Issuu on Google+

IRO E Ñ A OMP C U E OM RIDO E F E R P

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

1


Xuntas estrelas e estrelas forman o azul firmamento; xuntas as ondas do vento da nave moven as velas; xuntas as pallas sinxelas forman as medas xigantes; xuntas as gotas pingantes forman regatos sombríos, xuntas as augas dos ríos forman océanos bruantes. Pola unión, de Manuel Curros Enríquez

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

2


XOÁN O meu compañeiro favorito é Xoán. É guapo, alto é fraco. Ten o pelo loiro e os ollos castaños. É «guay». Encántanlle os deportes e non lle gusta nada que lle toquen o pelo. Xoán é un bo falador e non é inquedo. Escollino porque é deportista.

PABLO

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

3


ÁLEX O meu compañeiro favorito é Álex. É un neno alto, co pelo negro e os ollos castaños. Ten un carácter moi alegre, é un pouco falador e inquedo, pero é bo. Encántalle xogar ao fútbol. É o meu compañeiro favorito porque xoga moitas veces comigo ao fútbol.

AARÓN

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

4


ÁLEX FERNÁNDEZ O meu compañeiro favorito é Alex Fernández. É alto, cos ollos marróns e o pelo curto. É guapo e ten nove anos. Álex ten unha irmá e moitos amigos. O seu carácter é alegre, tamen é algo inquedo. Encántalle xogar ao fútbol e falar. Non lle gusta chorar, nin que lle dean de lado os seus amigos. É o meu compañeiro predilecto porque nunca me deixa de lado.

FRANCO

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

5


FRANCO O meu compañeiro favorito é Franco. Naceu en Argentina. Ten a pel morena, os ollos castaños e o pelo negro. É alto e forte. Viste ben. Franco ten tres irmáns. Vivimos no mesmo barrio e imos á escola no mesmo autobús. Ten un carácter moi alegre e é moi falador. Encántalle xogar ao fútbol e non lle gusta xogar ao escondite. É o meu compañeiro predilecto porque é bo, amable e moi educado.

DIEGO

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

6


FRANCO Franco é un neno co pelo e os ollos negros. É alto, non é fraco nin gordo. Ten un carácter moi simpático, é moi divertido e a min faime rir. Non é falador, nin inquedo. Encántalle xogar ao fútbol e ao baloncesto, tamén lle gusta debuxar. Non lle gusta que lle digan tonterías, nin que o insulten. Tampouco lle gusta que se burlen del. É o meu compañeiro predilecto porque sempre está comigo e me axuda.

ÁLEX

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

7


DIEGO O meu compañeiro favorito é Diego. Ten os ollos castaños e o pelo negro. A súa estatura é nomal e está un pouco gordiño. Diego é divertido, simpático, inquedo e falador. Sabe facer malabarismos. Encántalle xogar ás agochadas e cantar. Non lle gusta facer os deberes. É o meu compañeiro predilecto porque somos moi amigos.

SILVIA

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

8


AARÓN O meu compañeiro favorito é Aarón. É moi alto, ten nove anos e ri moito. É moi divertido e tamén é moi bo. Encántalle xogar á «PSP» e tamén ao brilé. Non lle gusta que lle peguen, nin que o insulten. É o meu mellor amigo porque é moi amable.

FÁTIMA

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

9


eduardo Eduardo é alto, e fraco. Ten os ollos castaños, o pelo curto e a cabeza grande. É bo e bastante gracioso. Encántalle xogar ao fútbol. Non lle gusta que lle dean patadas, nin que lle tiren do pelo. É o meu compañeiro predilecto porque é bastante gracioso.

kico

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

10


KICO O meu compañeiro favorito é Cristofer, pero quere que lle chamen Kico. Kico ten unha estatura mediana ou pequena. Os ollos son castaños, coma o pelo. É un pouco nervioso, alegre e moi, pero que moi, falador, tamén é inquedo. Encántalle xogar comigo ao fútbol e ao baloncesto. Non lle gusta que eu non xogue con el. É o meu compañeiro predilecto porque sempre xogamos xuntos.

EDUARDO

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

11


AINHOA Ainoa e loira, cos ollos castaños. A estatura é normal e está un pouco fraca. Vístese como quere, a súa maneira e as veces leva uniforme. Ten un carácter moi alegre, con moito sentido do humor. Encántalle rir, falar e rexoubar. Cando discute, non lle gusta nada que non lle dean a razón. É a miña compañeira predilecta porque é moi divertida e sinxela. Quéroa moito.

FATI G.

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

12


FATI Fati é delgada e recta, de estatura normal. Ten os ollos marróns e o pelo negro. Sempre leva a roupa combinada. É moi amable e simpática, moi alegre e un pouco faladora e inqueda. Encántalle que xoguen e estean con ela. Non lle gusta que a insulten, nin estar soa. É a miña compañeira predilecta porque é moi boa amiga.

AINHOA

O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

13


O MEU COMPAÑEIRO PREFERIDO

14


OS COMPAÑEIROS