Issuu on Google+


Salín a mariñear

na miña dorna algareiro no mastro andaba a brincar a lús do vento mareiro Xosé Mª Pérez Parallé


A RUI XORDO Aramos sobre os mortos nesta terra e o noso pan ten un sabor de ósos familiares, irmáns. O monte berra baixo do arado, e chámannos os nosos desde a morte con voces coñecidas “Nin marqueses, nin cregos, nin doutores” fixeron as ribeiras verdecidas nin o guerreiro coiro dos tambores. Os condados do polvo son dos mortos e quen queira ser dono desta terra que veña navegando aos nosos portos, Os que pidan o fruto sen labores, Se non morren de seu, morran de guerra, E desta terra, así, serán señores” Lorenzo Varela


O Galo Abrell'as portas ao día co-a chave do teu cantar que xa na fonte da Lua está lavada a mañán. Bótall'o teu aturuxo a paisaxe dend'o val qu'o gran balbo das estrelas cairá serodio no mar. O campo cheo de frío busca un anaco de sol, alcéndelle unha fogueira co lume da tua voz. Amado Carballo


No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quén poidera namorala, meu amigo! Ten áers de frol recente cousas de recén casada, meu amigo! Quén poidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. Quén poidera namorala, meu amigo! Álvaro Cunqueiro


Imos, meu ben, camiñar sereno pola cidade sen ramplas nas aceras.Imos comeza-lo xeito da túa vida, e mírame, mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos dos teus días xunta min. Xela Arias


O MERLO POETA Da gorxa algareira do Merlo lanzal fuxían as Horas collidas das mans. Coas súas muiñeira i-os seus alalás a tódalas merlas iña namorar. Na ponla mais outa do meu salgueiral morreu o poeta: no papo, nin gran.6 X. M. Álvarez Blázquez


Sei dun vento mentireiro que endexamais di verdades. Brúa contos, trabalinguas, adiviñas e cantares, o ventiño mentireiro vai por vilas e cidades. Ai persoas que acariña Esquecen as soidades. Antonio García Teijeiro (Cantares 3)


Tac, tac, tac, cuchara de pau cunca de madeira o meu neno estรก na lareira. Tin, tin, tin cuchara de prata cunca do pazo o meu neno estรก no regazo. Luis Pimentel Canciรณn das tres cucharas


Irmaus Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estraños, pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmau che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos sonos son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, Coma un irmá che falo. Celso Emilio Ferreiro


Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila i eres o vento que zóa. Si cantan, es ti que cantas, Si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás a ti es todo, Para min i en min mesma moras, nin me amandonarás nunca, Sombra que sempre me asombras. Rosalía


A ROSALÍA Do mar pola orela Mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, ¡que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A Musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta morreu... Os ósos son dela que vades gardar. ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar (1885)

Curros Enriquez


ROSAS Sempre a rosa Sempre a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfecci贸n da rosa. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca Porque, cando lle digo Simplesmentes: ROSA Entrecerra os ollos, treme e ruborece. Manuel M陋


Hoxe o silencio todo ten barullo de enxordar. Ergueume nas súas voces, en donde penso quedar.

Dindelas vexo todo, todo o meu bon ollar. Aquí sinto o que non teño aló no fondo do meu chan.

O meu chan volveuse cume. Eu non sei como esto foi. Sin obreiros nin ferraxe, baixa nebra está no sol.

María Mariño


Confeso que estou tola Para Pura Vázquez Confeso que estou tola teño alucinacións multicolores nos plenilunios e ando a cortar lilas da auga para poñer, vizosas, en púcaros de lume Porque vén ser que alobo cando a lúa é máis grande e branqueamarelea na pupila do mundo. Daquela escoito músicas de tambores e frautas e bailo cos pés nús no caborco da noite. Penduro das orellas espantos coma brincos de morcegos pregados e falo coas coruxas na lingua máis arcana (Ignoro se me ollades, se estou engaiolada e vós, por divertirvos, ceibade cacahuetes entre as reixas que afastan o meu soño e o voso) Marica Campos


Ondas do mar de Vigo, ¿se vistes meu amigo? ¡E ai Deus se verrá cedo! Ondas do mar levado, ¿se vistes meu amado? ¡E ai Deus se verrá cedo! ¿Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? ¡E ai Deus se verrá cedo! ¿Se vistes meu amdo, o por que hei gran coidado? ¡E ai Deus se verrá cedo! Martín Codax


Agosto Pasa a choiva devorando horizontes. Esfiáñase a tarde nos carreiros Chove, Batalla o sol coa auga sen ganas. O meu cuarto, no que dorme o siléncio. Sombras, corvos, un libro nunha esquina. Agardo, Os bruidos da aldea tecen a sua nostálxia no solpor extrañado. ¡Ouh señardade, soidade que atravesas o tempo e asulagas, agosto de invernia, ouh puñal de tristeza, corazón meu ferido! Pilar Pallarés (De Entre lusco e fusco)


Lévame, meu carro, leva,

pola meiga terra nosa que a miña alma saudosa lonxe dela non se afai. ¡Lévame por onde escoite a fala doce e sentida antre bicos desprendida no colo de miña nai Ramón Cabanillas


Carballos de Carballido cando era rapaz deixeivos, vin despois de muitos anos; Xa vámos vellos. Pasáronxe as alegrías, que trouguera o tempo ledo; a mocedá fui pasada; Xa vámos vellos. Eu teño os cabelos brancos, vos ténde-los gallos secos; os nosos días pasano; Xa vámos vellos. Eduardo Pondal


Na póla branca II. Haikus das estacións I (Primavera) A libélula ascende, descende, ascende e desaparece. II (Verán) A lúa no teu pelo. -Non haberá xamais outra noite como esta. III (Outono) Caíu a folla... rubíu a sombra ao corazón. IV (Inverno) Gralla o corvo ¿Tamén el presinte a morte? Xabier Seoane


Arco da vella Vaite de ahí Que as nenas bonitas Non son para ti. Fuxe chuvia, fuxe sol, fuxe roda de color que a neniña quer brincar coas areas do areal. Vaite néboa, vaite vento, vaite cara de mal tempo que a neniña quer correr polas areas do ler. ¡Ai, niña neniña, nena, Non se vai o arco da vella! X.M.Álvarez Blázquez



Poemas para un Día (2008)