Issuu on Google+

PROPOSTA DE TRABALLO 

SEGUIMOS INVESTIGANDO NA MITOLOXÍA GALEGA, NOS SERES MITOLÓXICOS E NAS LENDAS….  LUÍÑA E O GRUPO DA BIBLIOTECA PROPÓÑENVOS O SEGUINTE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN!

 Cada clase escolle dous personaxes mitolóxicos.  Na portada: nome do personaxe, debuxo ou ilustración, título do proxecto e nome

da biblioteca.  No seguinte folio: descrición do personaxe elixido.  Seguintes folios:lendas relacionadas con dito personaxe.  Último folio: citar sempre as fontes (páxinas, libros) empregadas para realizar o

traballo.  Unha vez rematado deberedes preparalo para expoñelo no que chamaremos “mesas de expertos/as”. É dicir, trátase de contarlle oralmente aos demais compañeiros e

compañeiras a información recollida.  Procurade que a presentación do traballo (marxes, letra, espazos,..) e a parte estética (debuxos, bordes, ilustracións,…) estean coidados.

 En canto elixades os personaxes elaboraremos un calendario, para que quincenalmente unha mesa de expertos expoña na hora de ler.  Bibliografía:

o pps realizada polo equipo da biblioteca (escritorio ordenador biblioteca) o Prezi realizada polo equipo da biblioteca(escritorio ordenador biblioteca) o LIBROS expostos no moble de entrada á biblioteca o BLOG http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/ o páxina web: Galicia encantada o Adxuntamos un posible modelo de traballo sobre “As mouras”


proposta de traballo