Page 1


Que ser. Quen ser. Ser auga, ser sol, Ser a area, o mar, Ou basicamente a cor. Ser o tempo que pasa, E o mundo que escacha, Sen que ninguĂŠn faga nada. Ser o cuco que canta, Onde a primavera comeza, E cala onde remata. Ser ti e ser eu, Ser os dous. Un so para de verdade saber quen ser. Noelia Freire (3Âş ESO)


Como unha físgoa A casa escávame por dentro fura e féndea a miña cuncha esburácame tradea a miña memoria Rafa Villar , Casa ou Sombra


Os domingos, maiormente as parellas pasean collidas da man. Ou quedan nos coches en estrañas posturas á vista da xente. Ás veces míroas con envexa mentres sorrín. Son momentos de debilidade, recoñézoo. Se foran parrulos botaríalles migallas de pan. Kiko neves, Ruído de motos


O amor O amor foi un trallazo moi forte que rompeu a vent谩. E quedou rota para sempre. Eu limpei do chan os cristais. Corteime con eles en t贸dolos dedos. Lupe G贸mez, Pornograf铆a


Saudade Quéimame no peito un fogo de amor, que na ausenza medra. Lonxanía que me arredra de ti, mais me apreixa logo. E niste amoroso xogo por esvair teu engado ¡todo o que levo ganado é queimarme niste fogo! Eduardo Blanco Amor, Romances galegos


061 Ao outro lado da li帽a, cando a noite se converte en frontera da angustia, hai unha nai que non dorme e reza a soas na cama para que non soe nunca ese timbre terrible con estrondo de sombra: accidente ambulancia urxencias quir贸fano Carlos Negro, Makinaria


O puñal de dúas follas forxado polo amor noso, cando fire por un lado tamén fire polo outro. Se coa folla da traición un día me deixas morto, morrerás atravesada pola folla do remorso! Ramón Cabanillas, A rosa de cen follas


Meu avó dixo - Ide mirar se o mar sobe ou baixa. Contestáronlle: - Vai en refluxo. Meu avó dixo: - É hora de irse. A ciencia hoxe en día explica dun xeito positivo a influencia das mareas no corazón dos homes. Aínda así, o adeus é un extraño suceso. Eva Veiga, Paisaxes do baleiro


A unidade componse. Da desorde. Desordénome, amor, e dou co punto único do centro dos abrazos. Abrazo a desorde das ideas e sei que a unidade se compón. A unidade componse. Da desorde. Xela Arias (1962-2003), Intempériome


Pedra figueira Escribo para sacarme da carne chantar palabras como figueiras sobre a pedra ara de celebración da liturxia da éxtase. Escribo para amar e conxurar a morte. María Xosé Queizán, Metáfora da palabra.


XLVI Nabeirarrúa Confundo a túa imaxe Coa miña sombra Dentro do espello Confundo a miña imaxe Coa túa sombra XLVII No mar a lúa Deita os seus lampos murchos Onda tras onda Xoán Abeleira, As nosas sombras no xardín de Serralves


Non coidarei xa os rosales que teĂąo seus, nin os pombos; que sequen, como eu me seco, que morran, como eu me morro. RosalĂ­a de Castro, Follas Novas


Corrupción Camiñar con escafandra cun quilo de peso en cada bota o reino das veladas alianzas comigo ou contra min e sáeme ao paso este súpeto naufraxio esta fame perplexa que perde mapas e maneiras e, coma besta aterrada no medio dun incendio agárrase ao que pode. Yolanda Castaño, Profundidadede campo


No máis fondo, no máis fondo Lévote dentro de min. Entrache un día xogando, Por sempre quedache alí. Xa o sabes. ¿Crava o puñal! Sen ter compasión de min, Pero non o enterres moito Porque te podes ferir. Ramón Cabanillas (1876-1959), No desterro


Monólogo do vello traballador Agora tomo o sol. Pero até agora Traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día Nun labourar arreo. Gastei o tempo co xornal dos sábados, Pasou a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo I a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta, Eu, á súa, estou vello. Ben pensado, o patrón todo mo debe. Eu non lle debo Nin xiquera iste sol que agora tomo. Mentras o tomo, espero. Celso Emilio Ferreiro (1912- 1979), Longa noite de pedra


Épica dos vencidos Que esqueceron os nomes. Que se entenden. Que non teñen colonias. Que dubidan. Que coñecen a guerra. Que non foron á escola. Que fan apenas épica da sala. Os árabes viñeron E non deixaron rastro. Tiveron trobadores E deixaron de amar. María do Cebreiro, Cuarto de outono


Con toda a roupa que as galegas consumimos na nosa vida poderiámoslle facerlle un abrigo de inverno á terra. ¿Qué curriña había estar para as marcianas o planeta azul convertido en multicolor! María Reimóndez, Moda galega


Quedou o teu nome nas miñas mans e nelas mírote cada día. Os teus ollos vivos foron levándome preto das palabras que me chaman. Collinas e naceron estes versos Antonio García Teijeiro, As palabras están a mirarse arredor da mesa


A viaxe en nave espacial En realidade o ceo non é azul o ceo é negro. En realidade hai máis planetas ca sete hai milleiros de planetas En realidade ir á velocidade da luz polo espazo é coma ir á velocidade da tartaruga pola terra En realidade as estrelas non son máis que a xente que se perdeu no universo e agora anda dando voltas. Paula Carballeira, Contratrás


Asoballábame o alento con famentas ansias de hai tempo e estarrícame a dor colmando o vacío con segundos e pozos. María Xesús de la Torre


Teño un amigo que dorme nesa rúa estreita, longa e abrigada, recollida nun portal. Sempre o vexo deambulando entre os coches, entre o lixo, laranxa, das noites, seguido dun can, sorteando edificios onde nunca ten casa. El é deses que non teñen nada, e na nada habitan e viven. Fran Alonso, Cidades


Nobreza dunha fala A ti, lingua dos celtas que non es linguaxe agrario que non procuras falsos eloxios que non compartes castiza envexa. A ti, lingua do pobo galego que es lei e unidade, que escondes valor e loita, que proclamas a liberdade do propio. A ti, lingua dun s贸 latexar que serves a tantas e tantas almas que espertas auroras novas que rexordes dun negro cinzar. Nobre idioma cami帽a rutilante no espertar da nosa xeraci贸n. Carlos Aguado (3潞 ESO)


Roberto Vidal Bola単o

Maio 2013

Poemas 2013 libro b