Issuu on Google+

2012 re vXULLO is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to vnºo 42 d a-s Ano v iñ IV as M Traballar a rz o con 2 0amor 0 9é construír unha casa con cariño, coma se a persoa amada fose habitar nnela.º2(Khalil - AGibrán) no I CELEBREMOS SAN CRISTOVO!

Este mes celebramos a festa da nosa parroquia, San Cristovo. Será o domingo día 8 de xullo e teremos comuñóns e procesión do santo, acompañada por gaiteiros. Antano , a figura deste popular xigantón podíase ver coa súa barba e o seu caxato en todas as portas das cidades. Críase que só con mirar a súa imaxe, o viaxeiro libraríase de calquera perigo. Pero, quen era? O certo é que pouco pode dicirse con certeza del. Quizais fose un mártir de Asia Menor ao que xa se lle rendía culto no século V. O seu nome grego significa “o portador de Cristo” e arredor del xurdiron numerosas lendas. A máis común conta que se chamaba Ofero, de estatura colosal e gran forza física e moi orgulloso, que quería servir só aos máis poderosos. Empezou poñéndose ao servizo dun rei, que era o señor de toda a terra, ata que un bo día descubriu que o seu amo asustábase ao escoitar o nome de Satanás. Sentindo entón que ese “Satanás” era máis poderoso ca o rei, decidiu servilo a el, acompañándoo por todos os lugares. Nunha das súas andainas, chegaron a un lugar no que había un cruceiro. O demo, ao ver a cruz, púxose a tremer e, sen atreverse a pasar por alí, cambiou de camiño. Cando Ofero lle preguntou o porqué daquel temor, só obtivo como resposta que nunha SUMARIO cruz como aquela morrera hai moito tempo un inimigo chamado Cristo. Entón, o xigante empezou a Clausura actividades buscar a aquel que, aínda morto, asustaba ao seu anterior amo. Rostros do Barrio Preguntou por todas partes como podía servilo e non atopaba máis resposta que: “servindo aos demais”. Púxose entón á beira dun río, axudando pasar á xente dun lado ao outro aínda que non lle desen nada. Un día subiu nos seus ombros a un pequeno e empezou a cruzar o río. Non sabía que ocorría, pero case non era quen de poder con aquel rapaz e máis dunha vez estivo a piques de caer e renderse. Cando por fin chegou á outra beira, preguntoulle ao neno quen era e por que pesaba tanto, que mesmo parecía levar enriba o mundo enteiro. Entón, aquel raparigo contestoulle que sentía tanto peso porque estaba cargando co universo enteiro, porque el era o creador do mundo: Cristo. Díxolle que a partires dese momento chamaríase Cristovo, “o que leva a Cristo”, e que cada vez que levara a unha persoa, estaríao levando a el. E contan que Cristovo bautizouse e empezou a predicar, converténdose en mártir ao ser degolado por defender a súa fe. Ao principio a súa festividade celebrábase o día 25 de xullo, pero en 1969, o Vaticano, para evitar a coincidencia con Santiago, o patrón de España, decidiu trasladala ao día 10.

(Páxina 2) A vocación laical (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Para vivir mellor (Páxina 5) Avanzando na Ensinanza Social da Igrexa (Páxina 6) A Igrexa ante a crise (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

E así chegou aos nosos días este personaxe cheo de lenda, de quen non se pode asegurar a súa existencia. Pero iso é o de menos. O máis importante é o que representa: o servizo aos demais. Oxalá cada un e cada unha de nós, que si existimos realmente, imitemos ao noso patrón e sexamos quen darnos aos outros, ofrecendo o mellor de nós. Tal vez non sexamos “cristovos”, “portadores de Cristo”, no sentido literal, pero si podemos levar a súa presenza na nosa vida cotiá para que todos e todas o descubran connosco. Somos a parroquia de San Cristovo das Viñas. Celebrémolo e vivámolo! FELIZ FESTA!


A FUME DE CAROZO CLAUSURA ACTIVIDADES CENTRO SOCIAL O pasado xoves, 21 de xuño, celebramos unha festa como clausura das actividades do centro social. A asistencia dos participantes foi muy numerosa. Cada quen aportou algo para compartir e así organizouse unha merenda estupenda. Como non podía ser menos, cada grupo amosou parte do traballado no seu obradoiro. Así, houbo algunha danza do mundo, unha pequena exhibición de Tai Chi e xogos moi divertidos nos que todos e todas participaron animadamente. Coas obras realizadas na actividade de manualidades montouse unha exposición no local da Asociación de Veciños, que foi visitada por moitas persoas da parroquia. Todos e todas coincidiron en que as alumnas (e a súa mestra, por suposto) son unhas verdadeiras artistas. Pasamos unha tarde moi agradable, na que todos sentimos na nosa casa. Grazas a todos e todas os que a fixestes posible.

Se queredes ver máis fotos (e algún vídeo), podedes visitar o noso blog parroquial: www.sancristovodasvinas.blogspot.com

ROSTROS DO BARRIO Este mes, como non podía ser doutro xeito, traemos a esta sección o rostro das persoas que fan posible o desenvolvemento das actividades do Centro Social. Non todas viven no barrio, pero sentimos que xa son parte del. Mª José, Loli, Abel, Ana, Divina: persoas solidarias, comprometidas, que desinteresadamente comparten o seu tempo e saber para axudar, ensinar e animar aos demais. Sabemos que ningunha delas o fai por destacar, pero parécenos de xustiza facerlles un pequeno recoñecemento dende aquí, a revista parroquial, na que queremos se sinta representada toda a comunidade. Grazas pola vosa xenerosidade, pola vosa sempre boa disposición, polo voso compromiso, pola vosa forza e constancia. Por ser e facer parroquia, comunidade e, como non, por non deixarvos levar polo desánimo e seguir compartindo e construíndo camiño connosco. Esperamos contar convosco o vindeiro ano e, mentres tanto, disfrutade do verán, que tamén necesitaredes descansar e “desconectar” un pouco para “recargar pilas”.


A LAREIRA A VOCACIÓN LAICAL Pensando nun tema para escribir este artigo puxémonos a mirar revistas doutros meses, e foi a da portada da Larada do mes pasado a que nos deu a pista... Se recordades, nesta portada fíxose un percorrido polo curso que acaba de finalizar, onde se hai algo que destacar é a presenza, e a resposta de cada un dos membros que formamos a nosa comunidade. Por iso o tema é a vocación laical. Quizais o termo laico poida ser algo confuso xa que estamos cansos de escoitar, por exemplo, que España é un país laico apelando a que é aconfesional, pero nós definimos laico como todo o bautizado que non é nin sacerdote nin relixioso e ten unha opción clara por vivir os valores do evanxeo en medio das realidades do mundo. Segundo o Vaticano II: “Laico é aquel fiel cristián que opta por seguir a Cristo dende as súas ocupacións e condicións ordinarias da vida familiar e social, exercendo o seu apostolado en medio do mundo á maneira de fermento”. Cando se fala de vocación o primeiro que nos vén á mente é a vocación sacerdotal ou relixiosa, se cadra porque parece que esta vocación está máis perfilada, pero cada un de nós estamos chamados por Deus e isto é precisamente a Vocación Laical. Polo tanto, como bautizados e confirmados, partimos da conciencia de ser chamados, respostando a unha iniciativa que non parte de nós senón do Señor. Esta chamada é unha chamada persoal, que toca as entrañas de cada un, apelando ao seu propio ser, pero que só se pode materializar en comunidade. Aínda que a chamada se poida materializar só co Outro, o plantexamento central da vocación impregna outras facetas da vida tamén vocacionais nun sentido máis amplo, como o son a familia e a actividade profesional. Neste sentido os laicos temos que acometer de forma clara a vocación profesional, de xeito que o servizo aos demais sexa o fundamento do traballo e, ao mesmo tempo, pensar que tanto nas nosas profesións coma nas nosas vidas o compromiso cristián debe facernos testemuñas nos campos social, político, económico e cultural. A misión non queda como un departamento estanco senón que está presente en cada faceta do día a día. Por iso é moi importante a coherencia, levar a nosa forma de ser, de pensar, de sentir a tódalas facetas da nosa vida, sería un tanto esquizofrénico vivir dun xeito na familia, doutro no traballo ou doutro na parroquia... Diriamos que a principal misión do laico é ser semente no mundo, loitar pola construción do Reino de Deus neste mundo, e de vivilo nunha Igrexa que sexa signo deste Reino, polo tanto ten un dobre sentido tanto fóra como dentro da Igrexa. Os laicos debemos formarnos e transformarnos a través das nosas accións para desenvolver a nosa tarefa, e apoiarnos na oración para que non nos falten as forzas para levar a cabo esta misión. Por suposto cada un dentro das nosas posibilidades, debemos traballar para poder chegar a deixar o noso granciño de area para que neste mundo se vaia realizando o Reino.

Yolanda e Juan


Á CALOR DA PALABRA Domingo 8 (Mc 6,1-6) En aquel tiempo Jesús fue a su tierra acompañado de sus discípulos. El sábado se puso a enseñar en la sinagoga, y la gente, al oírlo, decía asombrada: «¿De dónde le viene a éste todo esto? ¿Cómo tiene tal sabiduría y hace tantos milagros? ¿No es éste el carpintero, el hijo de María y el hermano de Santiago, de José, de Judas y de Simón? ¿Y sus hermanas no viven con nosotros?». Y se escandalizaban de él. Jesús les dijo: «Sólo en su tierra, entre sus parientes y en su casa desprecian al profeta». Y no pudo hacer allí ningún milagro, aparte de curar a algunos enfermos imponiéndoles las manos. Y se quedó sorprendido de su falta de fe. Recorrió después las aldeas del contorno enseñando. Domingo 15 (Mc 6,7-13) En aquel tiempo Jesús llamó a los doce y los envió de dos en dos, dándoles poder sobre los espíritus inmundos. Les ordenó que, aparte de un bastón, no llevasen nada para el camino: ni pan, ni alforja, ni dinero en la faja; que fueran calzados con sandalias, pero que no llevaran dos túnicas. También les dijo: «Quedaos en la casa en que entréis hasta que dejéis aquel lugar; y si no os reciben ni os escuchan, al salir de allí sacudid el polvo de vuestros pies en testimonio contra ellos». Ellos se fueron a predicar que se convirtieran; echaban muchos demonios, ungían con aceite a muchos enfermos y los curaban. Domingo 22 (Mc 6,30-34) En aquel tiempo se reunieron de nuevo los apóstoles con Jesús y le contaron lo que habían hecho y enseñado. Él les dijo: «Venid conmigo a un lugar retirado y tranquilo y descansad un poco». Porque eran tantos los que iban y venían, que no tenían tiempo ni para comer. Y se fueron en la barca a un lugar tranquilo ellos solos. Al ver que se iban, muchos se dieron cuenta, y de todos los poblados corrieron allá a pie y se les adelantaron. Jesús, al desembarcar y ver tanta gente, se compadeció de ellos porque eran como ovejas sin pastor, y se puso a enseñarles muchas cosas. Domingo 29 (Jn 6,1-15) Después Jesús pasó al otro lado del lago de Galilea (o Tiberíades). La gente lo seguía, porque veían los prodigios que hacía con los enfermos. Jesús subió al monte y allí se sentó con sus

discípulos. Estaba cerca la pascua, la fiesta de los judíos. Jesús alzó los ojos y, al ver tanta gente, dijo a Felipe: «¿Dónde compraremos panes para que coman todos ellos?». Decía esto para probarlo, pues él sabía lo que iba a hacer. Felipe le contestó: «El sueldo de un año no bastaría para que cada uno de ellos comiera un poco». Entonces, uno de los discípulos, Andrés, el hermano de Simón Pedro, dijo: «Aquí hay un muchacho que tiene cinco panes de cebada y dos peces. Pero, ¿qué es esto para tantos?». Jesús dijo: «Decidles que se sienten». Había mucha hierba en aquel sitio. Eran unos cinco mil hombres. Jesús tomó los panes, dio gracias y los distribuyó entre todos; y lo mismo hizo con los peces. Les dio todo lo que quisieron. Cuando se saciaron, dijo a sus discípulos: «Recoged los trozos sobrantes para que no se pierda nada». Los recogieron, y llenaron doce canastos de las sobras de los cinco panes de cebada. La gente, al ver el milagro que había hecho Jesús, decía: «Éste es el profeta que tenía que venir al mundo». Y Jesús, dándose cuenta que querían llevárselo para hacerle rey, se retiró otra vez al monte él solo. Domingo 5 de agosto (Jn 6, 24-35) En aquel tiempo, cuando la gente vio que no estaban allí ni Jesús ni sus discípulos, subieron a las barcas y fueron a Cafarnaún en busca de Jesús. Lo encontraron al otro lado del lago, y le dijeron: «Maestro, ¿cuándo has venido aquí?». Jesús les contestó: «Os aseguro que no me buscáis porque habéis visto milagros, sino porque habéis comido pan hasta hartaros. Procuraos no el alimento que pasa, sino el que dura para la vida eterna; el que os da el hijo del hombre, a quien Dios Padre acreditó con su sello». Le preguntaron: «¿Qué tenemos que hacer para trabajar como Dios quiere?». Jesús les respondió: «Lo que Dios quiere que hagáis es que creáis en el que él ha enviado». Le replicaron: «¿Qué milagros haces tú para que los veamos y creamos en ti? ¿Cuál es tu obra? Nuestros padres comieron el maná en el desierto, como está escrito: Les dio a comer pan del cielo». Jesús les dijo: «Os aseguro que no fue Moisés quien os dio el pan del cielo; mi Padre es el que os da el verdadero pan del cielo. Porque el pan de Dios es el que baja del cielo y da la vida al mundo». Ellos le dijeron: «Señor, danos siempre de ese pan». Jesús les dijo: «Yo soy el pan de la vida. El que viene a mí no tendrá hambre, y el que cree en mí no tendrá sed jamás.


MUXICAS CLAVES PARA VIVIR MEJOR El verano puede ser un buen momento de tomarnos la vida con más calma, de pararnos un poco y pensar cómo podemos sentirnos mejor, tener una vida más serena. Aquí tenemos alguna idea:  Conduce tu vida: Recuerda que nadie puede hacer más por nuestro bienestar que nosotros mismos. Asume la responsabilidad de salir adelante, deja de esperar a que otros carguen contigo.  Busca el lado positivo de las cosas: Enfrenta con una visión optimista y positiva todas las situaciones que se presenten en tu vida; esto hará que los momentos difíciles sean más llevaderos y fáciles de resolver.  Cultiva a tus amigos: Los amigos muchas veces se convierten en la extensión de nuestra familia. Encuentra el tiempo para compartir con ellos, hazles sentir que pueden contar contigo. Los detalles, las frases amables y el apoyo incondicional nos ayudan a reconocer la amistad. 

Reconoce tus debilidades: Querer ser el mejor en todo puede ser el camino más corto para experimentar la frustración. Reconoce las áreas débiles de tu personalidad y fortalécelas. Cuando aceptas tus limitaciones y potencias tus capacidades te sientes más a gusto contigo mismo.

Haz cosas divertidas: Romper con la rutina de vez en cuando, dejándonos llevar por un impulso sano, le dará color a nuestra vida. No seas tan rígido, date permiso para hacer cosas diferentes y divertidas.

Mantén el contacto con la naturaleza: Esta es una fórmula mágica para controlar el estrés y recuperar tu equilibrio emocional. Pasa momentos al aire libre, ve a un parque o a la playa. Abraza un árbol, imaginando que le entregas todas tus preocupaciones. Quédate ahí hasta que te sientas aliviado.

Cuida tu relación de pareja: No permitas que el estrés causado por situaciones externas afecte tu relación de pareja. Las frases amorosas, las caricias, la intimidad, la diversión compartida, el respeto y la comunicación son algunas de las claves para mantener el amor y fortalecer la relación.

Haz ejercicio: Dedica treinta o cuarenta y cinco minutos a realizar algún tipo de actividad física, al menos tres veces a la semana. El ejercicio eleva el ánimo gracias a la emisión de endorfinas, baja el estrés, libera la tensión y recupera la vitalidad. Al mismo tiempo te ofrece la posibilidad de compartir con otros un rato de diversión.

Aprende a disfrutar los pequeños placeres de la vida: Disfruta cuando te des una ducha de agua templada, siente el sol sobre tu cara por unos minutos, escucha tu música preferida... Hay cantidad de pequeños placeres que pueden hacerte la vida más liviana.

Comparte tiempo con tus hijos: Nuestros hijos crecen muy rápido. Encuentra momentos de calidad para acompañarlos, para conversar con ellos, para acariciarlos, interésate en sus asuntos y acompáñalos de cerca para que vivan sus propias experiencias. Recuerda que tus palabras de reconocimiento, aceptación, respeto y amor significan todo para ellos.

Recuerda que todo pasa: No vale la pena sufrir por una situación difícil. Muchos de nuestros problemas son producto de nuestros miedos. Todos los males son pasajeros. Llénate de valor, optimismo y confianza para mirar el futuro de una forma positiva. Conéctate con Dios: Cierra los ojos por unos minutos y reconoce la presencia de Dios en tu interior, agrádesele por todos sus regalos y pídele por aquello que te haga falta para afrontar y disfrutar la vida. Llénate de su presencia y tradúcelo en amor, seguridad, fortaleza, sabiduría, autenticidad, valor, responsabilidad y alegría para vivir mejor cada día.


BRASAS AVANZANDO NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA Hoxe toca falar da débeda externa. Xa o aviso para que ninguén poida levarse a engano. Iso si, tentaremos falar en termos que todos academos a entendelo, que tampouco controlo moito disto. Sabedes como comezou o asunto este? Pois cos petrodólares, que así é como se lle chamaban aos dólares que proviñan da venta do petróleo. O prezo deste “ouro negro” creceu como a escuma alá polo 1973, e ao mesmo tempo o fixeron as finanzas dos países produtores desta materia prima. Resultado: grandes fortunas para uns poucos e a aterraxe de bancos privados para dar acubillo ás inxentes moreas de cartos que se estaban a mover, para despois poder prestar moitos cartos a intereses reducidos. O seguinte paso que se deu foi que os países produtores de petróleo (e bancos) pensaron: e que facemos con tanto dólar? Pois movelo, e deste xeito eses países produtores de petróleo ofreceron cartos a países de todo tipo, a tipos de interese moi pero que moi baixos. Claro que máis do 60% dos créditos foron destinados aos países máis empobrecidos do mundo. O desastre xa se vía vir, e é que a finais dos '70 comezaron a elevarse os tipos de interese, ata catro veces máis, e xa nos '80 os países do Terceiro Mundo adquiriron novos préstamos coa intención de pagar as débedas que non había quen de pagar. O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial, entre outros, fixeron o que se fai agora en Europa: promover axustes, recortes estruturais, etc., de xeito que en moitas nacións africanas e doutras rexións do planeta máis do 50% do Produto Interior Bruto adicábase en exclusiva a pagar as débedas cos bancos. Podemos imaxinarnos cantas persoas morreron de enfermidades facilmente evitables, de fame, de pobreza extrema, de guerras apoiadas por gobernos occidentais (e moitos gañaron cartos vendendo armas, e máis aínda cando se vendía aos dous bandos). Fomentáronse os monocultivos e as poboacións locais deixaron a súa forma tradicional de subsistencia para producir en extensivo, cun só produto, para poder vender fóra e tentar saldar as débedas. Outras consecuencias foron as hambrunas e tamén a dependencia exterior, que as máis das veces prexudica a quen se lle tenta axudar, meténdoo no círculo da pobreza. Culpa da banca, dos países do noso entorno que se lucraban co comercio internacional, dos países produtores de petróleo e tamén, por non faltar á verdade, moita tamén dos gobernantes locais. Xa se dicía no 1999, que “entre as múltiples causas que levaron a unha débeda externa abrumadora deben sinalarse non só os elevados intereses, froito de políticas financeiras especulativas, senón tamén a irresponsabilidade dalgúns gobernantes que, ao ter contraído a débeda, non reflexionaron suficientemente sobre as posibilidades reais de pagamento, coa agravante de que sumas inxentes obtidas mediante préstamos internacionais destináronse ás veces ao enriquecemento de persoas concretas, en vez de ser adicadas a soster os trocos precisos para o desenvolvemento do país. Por outra parte, sería inxusto que as consecuencias destas decisións irresponsables pesaran sobre quen non as tomaron.” (Exhortación Ecclesia in America, dada por Xoán Paulo II). Moita diferenza non parece haber coa situación actual no noso entorno. Pero ollo, cando se di que é inxusto que moitos se vexan na obriga de pagar o mal duns poucos, recupérase un concepto esquecido: débeda odiosa, que vén a dicirnos que o pobo non é responsable das débedas nas que se meteron os gobernantes, e que foron impostas pola forza. O que nos leva a cavilar se non será que nos tentan convencer a troche e moche de que todos debemos axustarnos a un traxe que algúen, que se lucrou comprando traxes, meteu na lavadora e que encolleu. Temos que adelgazar ou non podemos vestir unha camisa e un pantalón? Jean Ziegler, vicepresidente do Consello consultivo de Dereitos Humanos da ONU, afirmou hai menos dun mes: “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Por tanto, estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condeados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg”. Pode soar duro. Pode semellar que o que se afirma vai contra as leis. Pero lembremos a aquel que dicía que a persoa está por riba da lei. Quen se apartaba das normas impostas, para defender a dignidade da persoa. A lei non quer dicir a verdade. E nun sistema inxusto, os cristiáns debemos loitar pola vida e por defender aos máis marxinados e indefensos. Alfredo Losada


LUME ABERTO LA IGLESIA ANTE LA CRISIS ECONÓMICA Y LA REFORMA LABORAL. Muchas veces echamos de menos voces que desde la Iglesia hablen abiertamente de la complicada situación que estamos viviendo. Creemos que todavía son pocas, pero hay algunas. Aquí dejamos alguna muestra. Y no olvidemos que Iglesia sí somos todos, no sólo la jerarquía eclesiástica. CÁRITAS NACIONAL: “…Dudamos que el contenido de la reforma laboral vaya a redundar significativamente en la generación de empleo y mucho menos para las personas más desfavorecidas, al mismo tiempo que la consideramos un retroceso en los derechos laborales de los trabajadores, actuales y futuros. Por tanto, al igual que se mostró ineficaz la anterior reforma laboral, tememos que la actual tampoco generará los puestos de trabajo tan deseados para la ciudadanía, en general, y para las personas más alejadas de un mercado laboral, en particular. Ineficacia que se agrava por el elevado coste que supone en términos de deterioro de derechos laborales. Por el contrario estamos convencidos de que serán otras políticas económicas, públicas, sociales, financieras, fiscales, energéticas, ambientales y otras medidas activas de empleo las que podrán posibilitar la generación de oportunidades laborales también para las personas más distantes del mercado de trabajo.”

HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica) y JOC (Juventud Obrera Cristiana) “…Esta reforma laboral es una vuelta de tuerca más para flexibilizar el mercado de trabajo: - Quiebra el derecho constitucional a la negociación colectiva y a la capacidad organizativa de los trabajadores. No existe negociación real de los trabajadores en el ámbito de la empresa cuando el 95% del tejido productivo español está compuesto por empresas de menos de 50 trabajadores. - Facilita y abarata la expulsión del mercado de trabajo: quita trabas al despido por causas económicas; rebaja la indemnización del improcedente (pasando a 33 días por año trabajado, con un máximo de 24 mensualidades) y elimina la autorización administrativa para poder llevar a cabo los expedientes de regulación de empleo. - Abre el camino para ajustar los salarios a la productividad. Con esta reforma, los salarios de los trabajadores más débiles van a depender de la voluntad unilateral del empresario. - Dificulta, cuando no impide o precariza, el empleo juvenil. Más del 80% del empleo destruido por la crisis corresponde a empleo juvenil. El nuevo contrato de trabajo indefinido, especialmente para jóvenes (también para desempleados de larga duración), dirigido a las empresas de menos de 50 trabajadores, se puede convertir, más que indefinido, en un contrato temporal sin causa justificada.”

Xabier Novell. Obispo de Solsona “…Es fácil buscar culpables de la crisis: acusamos los políticos, los banqueros, los "mercados", el "sistema". Pero, no nos engañemos, sin negar sus responsabilidades, debemos reconocer que el motivo principal de la crisis es que todos hemos querido vivir por encima de nuestras posibilidades. La sociedad de consumo nos ha convencido de que la felicidad consiste en disfrutar de bienestar económico: es feliz quien consume, compra las últimas novedades tecnológicas, viaja, tiene una casa propia, un vehículo de gama alta, un armario variado y dinero para una operación de cirugía estética. Esta sociedad de consumo nos ha engañado. Nos aseguraba que el bienestar de los famosos estaba también a nuestro alcance: "¡Si no disfrutas de lo que ellos tienen es porque no quieres! Si puedes conseguir una casa en propiedad pagando mensualmente un poco más que el alquiler, ¿por qué no te hipotecas? Si, además, la puedes amueblar a la moda por un poco más, ¡no seas bobo! Si puedes tener un coche nuevo con un préstamo que puedes asumir, ¿por qué ir con un coche viejo y esperar a tener el dinero? ". Esta dinámica llegó al paroxismo: "Si puedes hacer cruceros y viajes sin esperar a tener los ahorros, date ese placer!" No estoy hablando de teorías. Hace tiempo, alguien me había explicado el contenido de los cursillos para vendedores de vehículos. Les enseñaban las técnicas para convencer a los clientes que compraran un coche por encima de sus posibilidades económicas y convencían los comerciales más escrupulosos, diciéndoles: "Si el cliente luego no puede pagar, tú ya habrás ganado tu comisión, y ¡ya se espabilará el banco!"


AGENDA JULIO 2012 INTENCIONES MISAS Semana del 2 al 9: Sábado 7: 18,30 h.: Aniversario de Ernestina Barbosa Pintos y su hijo Remigio Abad Barbosa. 19,30 h.: Por Francisco Calderón Sánchez y su hija María. Domingo 8 (San Cristóbal): 12,30 h.: PRIMERAS COMUNIONES Intenciones de Jaime Villares. Semana del 9 al 15: Sábado 14: 19,30 h.: Por Felisa Calvo Ares. Domingo 15: 13 h.: Por difuntos de Consuelo Galán.

Semana del 17 al 22: Sábado 21: 19,30 h.: Aniversario de Isabel Morales Rivas. Domingo 22: 13 h.: Por Enrique y José Juncal Bello. Semana del 23 al 29: Sábado 28: 19,30 h.: Por Ramiro Suárez García. Domingo 29: 13 h.: Por José Sánchez Varela, Begoña Soliño y demás difuntos de la familia. Semana del 30 de julio al 5 de agosto: Sábado 4: Intención particular. Domingo 5: Por Francisco Fraga Raña y Familia Pampín.

Se incorporaron a la comunidad cristiana por el bautismo ¡Bienvenidos!:  Martín López Sánchez  Cristian Couselo Montero

Celebraron su amor en el matrimonio. ¡Felicidades!  Luís Javier Lorenzo Barral y Elisa Sales Fernández  Manuel Casal Garrido y Mónica Castro Méndez Descansa en la Paz del Padre:  Bernardino Luís Naya Raso

PARA APUNTAR EN LA AGENDA:  Reunión Campamento Parroquial: Jueves, 12 de julio, a las 20,30 horas, en el Centro Parroquial.

HORARIO ATENCIÓN DESPACHO PARROQUIAL: Despacho Parroquial: martes y viernes, de 18 h. a 20 h. HORARIO VERANO CÁRITAS PARROQUIAL: Durante los meses de julio y agosto, el despacho de cáritas atenderá sólo el primer miércoles de cada mes: 4 de JULIO y 2 de AGOSTO.

MESA DE REDACCIÓN E COORDINACIÓN Yolanda Sánchez Sánchez Juan López Sánchez Alfredo Losada Suárez José Juan Videla Rodríguez Mª Dolores Mantiñán Loureiro DIRECCIÓN “Centro Parroquial” R/ Birloque, 52 B 15. 008 A Coruña Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945 CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA Mª Dolores Mantiñán Loureiro E-MAIL sancristovodasvinas@gmail.com BLOG: sancristovodasvinas.blogspot.com TIRADA 500 Exemplares. DISTRIBUCIÓN Primeiro domingo de mes na parroquia e no barrio. IMPRIME Velfer

IMPORTANTE: El día 8 de julio, celebración de la festividad de nuestro patrono, San Cristóbal, la misa en la iglesia parroquial, será a las 12,30 h. En el Centro Parroquial será a las 11,30 horas, como todos los domingos. Este año NO HABRÁ PROCESIÓN DESDE EL CENTRO PARROQUIAL. Habrá Primeras Comuniones y al finalizar la Eucaristía, procesión con el santo alrededor de la iglesia.


LARADA XULLO