobre.

Como se denominaban estas embarcacións e cal era o nome da derradeira construída en Maniños?


PROBA Nº 6 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL XA NA PROBA SEXTA CADA MONSTRO COA SÚA PARELLA ! Cada monstro coa súa parella

A.

B.

C.

E.

D.

F.

G.


PROBA Nº 7 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL SABEDES DE TIC E DE INFORMACIÓN VEXAMOS SE DA BIBLIOTECA CONTROLADES A ORGANIZACIÓN!!

Cal é o nome científico do animal que aparece na páxina 80 do número de febreiro de 2011 da revista “National Geographic España”?

Que plantas aparecen nas fotografías da páxina 221 do libro “Diversidade natural de Galicia”?


PROBA Nº 8 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL ESTE “XARDÍN MITOLÓXICO” NON TERÁ DIFICULTADE SE XUNTOS, EN EQUIPO, O INTENTADES...

1.

Antes de ser flor quedei namorado da miña propia imaxe.

2.

Nacín do sangue de Adonis.

3.

Na orixe éramos só

brancas ata que quedamos tinguidas polo

sangue de Afrodita. 4.

Fun unha rapaza -Clitia- e agora consúmome de amor por Helios.

5.

Apolo transforma o sangue da miña ferida nesta flor que leva o

meu nome. 6.

Chámanme lágrima dos deuses e nacín polo suicidio de Atis (Nota: Debedes poñer as respostas nas raias dos pétalos)


PROBA Nº 9 CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL PERO COMO ÍAMOS REMATAR SEN DE LOIS PEREIRO FALAR?

Lois Pereiro aparece incluído pola profesora Iris Cochón no capítulo de “Poesía fin de milenio, anos noventa; corrente dionisíaca” , dentro do tomo XXXIII da obra Galicia. Literatura, editada pola editorial Hércules edicións. No comentario da súa obra “Poemas 1981/91” indica que “supón unha dolorosa inmersión nunha realidade urbana, infecta e abisal”.

Debedes completar a comparación que aparece a continuación do comentario anterior e que comeza así: “xardín de ....”


PROBA Nº 10 CONSIGNA PARA IR AO ÚLTIMO POSTO DE CONTROL ENTRE AS REDES ATRAPADOS COMA PEIXES HAI POEMAS FERMOSOS ESTE É UN DELES

Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a distancia entre dous mundos sen decidir cal deles poder darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte

¿Quen é o autor deste poema?

E para rematar esta xincana e optar aos premios, todos os membros do equipo debedes achegarvos a Radio Barullo e ler este poema !!


Lois Pereiro

17 de maio de 2011 DĂ­a das Letras Galegas

Xincana 2011  

Actividades ALFIN organizadas con motivo do Día das Letras Galegas 2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you