Page 1


MÁIS DE NOVENTA OUTONOS Con máis de noventa outonos chora a vella, semella un gran lirio a súa branca cabeza, coma unha flor murcha abre a reixa. Que paseniño camiña a pobre vella! Mira sen ver as follas caídas e vellas do novo outono que agora comeza. Sóbese no coche que de alí a alonxa, mentres que anguria unha congoxa. Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea. Xa non voltará máis á súa vida aquela. Xa chegou o outono para ela. Pero mantén a esperanza a pobre vella que soña que voa cara á súa aldea e mentres tanto o outono chora por ela. Ana Armenteros (3ºESO)

Crédito da imaxe


O ÚLTIMO SEGUNDO Reflexos vermellos tinguen a auga da lagoa, O olor a óxido flota no aire, O sangue esparéxese polo chan, Como un río que corre ata a desembocadura. E xunto un olmo tendido sobre os pétalos Caídos das mapoulas, un corpo desángrase lentamente, Cunha daga cravada no corazón, inmaterial pero presente, E outra, a que máis lle doeu, na fronte. Os raios dun sol primaveral caen sobre os seus cabelos, E o home bota un último suspiro, E cruza a porta. Marta Vázquez (2º ESO)

Crédito da Imaxe


EU SON Eu son o universo, A xente nacida. Unha caracola, Unha vida perdida. Eu son un peixiño, A vela encendida. Un barquiño no mar, Toda a auga bebida. Eu son unha folla, O vento que a leva. A boneca antiga, A mellor amiga. Silvia Iglesias (1º ESO)

Crédito da imaxe


O CAMIÑO DAS LEDICIAS Nun mundo de tolos, que soñou un neno? soñou cun mundo algo máis levadeiro sen armas, sen fogos, sen paro, nin medo. Un mundo sen loita, algo preguiceiro no que as casas foran de caramelo como por obra dalgún feiticeiro. Un mundo perfecto, de moitos irmáns sen muros, nin rabia, por encantamento no que se rexen polo entendemento políticos, reis e todos os cidadáns. Mais este soño é un soño de nenos un soño sen base, nin orden, nin feito cheo de desexos para os pequenos para que sexan libres dalgún xeito. Graciela Feal (3º ESO)

Crédito Imaxe


“O Segrel do Penedo” (IES de Fene)

Concurso de Poesía  

Poemas gañadores do Concurso de poesía convocado polo Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Linguística do IES de Fene.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you