Page 1

Suxestións de Lecturas

Para o Verán

O único que queda é o amor El canto de las ballenas Cierra los ojos Ninguén está só Palabras por la lectura


Murciélagos en la Biblioteca Brian Lies Ed. Juventud (2009) Unha historia duns morcegos adictos á lectura que acoden a unha biblioteca cando o bibliotecario deixa a ventá aberta. Marabilloso álbum ilustrado cos textos en verso

El final del verano Stian Hole Ed. Kókinos (2007) Un neno é o fío narrador dun conto cheo de matices, con distintos niveis de lectura e cunha sensibilidade ben intelixente. Un álbum que combina collage, ilustración, fotografía e imaxes de ordenador.


El Ángel del Abuelo Jutta Bauer Ed. Lóguez (2001) “Ao avó gustáballe falarme da súa vida...” Un álbum marabilloso, non só para os máis pequechos.

Galego á beira do mar Juan Farias e Xosé Cobas Kalandraka (2008)

A historia fermosa e conmovedora dun ancián que lembra a súa vida con nostalxia. Literatura e arte en estado puro neste relato afectuoso, doce e melancólico que transcorre nun escenario realista.


Ollos de Auga Domingo Villar Galaxia (2006) Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores. Unha puta percorre Europa Alberto Lema Galaxia (2008) De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas.


Una vez — Entonces Morris Gleitzman Kailas ((2008-2009) Todo o mundo merece que lle ocorra algo bo na súa vida. Alomenos unha vez. Os nazis arrasan Europa. Só os soños dalgúns nenos conseguen fuxir. Resistencia Rosa Aneiros Xerais (2002) A historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX.


Arrugas Paco Roca (Premio Mellor Cómic 2008) Un fiel reflexo da vellez, da demencia senil e o Alzheimer visto cunha grande tenrura, pero á vez coa crueza que supón. Unha gran ensi nanza sobre o xénero humano. El Fotógrafo Didier Lefèvre e Emmanuel Guibert Glénat A historia real dun xoven fotógrafo que en 1986 acompañou unha expedición de Médicos sen Fronteiras a Afganistán, en plena invasión rusa.


La Edad del Pavo Alejandra Vallejo-Nájera Temas de Hoy (2006) A autora fai unha radiografía completa das distintas fases que compoñen a adolescencia, incidindo na necesidade de promover a comunicación interxeneracional. ¿Qué ocultan nuestros hijos? Javier Urra Ed. La esfera de los libros (2009) O informe que nos conta os segredos dos adolescentes e o que calan os seus pais.


BIBLIOTECA “O Segrel do Penedo” IES DE FENE

http://osegrel.blogspot.com


Suxestions Lectura Veran  

Suxtstións de lectura para as familias. Veran 09

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you