Issuu on Google+

Teño figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Os/As nenos/as venme cando xa teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. Son o encargado de facer durmir aos nenos/as con suaves aloumiños.

Sabemos que, se cadra, ti es deses/as que pensan que todos estes lugares nunca existiron e que só son produto da fantasía dos nosos devanceiros… PODES TER OU NON RAZÓN: MAIS NUNCA ESQUEZAS QUE A IMAXINACIÓN ÉCHE A TOLIÑA DA CASA. SOBRE TODO, QUEREMOS QUE TE DIVIRTAS!


Como vén sendo habitual nos últimos anos, desde que o noso centro está no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), traballamos un proxecto común a todo o centro. Este curso xirará en torno ás lendas e aos seres mitolóxicos galegos.

Son un xigante dun só ollo no centro da fronte, que vivo nas covas que hai polo monte e que arraso os campos e as fragas alimentándome de persoas.

“Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve, inzada de reinos, cidades, covas, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e seres capaces de circular entrámbolos mundos: o que vemos e o que temos que imaxinar. Estes lugares están habitados por… TRASNOS, TARDOS E DIAÑOS… MEIGAS, MEIGOS… NUBEIROS E TRONANTES… MOURAS E MOUROS…

Somos demos familiares, moi pequenos, invisibles, maliciosos, aliados das bruxas, causantes de meigallos e enfermidades. Somos os culpables dos ruídos inexplicables e dos fenómenos estraños.

XACIAS E SEREAS… OLLÁPAROS, ANANOS E XIGANTES… LOBISHOMES,…

Queremos que aprendas a tratar con mouros e mouras que habitan nos castros, que voes coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, nun abraiante voo nocturno entre lóstregos, á espera da lúa chea, ata chegar os agachadoiros dos lugares que desapareceron por mor do demo, das serpes ou doutros monstros.

Son un trasno, un anano saltarín, que fago moitas falcatruadas. Asústanse os animais sen motivo, chegas á casa sen traer o que ías buscar, séntense ruídos estraños…


mitoloxia