Page 1

Suxestións para un Nadal de lecturas en familia

“Os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre”


PARA OS MÁIS PEQUECHOS ANTÓN E O APALPADOR A historia dun neno de cidade que viaxa a O Courel para pasar as vacacións do Nadal ca súa madriña, alí descubre un mundo máxico dentro da devesa, onde atopa por casualidade a casa do Apalpador

VALADOS Un libro sobre a amizade por riba de todas as fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

GERÓNIMO STILTON: EL SECRETO DE LA ESFINGE Os gatos piratas chegan ao Antigo Exipto co propósito de derrocar ao faraón Kefrén, facerse co poder e conseguir que a Esfinxe teña a cara dun gato en lugar da do faraón. Gerónimo e os seus amigos deberán viaxar no tempo para desbaratar os plan dos gatos e salvar o curso da historia.


PARA XÓVENES MI PRIMER LIBRO DE ÓPERA Detrás de cada gran ópera hai un texto, un libreto do que xurdiu a súa música. "Mi primer libro de opera" son dez historias cheas de forza, beleza e tenrura que alenta cada ópera e invitan ao lector de hoxe, espectador de mañá, a disfrutar coa música. O SON DAS BUGUINAS O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Organización Non Gobernamental (ONG) de voluntariado que actúa en Galicia para apoiar proxectos de desenvolvemento integral no sur da India e Etiopía. GENEALOGÍA DE UNA BRUJA Dous libros cunhas fermosas ilustracións. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o estraño don de acabar as frases que din os demais, descubre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade. A caixa contén tamén o libro que atopa Lisbeth: unha orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicionais ao longo da historia.


ÁS DE BOLBORETA Na «Luzada», a cafetería de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de As de bolboreta,

un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.

DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPO Miles de finlandeses lánzanse cada ano por un precipicio ou inhalan dióxido de carbono do tubo de escape. Precisamente o día de San Xoán, a festa de comezos de verán, Onni Rellonen, un empresario en crises, decide poñer fin á súa vida, pero aínda ben non da atopado cun graneiro afastado, uns ruídos detéñeno . Onni salva a outro visitante do graneiro, o coronel Kemppainen, un viúvo que tiña decidido matarse ese mesmo día. Ambos renuncian ao común propósito e comezan a falar sobre os motivos que lles impulsaban... BARRO DE MEDELLÍN Para Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio de Medellín, o mellor lugar do mundo, no que o enorme edificio da biblioteca destaca como un xigante de ladrillo. Camilo ten claro que, cando sexan maiores, dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés non quere ser ladrón, aínda que ten claro que nunca se separará do seu amigo.


LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS Mattia pensaba que Alice e mais el eran como os número primos. Dous primos xemelgos, soos e perdidos, xuntos pero non o bastante como para ser quen de tocarse de verdade. Esta fermosa metáfora é a clave da dolorosa e conmovedora historia de Mattia e Alice quen sofre un grave accidente de esquí nunha fría mañá de espesa néboa... EL HOMBRE QUE CALCULABA Un libro de contos ao estilo de “As mil e unha noites”, onde o personaxe central é un célebre calculista persa, o xoven Beremiz Samir. Este home percorre as rexións de Oriente, asombrando coa resolución habilidosa dos problemas que se lle presentan, citando matemáticos e xeómetras famosos da antigüidade, cidades como Bagdad, Damasco, Medina, El Cairo... ARREPÍOS E OUTROS MEDOS Cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. A FLOR DA AUGA Cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais.


PARA ADULTOS SOL DE INVERNO Unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra. LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PIEL DE PATATA DE GUERNSAY Xaneiro de 1946: Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A escritora Juliet Ashton atopa a carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet. A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela quédase atrapada no mundo deste home e os seus amigos, que resulta ser un mundo marabillosamente excéntrico. LOS GUARDIANES DEL LIBRO A historia desenvólvese despois da guerra de Bosnia, cando Hanna, bibliófila, se traslada a Sarajevo para restaurar un tesouro perdido. Xa en Bosnia, comezará a traballar na restauración da Haggadah de Sarajevo –un libro de oracións xudeu- para tratar de descubrir os seus segredos e reconstruír a historia da súa milagrosa supervivencia.


EL HOMBRE MOJADO NO TEME LA LLUVIA Esta é a historia dun percorrido por Iraq, Israel, Territorios Ocupados palestinos, Líbano, Siria, Exipto e Afganistán con nomes e apelidos, dando voz aos protagonistas da triste historia da rexión, homes e mulleres cuxas biografías e opinións explican e determinan a situación no lugar mais conflictivo do planeta. A ELEGANCIA DO OURIZO A historia de Renée, a porteira dun edificio do París burgués. Viúva, cativa e laida, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos que moran na veciñanza. E a de Paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. Cando faga trece anos, ten pensado suicidarse. A PRAIA DOS AFOGADOS Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.


PARA AVOAS E AVÓS PEPA A LOBA Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran fama asantando camiños e roubando a caciques e cregos. COUSAS Cousas é unha colección de corenta e cinco relatos breves satíricos de Castelao, onde se presentan as actividades da Galicia da súa época. Un texto crítico coa sociedade da época, resaltando as dificultades da vida dos galegos de entón obrigados á emigración e angustiados póla pobreza. CARTAS A LELO Toño de Loureiro proponlle a Lelo, mozo que emigrou hai tres anos a Brasil, un intercambio epistolar no que cada un deles contará as súas vivencias en terras tan afastadas. Na obra recóllense as cartas de Toño e a partir delas podemos deducir as noticias sorprendentes da emigración, que espertan o interese dos seus amigos, con quen as comparte.


BANDA DESEÑADA ALCHEMIST. FULL METAL Unha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A historia céntrase nos hirmáns Edward e Alphonse Elric, que queren restaurar os seus corpos por medio da pedra filosofal tras un falido intento de resucitar á súa nai a través da alquimia. BÍCAME PROFE 1 / 2 Atsushi-kun está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos. AS SERPES CEGAS A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas.


DIVULGACIÓN ADOLESCENTES ¡QUÉ MARAVILLA! Partindo dunha serie de enunciados moi suxerintes e da súa propia testemuña, a autora – pedagoga e nai- vai debagando ideas claras, valentes e con corazón, que son de gran axuda e supoñen un extraordinario reconstituinte anímico para pais e nais de adolescentes. APRENDER A CONVIVIR O filósofo J. A. Marina afonda no actual modelo de convivencia e plantexa algunhas claves para mellorar as relacións humanas e reducir os conflictos. Este ensaio reflexiona sobre a dificultade de convivir e sinala a importancia de que os adultos sexan quen de transmitir aos nenos e nenas “recursos efectivos” que favorezan a relación entre os seres humanos. MANUAL PARA PADRES DESESPERADOS CON HIJOS ADOLESCENTES Ser pai e nai é o traballo máis duro do mundo, esixe 24 horas ao día os 365 días do ano, pero tamén debe ser o máis gratificante. Este manual intenta facerlles comprender que moitas das conductas do seu fillo ou filla adolescente son normais e incluso necesarias para o seu desenvolvemento como persoas e suxírelles técnicas que lles axudarán a levar estes conflictos entre pais e fillos con mais control e menos estres.


“A ensinanza da literatura debería limitarse á lectura; unha lectura máis intensiva ca extensiva. É bo aprender cousas de memoria se nos producen un pracer espontáneo, pero é completamente inútil, desde o punto de vista da educación literaria, ler algo, por moi clásico que sexa, cuxa lectura non proporcione deleite ao lector”

Bertrand Russell

“SE TI LES, ELES LEN”

” O D E EN P O D L !! E 0 R 1 0 G 2 ao r a p “O SE r mello

x Desé

odo t s o av

o

Profile for lolylago

Suxestións de Lectura para o Nadal  

Suxestións para un Nadal de lecturas compartidas en familia.

Suxestións de Lectura para o Nadal  

Suxestións para un Nadal de lecturas compartidas en familia.

Profile for lolylago
Advertisement