Issuu on Google+

BOLETÍN DE BIBLIOTECA Nº 4 CURSO 2012 - 2013 ESTE CURSO SEGUIMOS ENCHENDO DE ILUSIÓN O NOSO BARCO.

DON LIBRESCO Ola a todos!. Rematamos un curso máis e tamén o proxecto documental sobre o mar e a pesca. Foron dous anos de intenso traballo centrado neste tema no que todo o colexio estivo implicado. Queremos felicitar a todos aqueles que se implicaron no traballo e tamén desexamos e esperaramos que o próximo curso sexa ...............

Neste Boletín de biblioteca podedes ver unha recompilación das actividades que desenvolvemos durante este curso e que tanta satisfacción danos aos que traballamos para que a biblioteca sexa un referente no noso colexio. FELICES VACACIÓNS A TODOS !

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS COÑECERON Á NOSA MASCOTA Ao comezo de cada curso, o profesorado ensina a biblioteca ao alumnado novo. A profesora Isabel García, como os cursos anteriores conta o con-

to de “Gromiño” e ensina ao alumnado de 3 anos como funciona a biblioteca .

Durante este curso 2012 – 2013, o colexio seguiu desenvolvendo o proxecto comezado o curso anterior, “Ao Laxeiro chegou un barco cargadiño de...”. Vimos que o traballo podía dar para moito máis e que coincidía co Ano Internacional da Auga. Así que mellor maneira de enlazar todo!.

TODOS NAVEGANDO XUNTIÑOS: BARQUIÑOS E LIBROS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


CURSO 2012 - 2013

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO Para conmemorar este Día, elaboramos una GUÍA DE LECTURA. Nela, o profesorado tiña una serie de referencias a libros que podían ler ao seu alumnado relacionados coa igualdade de xéreno.

UNHA BONITA EXPOSICIÓN NO 25 DE NOVEMBRO. TODO O CENTRO PARTICIPOU NAS ACTIVIDADES.

EXPOSICIÓN SOBRE O SAMAÍN: OS LIBROS QUE DAN MEDO E OS QUE O QUITAN !!!

ACTIVIDADES PARA A PAZ

Celebramos o Samaín, cunha exposición de libros que “dan medo” e libros que “quitan o medo”. O alumnado investigou textos na literatura e recompilou descricións de

lugares, situacións... Con todo fixemos unha exposición. Logo, na Hora de Ler, gozamos coa lectura dos mesmos.

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA INFANTIL E PRIMARIA Este curso escolar ampliamos a experiencia que comezou hai dous cursos. Agora, todo o alumnado (Infantil e Primaria) pode compartir os materiais con toda a familia.

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Unidades Didácticas, exposición de libros e recomendacións de lecturas, murais, e proxeccións de cine para todas as idades...

“HISTORIA DUNHA GAIVOTA” “A VIAXE DE SAÍD” “CRIADAS E SEÑORAS”


CURSO 2012 - 2013

O CLUB DOS CONTA CONTOS

O Club dos Conta – Contos formado polo alumnado de 6º curso de primaria e dentro da programación da materia de Alternativa preparou varios traballos . Pedro, Lara, Naiara e Nicolás representaron “Juan y las habichuelas mágicas”. Alex e David G. prepararon unha presentación en

PowerPoint adaptando un conto de Gianni Rodari “O nariz que escapa”. Alba, Valentina e Elsa representaron en Kamishivai “ El rey de papel” do libro “Cuenta que te cuento”. FANTÁSTICO TRABALLO!!!

ABRIL. MES DO LIBRO. O 23 de abril todas as bibliotecas do mundo celebran o Día Mundial do Libro. Declarado así pola UNESCO en 1995. Neste día e en 1616 feneceron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Para conmemorar este día, programamos diversas actividades: Proxeccións de cine: “Érase una vez un cuento al revés” e “Una estrella alcanzar”.

EXPOSICIÓNS DE NOVIDADES E TRABALLOS

Encontro con autores. Alicia Borrás e Anxo Fariña para o alumnado de 5º curso de educación primaria. Tamén, o Club dos Conta – Contos, deleitaron ao alumnando de infantil e primaria.

“LER E COMPARTIR” PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. Tivemos unha celebración moi especial que a titulamos LER E COMPARTIR. Alumnado voluntario de 6º curso escolleu unha serie de libros para ler aos máis pequenos (infantil e 1º ciclo). Uns día antes, cada aula depositou na “Caixa máxica” unha carta solicitando participar nunha actividade sorpresa. O día 23, todos estabamos nas nosas aulas esperando De súpeto, vimos que debaixo da porta da aula aparecían uns papeliños cunhas misteriosas palabras. Esas misteriosas palabras conducíronnos ao patio e... SORPRESA! HABÍA NENOS E NENAS COMA ESTATUAS CUN LIBRO NA MAN! E...AO ESPERTAR COMEZARON A LER! AS PALABRAS ESTABAN NOS LIBROS!


CURSO 2012 - 2013

ENCONTROS CON ESCRITORES

VIOLETA MONREAL Co alumnado do 1º ciclo de primaria. “Mans de fada e e corazón de nena”.

ANA ALONSO “El diario de Cristina”. Deu moito xogo ao alumnado de 6º curso para documentarse sobre os séculos XVIII e XIX

PEPE MAESTRO Un extraordinario contador de historias para os nenos/as de Educación Infantil.

GONZALO MOURE “Cama y cuento”. Un cidadán do mundo que nos dixo que o importante da literatura é o que suxire, non o que di.

CARLOS PUERTO Un incansable viaxeiro que falou aos nenos/as de 3º de primaria sobre “La rosa del desierto”.

MANOLO UHÍA “O autobús da selva”. Ilustrador, escritor e contador de historias para o alumnado do 1º ciclo.

ALICIA BORRÁS “Nata y chocolate” axudounos a reflexionar sobre a violencia escolar e o maltrato..

ANXO FARIÑA “A chave da Atlántida”. O Premio Merlín 2011 outra vez conosco falando do oficio de escritor e ilustrador. KALANDRAKA Marc Taeger e Olalla González contaron contos con “moita arte”.

MARCOS CALVEIRO “Palabras de auga”. Un estupendo encontro no que aprendemos moito sobre África.

SILVESTRE XURXO. Ti non Cantas aprendemos libro.

GÓMEZ xogas!. cousas do seu

CONTACONTOS “Linda á espreita” Iago García deleitou ao alumnado de infantil coa historia da vaca Linda.

RAFAEL LASO “Unha vida de ra”. Unha ra faladora que conta historias de ras e de persoas.


CURSO 2012 - 2013 TRABALLOS DO ALUMNANDO RELACIONADOS COA AUGA A ENERXÍA DA AUGA

DITOS E REFRÁNS

Como xa explicamos ao principio, este curso mantemos a temática de traballo documental iniciada o curso pasado.

confeccionamos os traballos en cartolinas e expuxemos os mesmos aos compañeiros/as.

O MUNDO MARIÑO. A BAIXAMAR

BARCOS AFUNDIDOS NAS COSTAS GALEGAS

SERES MITOLÓXICOS MARIÑOS

Por último, expuxémolos na biblioteca.

Decidimos que iamos centralo na auga dado que este ano é o Ano Internacional da Auga. Fixemos un listado de temas a traballar, establecemos os grupos, comezamos a busca de información,

LENDAS E MONSTROS MARIÑOS

O MUNDO MARIÑO. A SUPERFICIE

OS BARCOS FANTASMAS

O MUNDO MARIÑO. AS PROFUNDIDADES

OS CULTIVOS DE REGADÍO EN ESPAÑA

O CAMBIO CLIMÁTICO

O CICLO DA AUGA

ADIVIÑAS DE MAR E AUGA


CURSO 2012 - 2013 O PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ILLA DE SÁLVORA

O PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ILLAS CÍES

O PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. CRENZAS POPULARES

O PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ILLA DE ONS

O PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. OS FAROS

APRENDEMOS COUSAS RELACIONADAS CO MAR EN LINGUA INGLESA Este curso aprendemos en inglés moitas cousas relacionadas co mar:

TEATRO INTERESCOLAR

Durante este curso as profesoras Natalia San Marcial e Teresa Prieto prepararon dúas obras relacionadas co proxecto. “Os mariñeiros e a sereíña” interpretada polos alumnos/as de 2º B de primaria e “ Os nenos que plantaron a pedra de auga” polo alumnado de 6º A de primaria.

Na primeira, “dous intrépidos mariñeiros deben pescar sardiñas para a cea. Na aventura atópanse con toda clase dos animais mariños propios das nosas costas”. E na segunda, “un grupo de rapaces teñen que buscar a solución a secura que ameaza ao seu río. Para elo deben atravesar o bosque ata dar cun sabio para que os axude na procura de auga”.

Actividades, como navegar, nadar, pescar, profesións, elementos mariños. Estudamos o vocabulario das partes dos peixes, e cancións.


CURSO 2012 - 2013 O ALUMNADO DE 3 ANOS A INVESTIGARON PREGUNTÁNDOSE ...“FLOTA OU NON FLOTA”

Os nenos din que flotar significa “nadar”. Se algo non flota é porque “pesa moito” ou “non sabe nadar”.

Nenos e nenas manipulan distintos obxectos dentro dunha palangana con auga. A continuación explicamos un conto tralo que deben escoller un barco axeitado para levara aos click ao porto. Unha tormenta arroa os barcos nos que viaxaban estes clicks. Hai que rescatalos!. Probamos cun barco de plastilina, outro de plástico... Tamén intentamos salvar aos clicks cun barco de papel, de cartón e de madeira.

O segundo experimento fixémolo coma un conto, o das tres princesas transparentes que querían atopar as cores do mundo. Cun colorante convertemos tres botellas de auga en tres princesas das cores básicas. Canto máis axitan máis cor conseguían.

O ALUMNADO DE 3 ANOS B QUIXERON SABER...“QUE É A ABSORCIÓN” “Os nenos de tres anos B fixemos dous experimentos coa auga. O primeiro, consistiu en engadirlle a unha cunca con auga bolas de absorción e preguntarlles que pensaban que sucedería (pensamos que cambiaría de cor, que explotaría ou que se desfarían dentro da auga). O resultado foi que as bolas foron collendo tamaño ata converterse a un tamaño de canecas”.

O ALUMNADO DE 4 ANOS A e B FIXERON MOITOS EXPERIMENTOS O VASO E A CARTA PRIMEIRO ENCHEMOS UN VASO CON AUGA

LOGO TAPAMOS O VASO CUNHA CARTA


CURSO 2012 - 2013 UN PAPEL CON DEBUXO Debuxamos una cara nun papel, dobramos o debuxo e metémolo nun vaso con auga. SORPRESA!, o papel está totalmente seco! Que pasará?

AUGA CON SAL E OVOS

Collamos dous vasos. Nun deles botmos sal e remexemos. Logo, introducimos un ovo en cada vaso. Os nenos e nenas observan abraiados como o ovo metido no vaso coa auga salgada, flota e o outro afúndese. MAXIA?.

A AUGA E O ACEITE Enchemos un vaso con auga e aceite. Os nenos e nenas ven como o aceite flota. Remexemos cunha culler e ...FAISE UN REMUÍÑOS DOURADO!!. Pero o aceite volve flotar.

A AUGA E A TÉMPERA Nun base vertemos témpera e remexemos, remexemos cunha culler e observamos como se disolve. NON PASA COMO CO ACEITE!!


CURSO 2012 - 2013 OS ALUMNOS DE 5 ANOS INVESTIGARON AS PROPIEDADES DA AUGA

despaciño e o aceite colocouse sobre a auga enchendo a parte superior.

Descubriron as propiedades da auga a través dos sentidos. Encheron un vaso con auga e aceite, colocaron unha cartolina e déronlle a volta: a presión impide que a auga se derrame. Retiraron a cartolina moi

Discriminamos mediante o olfato diferentes produtos: café, canela e auga. A AUGA NON SE PARECE A NINGUNHA OUTRA COUSA!!!

O CICLO DA AUGA EN 1º A DE EDUCACIÓN PRIMARIA Estes nenos e nenas estudaron o ciclo da auga e plasmaron neste mural o que aprenderon. Cada un deles aportou o seu debuxo que foron pegando xunto con diversos materiais (algodón, papel de prata...). Xa comprendemos por que chove e tamén que fan esas nubes que as veces, nos tapan ese sol que tanto desexamos.

Tamén descubrimos a cor transparente da auga con papel celofán. Recortamos cadrados de distintas cores e envolvemos os vasos para comprobar que a auga é incolora.

Aprendemos que a auga non ten sabor. Enchemos tres vasos con azucre, sal e limón e nun vaso soamente auga. Beberon e mantivemos un debate sobre o non sabor da auga.

Escoitamos como moitos sons están provocados pola auga: a chuvia, as treboadas, o son do mar, dos ríos... HAI COMO RELAXA O SON DA AUGA!

DIVERSAS EXPERIENCIAS EN 1º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA No inverno, os nenos e nenas preguntáronse por que botaban sal nas rúas cando nevaba. Pois que mellor maneira que facer un experimento. Xeo, sal e paciencia para mirar como a auga disolvíase. Tamén se preguntaron por que había obxectos que flotaban e outros non. Pois con auga doce e dous frasquiños cheos con aire e auga...LISTO!. Pero o mellor de todos foi a creación de cristais de sal.

Nunha disolución de auga e sal, puxemos unhas gotiñas de colorante alimentario, e tocou esperar un par de días para ver como se formaban estes cristais. Aquí deixamos algunha foto desta experiencia que resultou moi atractiva e educativa.


CURSO 2012 - 2013 A AUGA COMO FONTE DE ENERXÍA. TEMA DE INVESTIGACIÓN DE 2º A DE PRIMARIA

O alumnado deste curso aproveitou a visita que realizaron aos bombeiros para estudar a importancia da auga na nosa vida cotiá. E de volta á aula comentamos a experiencia e aproveitamos para tratar os estados da auga.

Visionaron fotografias da Terra para saber porquê se chama Planeta Azul.

á biblioteca para consultar libros de carácter informativo.

Vimos a auga como elemento xerador de enerxía eléctrica, a través do visionado de vídeos e fomos

Por último, confeccionamos e pintamos un mural onde se ve un encoro, unha planta potalizadora e unha depuradora.para plasmar o percorrido da auga dos encoros ata chegar aos fogares.

PROXECTO ORCA. TÍTULO DO TRABALLO DE 4º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA O Proxecto Orca foi o título do traballo desenvolvido por estes nenos/as e que entroncou co “Programa de Innovación Educativa para a Mellora da Escritura-Lectura e Cálculo: Proxecto Xogo”. Inspirámonos na vídeo conferencia (organizada polo Equipo de Tics).

REDATAMOS TEXTOS DESPOIS DE PREGUNTARNOS…QUE PASARÍA SE QUEDARAMOS SEN AUGA?

Traballaron en equipo, colaboraron as familias na busca de información, e relacionaron as distintas áreas curriculares. Ao plasmaron nun mural.

final todo

PANXOLIÑAS DAS AULAS DE MÚSICA E PSICOMOTRICIDADE

A PARTE TECNOLÓXICA DE PROXECTO. “No fondo do mar”. Esta foi a canción que prepararon para conmemorar o Nadal e tamén o Faladoiro de Primavera.

Desta parte encargáronse o Equipo de Tics e o Equipo de Biblioteca. Cada un deles subiu á páxina web e ao blog da biblioteca respectivamente, todas aquelas actividades relacionadas co Proxecto “Ao Laxeiro chegou un barco cargadiño de ...quen me quere axudar?” e outras relacionadas coa programación da nosa biblioteca: encontros con escritores, conta – contos...


CURSO 2012 - 2013 SAÍDAS REALCIONADAS CO MAR

MUSEO DEL MAR DE GALICIA. 1º CICLO PRIMARIA

O Equipo de Actividades Complementarias programou diferentes visitas culturais relacionadas co proxecto documental. MUSEO ANFACO DE VIGO. 6º CURSO DE PRIMARIA

VIGO. UNHA CIDADE PORTUARIA. 6º CURSO DE PRIMARIA

ACUARIO DE A CORUÑA. 6º CURSO DE PRIMARIA


CURSO 2012 - 2013 OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Ao longo do curso os alumnos/as de 6º curso formaron equipos para axudar ao equipo de biblioteca en diferentes tarefas: colocación dos fondos despois de practicar a colocación pola CDU, confeccionar murais para as diferentes exposicións, preparar os espazos para as diferentes actividades... GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E POR COMPARTIR CO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESES MOMENTOS DE “APUROS” QUE TIVEMOS AO LONGO

ANIMACIÓNS LECTORAS O alumnado de 6º curso de primaria realiza unha vez ao mes Actividades de Animación Lectora. Cada un ten que ler un libro da súa elección e de calquera tipo: libros literarios, libros informativos, cómics, revistas... Unha vez lio ten que escoller unha actividade das propostas pola profesora ao principio de curso (tamén pode inventarse unha ). Unha vez escollida e preparada a presentan aos seus compañeiros na biblioteca. Con todos os traballos preparamos exposicións

na entrada principal da mesma. TODOS ELABORARON UNS TRABALLOS FANTÁSTICOS!!


CURSO 2012 - 2013

OS HABITANTES DA BIBLIO DESÉXAVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!.

AGRADECEMENTOS O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUERE FELICITAR A TODO O PROFESORADO QUE CONTRIBUÍU CO SEU TRABALLO A QUE A NOSA BIBLIOTECA SEXA UN REFERENTE FUNDAMENTAL NA DIFÍCIL TAREFA DE ENSINAR E EDUCAR. QUEREMOS AGRADECER A TODO O ALUMNADO QUE CONTRIBUÍU CO SEU TRABALLO E ESFORZO NA BOA MARCHA DA BIBLIOTECA E A TODOS/AS AQUELES QUE GOZAN COA LECTURA. VÓS SODES OS QUE FACEDES QUE O TRABALLO SEXA PARA NÓS UN RETO E OS QUE NOS FACEDES MELLORAR DÍA A DÍA!

http://abibliodopintorlaxeiro.blogspot.com


Boletín da biblioteca nº 4 curso 2012 2013