Issuu on Google+


Enquisa Club de Lectura Pais, Nais, Profes… 2011 1. Como recibiches a proposta de poder participar nun club de lectura no instituto do teu fillo ou filla? a. Con moita alegría porque para min era unha nova experiencia, aínda que desde sempre, desde pequena me gustou ler. b. Por mediación dos meus fillos que estaban no centro. c. Me pareció interesante. d. Con agrado e expectación. e. A idea de poder compartir as diferentes sensacións/emocións que che produce a lectura de cada libro presentóuseme coma unha oportunidade. f. A principios do curso escolar, xa fai tres anos, por unha nota que mandaron do colexio, para que nola entregaran os rapaces aos pais. g. Gústame participar en todo o relacionado aos estudos dos meu fillos. A proposta de facelo nun club de lectura, encantoume. h. Díxomo miña filla porque sabía que me gustaba ler. i. Me parece unha idea estupenda pois ademais de compartir lecturas con xente que ten intereses afíns, é un xeito de coñecer mellor o centro no que estuda o teu fillo.Recibín a proposta fai uns anos por medio de un papel que me trouxo a miña filla. j. Recibí una notificación del instituto invitándome a participar el club de lectura para padres de alumnos. k. Grazas á miña filla. A coordinadora deste actividade deulles a noticia no instituto e a miña filla apuntoume case sen preguntarme debido ó meu gusto pola lectura. l. Estou moi contenta de que as nais/pais poidamos participar neste tipo de actividades, e non dubidei en apuntarme. É unha forma de facernos partícipes da comunidade escolar. m. Moi positivamente n. Con moita satisfacción.

2. Como recibiu o teu fillo ou filla a idea de que ías participar nunha actividade deste tipo no seu centro? a. Ben porque el sabe o moito que me gusta ler. b. "Ben, saben que son unha gran lectora e animáronme. Na miña casa están afeitos a verme cun libro nas mans, o meu fillo dende pequeno tamén é un gran lector , e Rocío vai ó seu ritmo, pode ler catro libros seguidos (ten que escollelos ela case sempre) e despois negarse a ler nada..." c. Le gustó. d. A diferenza do anterior, fíxolle ilusión que participáramos dunha actividade común (ela tamén acude), aínda que fose en días distintos. Normalmente é ela quen me recorda que teño club de lectura e teño que darlle explicacións se por algún motivo non podo acudir. Sempre me comenta o que fan el@s no seu. e. Pareceulle ben. Non lle importou que fora de vez en cando polo seu colexio.


f. Moi ben, teñen moita fachenda do seu pai. g. A través do profesorado que organizou o club de lectura h. Recibiuno de bo grado porque ela tamén disfruta da lectura e coñece o meu interese por este tipo de actividades i. Moi leda e con ganas de que me gustara para que seguira indo j. Muy bien. k. Tomouno moi ben, ás dúas gústanos moito a lectura, e incluso chegou a sentir envexa xa que para eles non existía un club como este. l. O meu fillo non participa. si participase, en principio non creo que lle fixera moita graza que algún dia coincidísemos, máis tería que entendelo e penso que o entendería. m. Moi ben n. Moi ben. Dende sempre a miña filla, gústalle que participe nas actividades propostas polo centro escolar ao que pertence ou pertenceu no pasado. E penso que o fixen durante moito tempo porque fun membro dun ANPA durante once anos. 3. Sabías en que consistía un Club de Lectura? a. Si b. Non c. No d. Si e. Non f. Si g. Si h. Si i. Non j. No k. Si l. Si m. Si n. Si 4. Que opinas das obras propostas? Cal foi a que máis che gustou e cal a que non deches rematado e por que? a. Gústame moito a variedade de obras propostas. Penso que cada un de nós case sempre acabamos lendo o mesmo tipo de libros cando somos nós os que escollemos. Desta maneira tes outras propostas que nalgúns casos me gustaron e noutros non. Gustoume moito "La llave de Sarah", os de Domingo Villar e tamén "El tiempo entre costuras", aínda que deste último non me gustou o final tan aberto. En “Setecento” non pasei do primeiro parágrafo. Había polo menos vinte palabras que tiña que buscar no dicionario e isto desanimoume e xa non continuei. b. Que teñen unha temática variada. Difícil elección, gustáronme varias, "Cometas en el cielo", "Sol de inverno", "El tiempo entre costuras"; "Mantis" y "El Consuelo" non me gustaron pero linos. o único que deixei foi "La elegancia del erizo" ó


c.

d.

e.

f. g.

h.

i.

j.

k.

mellor non era o momento e podería volver a intentalo, é raro que eu deixe un libro sen ler..." Todas me gustaron en general, pero sin duda me quedo con "Mantís" y "La Cena". Hay algunas que nunca leería de no ser por el club, y por eso mismo es un motivo más para estar en él, porque no se debe opinar de lo que no se conoce y creo que comparar nunca está de más, en cuanto a libros. La que más, de este año, “Tardes con Margueritte”. Y no di terminado “La casa de la linterna” (pero en eso estoy ) por falta de tiempo en estos momentos" Parecéronme ben. A que máis me gustou foi "Sol de Inverno" de Rosa Aneiros. Remateinas todas, aínda que algunha como "El consuelo" de Ana Gavalda custoume un pouco. A maioría teño que calificalas de moi boas a excelentes. Elixir a que máis me gustou non é fácil.- Aínda que non é a máis literaria, quédome coa triloxia de Millenium. A que menos me gustou, aínda que a din rematado, foi “El Consuelo” de Anna Gavalda. A que máis me gustou foi "Tardes con Marguerit" A que non acabei de ler pero lle vou dar outra oportunidade foi "La elegancia del erizo" A maior parte dos libros elixidos gustáronme, a miúdo atopas algo interesante neles, un fío que che impide perderte e deixar de ler. Sen embargo sempre hai un que chega un pouco máis ao interior, neste caso foron dous: "Xuntos e máis nada " e "La elegancia del erizo", dúas obras fantásticas. Pola contra houbo un que non fun quen de ler: "Mantis" de Mercedes Castro. Quizais pola temática, non estaba predisposta para meterme dentro da historia. Creo que menos un libro gustáronme todos, sempre procuro lelos aínda que non poida asistir as reunións. En general, suelen gustarme los libros propuestos, salvo EL CONSUELO, que me fue imposible de leer, no fui capaz de coger el hilo de la historia, me perdía continuamente, no es que no me gustase es que ni siquiera fui capaz de saber que nos quería contar. Uno de los que más me gustó fue MANTIS por ser tan distinto a los demás, porque está escrito de una forma que te hace sentir cómplice de la protagonista sin importarte que lo que hace sea delito. Este es uno de los libros que yo no leería si no lo propusieran en el club, y habría sido una pena. As obras propostas están moi ben, paréceme que é unha lectura moi variada e para tódolos gustos. Non podo dar un título concreto xa que dos libros lidos gustáronme varios, pero os libros que máis me engancharon, ou que non podía


parar de ler foron os pertencentes á triloxía "Millenium". En canto á obra que non puiden rematar...non hai ningunha, soamente tiven algún pequeno problema ó ler "Settecento" pola seu rico léxico. l. Para min foron case todas moi interesantes. A que máis me gustou foi "A ELEGANCIA DO OURIZO" porque nos ensina a ver máis alá das aparencias e a que non fun capaz de rematar foi "Settecento" porque me facía un lio cos personaxes e preferín deixalo. m. Loxicamente sempre hai un pouco de todo, pero en termos xerais a miña opinión é moi positiva A que máis me gustou foi “LA CASA DE LA LINTERNA” da que menos xa me esquecín n. Como foi o primeiro ano penso que a elección das obras está ben. Sen lugar a dúbidas " El tiempo entre costuras ". " Mantis " . A miña vida persoal estaba un pouco estresada e cada vez que me poñía a ler penso que me estresaba máis. Eu creo que hoxe sería capaz de lelo dun tirón. ¡ Terei que intentalo de novo ! 5. Participaches algunha vez nun club de lectura? Cando e onde? a. Nunca. b. Non, nunca oíra falar deles. c. No d. Si. Neste mesmo IES, cando o primeiro fillo comezou aquí os seus estudos, foi entón a primeira vez que participei nun club de lectura. e. Non f. Non. g. Non,este é o primeiro h. Neste mesmo instituto en cursos anteriores i. Non j. No, esta es la primera vez k. Non, este foi o primeiro, e foi unha experiencia moi agradábel. l. Anteriormente a este non. Agora mesmo participo noutro club de lectura na biblioteca de Ares, que tamén é moi interesante. m. non n. Non. 6. Na túa opinión, cales son os aspectos máis salientables desta iniciativa? a. Aínda que non conseguín coller o ritmo dos compañeiros debido sobre todo a que ao principio faltei moito e funme retrasando nas lecturas, non me importou nada. Gústame oír as opinións que teñen os compañeiros sobre os libros, ás veces estas opinións provocan o desexo de ler o libro de que se trata canto antes. O mesmo me pasou coas películas, no caso de "Xuntos e mais nada" a película gustoume tanto que quixen empezar a lelo rapidamente, tamén no caso de "A elegancia do


b. c.

d.

e.

f.

g. h. i. j.

k. l.

ourizo". No caso de "La llave de Sarah" en canto rematei o libro, vin tamén a película. Tanto un coma outra encantáronme. Facer lecturas de libros que nunca se me ocorrería ler, coñecer autores novos e o mellor comentar o lido e comparar opinións. El poder intercambiar opiniones sobre las obras leídas y encontrar matices y sensaciones que a lo mejor se nos pasaron por alto. Es una manera de acercarte a obras que en otras circunstancias no hubieras leído. En mi caso, algunas de las novelas las empezaba a leer por compromiso y acababan enganchándome. Compartir e debater as diferentes opinións que nos formamos coa lectura dos libros escollidos. Irnos coñecendo entre nós a través desas opinións. O clima afectivo, e ás veces ata de complicidade, que se crea arredor desas lecturas tan diferentes dun mesmo libro. A nivel persoal, obrigarme a facer un "stop", no medio doutras obrigas, para acudir a esa cita quincenal que sempre agardo con impaciencia e á que me molesta grandemente non poder acudir nalgunha ocasión. Sobre todo compartir cos demais o gusto pola lectura, cousa que no meu ambiente habitual non solía facer. Coñecemos autores novos, que de non ser polo club non teríamos lido e fainos adentrar no mundo dos libros dunha maneira tal , que xa non das saído del. No primeiro lugar, a formación dun grupo de compañeiros/as fabuloso. Coñecer novos escritores/as é as súas obras. Por último, é no meu caso, perderlle o medo a ler unha obra en galego." Crédito Imaxe Poder xuntarte con xente e escoitar distintas opinións sobre unha afección común Poder compartir lecturas con outras persoas e comentar os diferentes aspectos e visións que temos das mesmos Creo que todas, ler, o estar cos demais compañeiros.... Como tienes "deberes" te marcas una fecha para terminar de leer un libro. Lees libros que si no se propusiesen en el club no los leerías. Compartes con otros lectores la opinión sobre la misma obra ya que como cada uno tiene una visión distinta (por ser personal), encuentras matices que tu no habías descubierto. Me lo paso genial, no por mencionarlo al final es lo menos importante. Momento de compartir os distintos puntos de vista dos libros que cada un temos, e aprender da interpretación que cada un lles dá. É unha actividade social na que compartimos distintas formas de ver os personaxes, de falar da intención do autor, de ver películas, etc que me está resultando moi enriquecedora. Grazas a esta iniciativa leo máis e apenas vexo a televisión.


m. Compartir inquedanzas e experiencias, contrastar opinións, adquirir coñecementos. n. Coñecer novas persoas, diferentes puntos de vista sobre un mesmo tema. 7. Paréceche ben o xeito de elixir as obras? Deberíamos facelos doutro xeito? Como? a. Paréceme moi ben. Como xa dixen mais arriba, é un xeito de ler obras que doutro xeito seguramente non lería. Tamén me gusta que os compañeiros comenten libros que leron pola súa conta e que lles gustaron. b. Está ben así. c. Creo que todos teníamos que participar más a la hora de elegir las obras. Pero la culpa es nuestra por quedarnos callados. d. Non se me ocorre doutra maneira, xa que fiarse das recensións (na prensa, na rede, nas revistas especializadas) resulta a veces un fiasco. e. Paréceme ben. Case sempre son elixidas partindo da base de que a alguén coñecido ou xente doutros clubes as leron, e resultáronlles interesantes. Non o faría doutro xeito f. Está ben así. g. Paréceme ben porque é compartida a elección. h. Penso que as persoas que disfrutamos coa lectura aceptamos de bo grado aquelas propostas que nos suxiren. Estou de acordo co xeito de elixilas tendo en conta que nalgún caso, como "La cena" o "La llave de Sarah", foron suxestións de membros do club de lectura ou que xa estiveran outros anos i. Esta ben j. A mí me parece bien. k. Por suposto, en ningún momento impóñensenos os libros, é máis, temos a posibilidade de propoñer novos títulos para próximas lecturas. l. Si, tendo unha especialista tan boa, podémonos fiar dela ao 100% que sabemos que sempre acerta. Con Loly estamos encantadas, pasamos unha tarde moi amena e diferente. m. Si n. Si. Non teño nada que engadir sobre estes aspectos 8. Que che pareceu a idea de acompañar á lectura da novela o visionado da adaptación cinematográfica? Poderías razoar a túa resposta? a. Encantáronme. Nos dous casos que vin ata agora gustoume a película e non me decepcionou para nada o libro, que lin despois de ver a película. No caso de "La


b.

c.

d.

e.

f. g. h. i. j.

k.

llave de Sarah" gustoume tanto o libro que ao acabar díxenlle ó meu fillo que me descargara a película e vina enseguida. Tamén me encantou. Encántame, é unha forma de disfrutar máis a obra. Doutro xeito seguramente nin leríamos na casa algún libro nin por suposto nunca veríamos a película de non estar no club. "Me parece muy interesante. Es una manera de ver como otros interpretan lo que uno ha imaginado durante la lectura de la obra. Tengo que decir que nunca he visto una película que haya superado la novela." "Xenial. Aínda que hai adaptacións horrorosas, pero é unha sesión estupenda, poder comentar a peli, o ben ou mal que segue o libro, o acaídos que nos parecen os actores ou actrices para cada papel, as risas que botamos... o café e as madalenas do cuñado da profe... Sobre todo porque doutro xeito non atoparía tempo para ver a película. Visionala en pantalla grande e a escuras, é case coma ir ao cine. E porque os comentarios posteriores adoitan ser moi amenos." Ao principio non me atraía demasiado a idea, pois resultaba un día de non dedicación exclusiva para os libros. Co tempo a miña idea cambiou, porque aínda que na maior parte dos casos o libro é mellor, tamén hai versións fantásticas nas cales os directores, actores..., captan perfectamente o que nos pretende transmitir o libro. En moitos casos tamén o feito de visualizalo fai que o recordes mellor. Gústame a idea. Penso que a maioría das veces cando remata a película botamos moitas cousas en falta. Teño claro que engancha moito máis a lectura. Paréceme moi ben porque tes a opción de ver a película nada mais rematar a lectura e podes apreciar as variacións existentes entre un e outro formato. É interesante, unha vez lido o libro, porque che permite comparar a adaptación e a fidelidade que gardan a versión escrita e a cinematográfica. Ben, pero a min gustoume mais os libros, son mais completos me chegan mais sensacións Me gusta ver las películas de los libros que leemos en el club porque las comentamos, lo pasamos muy bien (hasta tomamos café y pastas). Pero a mí, normalmente las películas de los libros que leo no suelen gustarme demasiado porque yo ya me forme mentalmente mi película y no suele coincidir con la versión cinematográfica. Paréceme ben poder ver a adaptación ó cine, pero tamén é verdade que en ocasións véxome moi decepcionada. Por unha parte, é interesante xa que podes


facer unha comparación do lido co que estás a ver, e ademais pode que exista xente que, fóra dos clubes de lectura, ó ver as películas se anime a ler o libro. Pero por outra, as películas decepciónanme xa que hai momentos ou detalles que no libro se destacan moito e que lembro con especial interese e que despois na película non aparecen, ademais trátase tanto de sintetizar o libro que, finalmente, en ocasións non parece o mesmo. l. Moi boa, aínda que sempre nos gusta máis o libro tamén disfrutamos moito das películas ( e das lambetadas..). m. Perfecta é unha forma de combinar dentro do club dúas artes n. Ben. Se o guión está ven adaptado ofréceche una boa visión da obra en xeral e nalgúns casos pode aclarar dúbidas sobre ela. 9. Cumpríronse as túas expectativas? Podes explicalo? a. Absolutamente. Dende o primeiro día que asistín encantoume e aínda que ó principio faltei varios días, actualmente deixo todo o que teño que facer para asistir ás reunións dos luns. Rimos, divertímonos, comentamos. Para min é unha experiencia totalmente enriquecedora. Ás veces entre o traballo, os fillos, a casa, ... esquéceste de facer outras cousas que poden supoñer unha tremenda ilusión como é neste caso, para min, asistir ó club de lectura. b. Si, para min estas xuntanzas son moi importantes porque compartimos puntos de vista, opinións... aprendemos e pasámolo ben. c. Si. A través de las lecturas que hemos llevado a cabo, me he acercado a autores que quizá nunca hubiera leído. Además se van ampliando mis gustos en cuanto al tipo de obras que me interesan. d. Non sei se tiña obxectivos previos, polo menos conscientes. é un deixarme ir, coma "un río que nos leva". Se o obxectivo era compartir lecturas, si. Se era pasar un tempo agradable falando de libros, tamén. Se era esquecer a rutina e as presas cotiáns, case tamén, aínda que só sexa por unhas horas. e. Si. Vin que era máis habitual do que pensaba, que o meu compañeiro de viaxe a todas partes, fose un libro.Somos moitos os que estamos aí. f. Cumpríronse ao cen por cen. Gústame a lectura. Gústame pertencer a grupos de persoas que teñamos cousas en común. Gústame ver pelis e comer pastas e palomitas. Penso que con estes gustos non é moito pasar dúas tardes dos luns ao mes en boa compaña. g. Si que se cumpriron,


h. i. j.

k. l.

m. n.

pois obrígome a ler xa que senón por falta de tempo non o faría, abandonando un dos meus leceres preferidos Os obxectivos están cumpridos sempre que disfrutas do que che aportan as diferentes lecturas Por suposto Si. Yo empecé en el club con un poco de recelo, no sabía muy bien donde me iba a meter, tenía un poco de miedo de que las opiniones fuesen muy profundas, como muy intelectuales, pero desde el primer día me hicisteis sentir muy bien y estoy muy contenta de pertenecer a él. Cumpríronse con creces, vivimos unha boa experiencia compartindo lecturas con nova xente. Cumpríronse sobradamente e non pensei que me enganchara tanto, xa que eu non era moi lectora. É dicir que estou encantada, tanto das compañeiras como da experiencia en sí. Recoméndolla a todo o mundo que poida asistir, non se vai arrepentir. Si moi fácil , relacioneime con xente con inquedanzas lectoras e con ideas diversas. Si.

10. Gustaríache continuar o vindeiro curso? a. Por suposto. b. Si, sen dubidalo, mentres poida estarei aí ata que me botedes por pesada... c. Si. d. Si, por suposto, aínda que cada vez me resulta máis complicado casar o tempo. Pero farei todo o posible por estar aí. e. Encantaríame f. E o vindeiro, o vindeiro e o vindeiro máis. g. Si, e de feito penso facelo h. Xa estou desexando que chegue outubro. i. Por suposto j. "SI, mientras pueda me gustaría seguir formando parte de el Club de Lectura "O Segrel" k. Si, de feito, aínda que a miña filla cambiará xa este ano o instituto pola universidade, quero seguir. l. Claro que me gustaría, e dende logo que vou asistir, sempre que poida. m. Si n. Si. 11. En caso de querer continuar, que che parecería a idea de que a lectura se centrara naqueles clásicos da nosa literatura que ninguén debería perderse? a. Penso que preferiría que estes clásicos se intercalaran con outras obras de actualidade como as que estamos lendo este ano. b. Non me agrada moito a idea, pero non me importaría ler un par de clásicos, tampouco máis.


c. Sería interesante. d. Estupendo. É probablemente a única oportunidade que se nos presente para coñecelos e compartilos. e. E xenial. Creo que as obras clásicas e non tan clásicas, son a base de moita da obra actual. Calquera autor contemporáneo que se precie de escribir ben, ten que ter lido moito e variado de autores doutras épocas. f. Pode ser boa idea, sempre e cando se alternen con cousas actuais. g. Moi ben porque senón nunca me poñería a lelos. h. Me parece interesante que todos teñamos a oportunidade de ler literatura clásica, sobre todo esas obras que ninguén debería perderse, aínda que non me gustaría que as lecturas se centrasen só nese tipo pois, persoalmente, disfruto moito do tipo de literatura que estamos a ler i. A min me da igual o libro, gústame todo tipo de lectura j. Me parece bien, así estoy segura de que voy a leerlos. k. Estou de acordo, en ocasións centrámonos máis na literatura actual e deixamos de lado os nosos clásicos que, por suposto, deberían ser lidos ó menos unha vez por todos nós. l. Eu xa dixen que non son moi lectora. Entón xa veremos como me vai pero eu inténtoo e se non son capaz leo outros, non será por que non haxa libros no Segrel do Penedo.. m. Estaría totalmente de acordo n. Paréceme unha boa idea, sempre e cando non leamos " El QUIJOTE " dun tirón. 12. Tes algunha suxestión que facer de cara a continuar no club? a. Pola miña parte intentarei comezar o novo curso asistindo a todas as reunións e non retrasarme na lectura das obras para que poida comentar o libro de que se trate ó mesmo tempo que os demais compañeiros. b. Como a min gústanme case tódolos xéneros: acción, misterio, histórica, de denuncia social... de autores españois, estranxeiros, galegos (de non estar no club non lería case nada en galego, e vexo que xa non me importa, vamos coñecendo autores e enganchámonos na súa obra) c. No. d. Gustaríame que se nos iniciara un chisquiño non nun debate literario, non sei se nas formas de escribir de autor@s, recursos, ir un pasiño máis alá da opinión persoal e os gustos propios. Pero non sei se a tod@s nos gustaría. E repetir aquela idea de levar cada sesión algunha lectura preparada (poema, parágrafo dalgún libro, artigo, presentar un libro que nos guste...) para lerlle aos demais en voz alta.


e. f. g. h. i. j. k. l. m. n.

Aínda que xa sei que logo nos esquecemos e non cumprimos. Pero estaba moi ben. Pertenzo a unha xeración moi pouco afeita ás novas tecnoloxías, co cal eu non uso o blog. Creo que nos pasa a máis, é algo que debía cambiar. Aínda que somos un grupo importante, non me importaría que aumentase. Nada, seguir polo mesmo camiño. Me gustaría recuperar a idea de que cada persoa lese un fragmento dalgún libro que lle tivese gustado especialmente, algo así como "os nosos favoritos" Non No, lo siento mucho, pero no se me ocurre nada. A verdade é que non, paréceme que a coordinadora da actividade teno todo moi ben pensado e non deixa en ningún momento que nos cansemos de ler. Facer algunha excursión, xunto so rapaces, por algún roteiro literario, por exemplo.. a poder ser incluír textos de CUNQUEIRO ou ANXEL FOLE entre outros De momento non. Non

13. Visitas o blog do Club de lectura? Que che parece a idea de poder deixar os comentarios das obras lidas? a. Só o visitei unha vez. Paréceme moi ben poder comentar as obras que temos lido. b. A veces si, pero non escribo nada porque non me manexo moi ben coa informática. c. No lo visito mucho. Pero me parece una gran idea y espero visitarlo más. d. O visito con menos frecuencia da que quixera por falta de tempo. Porque me gusta ler as referencias á obra que colga a coordinadora, a selección de vídeos (trailers, presentacións, entrevistas a autor@s, música do libro, escenarios, lugares...) Deixar os comentarios está moi ben, porque poñemos o que a veces, por timidez, porque naquel momento non se nos ocorreu, por non poder acudir, non comentamos na sesión do club. É unha mágoa que non participemos máis. Entono mea culpa. Tamén me gusta visitar o do club d@s rapaces/zas. e. Si visito o blog. Non deixo comentarios porque creo que non me expreso moi ben, pero encántame ler os dos meus compañeiros. f. Si que o visito, e paréceme moi ben facer os comentarios das obras. g. Non o visito, son moi torpe coas novas tecnoloxías e tampouco teño demasiado tempo.


h. Si. É unha idea interesante poder facer o teu comentario, sobre todo se non podes acudir a algunha das sesións. É un xeito de non perder o contacto cos membros do club de lectura i. Si visito o blog, e comentei un par de veces polo que me parece ben poder deixar comentarios, e unha maneira de coñecer opinións dos demais e ata aveces de enterarte de cousas que se te poden haber pasado do libro j. Me parece genial que se puedan comentar las obras en el blog, pero yo no lo hago porque soy una analfabeta informática y nunca lo intento. NO sabes el esfuerzo que me está suponiendo este cuestionario, yo soy de folio y bolígrafo. k. Visítoo de vez en cando e a verdade é que nunca deixei ningún comentario, aínda que me pareza boa idea, a verdade é que eu non son moi amiga das tecnoloxías e non miro moito o ordenador. l. Si que o visito. Téñoo en favoritos pero comentarios ata de agora non deixei, aínda que si os fago no meu facebook. A partir de agora igual participo, si me acostumo a utilizar o correo de yahoo m. "Si, ben" Este ano, son sincera non o fixen. n. Paréceme estupendo utilizar as novas tecnoloxías neste campo. 14. Que opinión che merece o feito de compartir lecturas e encontros con autores, cos membros do Club da rapazada? Por que? a. Paréceme moi ben. Proximamente teremos o encontro con Carlos de Castro e será para min a primeira vez que teña ocasión de coñecer ós rapaces. Gustaríame que o meu fillo se animase a participar aínda que de momento non se animou. Fantástico. Coñecer ós autores é unha cousa preciosa para os amantes dos libros, ademais si son autores de libros que che gustaron aínda é mellor. b. A reunión dos nenos e pais é moi enriquecedora, xa que eles teñen outro punto de vista que se complementa co noso, fan preguntas que ó mellor a nos nin se nos ocorrerían" c. Mi opinión es positiva, el conocer al autor de una obra, con la que uno ha disfrutado, es un privilegio. Y mucho más si es compartido con gente joven, que sin duda pueden aportar unos puntos de vista diferentes. d. Unha idea estupenda. Ver coma se desenvolven el@s, escoitar as súas opinións, a soltura coa que se manexan, a naturalidade coa que tratan a autor@s, sempre me produce sorpresa. Compartir (e comprender) a súa visión dunha mesma obra, tan diferente do noso ollar adulto, tan sen prexuízos sobre xeitos e maneiras, con tantos outros, prexuízos marcados pola sociedade na que viven... é un descubrimento que aporta "frescura" ás nosas lecturas de xente "razonable" e. E moi interesante. Os rapaces son moi directos e soen facer aquelas preguntas que ninguén se atrevería, é moi divertido. Por outro lado o encontro con autores é fantástico, son xente normal que ven a explicarche o seu traballo, e podes preguntar tódalas dúbidas ou curiosidades que tiveses cando liches o seu libro. f. Paréceme estupendo e penso que aos autores é aos rapaces tamén. Por que? Porque coñecer a xente como Rosa Aneiros, non ten prezo. g. Unha oportunidade moi bonita porque podes coñecer en persoa aos autores á vez que compartes a opinión e gustos dunha xeración máis nova.


h. É un dos momentos máis esperados, poder coñecer o que levou a un autor a escribir un libro, a súa labor investigadora e poder así coñecer un pouco máis a fondo a súa obra i. Moi boa xa que os nenos a veces ben o mesmo libro de outra maneira e iso nos axuda a entendelos entre outras cousas j. Compartir lecturas con los "niños" me parece enriquecedor para todos, pero sobre todo para nosotros los adultos pues ellos suelen ser más imaginativos y tienen menos prejuicios que nosotros. Los encuentros con los autores es un lujo, que vengan ellos al club sin tener nosotros que esforzarnos por ir a donde ellos estén haciendo la presentación de su libro o cualquier otra promoción es lo mejor que nos puede pasar. k. Si. Creo que é interesante o feito de xuntarmos de vez en cando os dous clubes de lectura, así a visión das nosas lecturas é máis ampla, e tamén é interesante ver que esa rapazada sente especial interese, coma nós, por algo tan bonito como o é a lectura. En canto ós encontros cos autores, podería dicir que son unha oportunidade, agradecida, de poder preguntar ós mesmos en qué se inspiraron á hora de escribir ou moitas dúbidas que poidan xurdir. l. Moi interesante, tanto para nós como para o alumnos/as. Éles poden comprobar o ben que o pasamos e nos tamén podemos observar o que lles preocupa e que tipo de preguntas lle fan o autor/a. m. Paréceme ben porque de todo e de todos sempre se aprende n. Ben. Sempre aprendes de todo o mundo.



Enquisa Club de Lectura 2011