Page 1

Viaxe a Siria Día 1.- Damasco

O viaxeiro chega a Damasco (punto de coordenadas xeográficas 33º 30’ N 36º 18’ E) e o primeiro que fai, despois de deixar as maletas no hotel Afamia, claro, é dirixirse á gran mesquita dos Omeyas. Na entrada atopa o seguinte escrito: Esta mesquita foi erixida polo gran califa omeya Walid I no periodo dado polo seguinte sistema de inecuacións:

2x 2 4  2 x + 5 ≤ 3 + 720 + 6 x    − x − 3 < − 708   O viaxeiro queda admirado polo minarete principal desa mesquita. Para coñecelas súas dimensións resolve o seguinte sistema de ecuacións, sendo x a altura do minarete e y o ancho:

 x 2 + y 2 = 2426    x − y = 44 

Sabendo este dato, intenta medir a sombra do minarete pero non o consegue posto que hai demasiada xente pola praza, entón o que fai é medir a altura dunha caixa que leva no peto e a lonxitude da súa sombra. A altura dálle 8 cm., e a sombra 7 cm. ¿Canto medirá a sombra do minarete?. Calcula tamén o ángulo de elevación do Sol nese momento. Ocurreselle que, como sabe que a altura do minarete da mesquita Omeya de Alepo, que é de 45 m. ¿Canto medirá a súa sombra nese instante?


Día 2.-Crac dos cabaleiros

O segundo día da viaxe, o viaxeiro parte en dirección ó Crac dos cabaleiros, formidable castelo da época das cruzadas. As súas coordenadas xeográficas son 34º 45’ N, 36º 17’ E. Supondo que a estrada fora recta, calcula as súas ecuacións paramétricas. Na entrada hai un cartel cunha foto do castelo a escala. O viaxeiro, que non se cansa nunca de medir, mide as dimensións e obtén 48 cm. de longo na muralla principal e 6 cm. de altura do portón onde está a entrada ó castelo, que sabe que na realidade mide 25 m. Calcula as dimensións reais da muralla e a escala da foto.

Como non leva reloxo, non sabe a hora, así que, volve a medir a caixiña que mediu o día anterior, mide a súa sombra e calcula o ángulo de inclinación do Sol. A sombra mide 5 cm. e, a caixa, o mesmo que onte mide 8 cm. Se o día anterior a hora en Damasco eran as 13:00 h. ¿Que hora aproximadamente é agora?

Despois de visitar o castelo, parte en dirección Alepo (coordenadas 36º 12’ N, 37º 09’ E). Calcula a ecuación continua da recta que vai do Crac dos cabaleiros a Homs (coordenadas xeográficas 34º 44’ N, 36º 43’ E) e a de Homs a Alepo. Comproba que Homs é a intersección de ambas estradas (isto faise mirando que Homs está nas dúas rectas).


Día 3. Alepo

Despois de durmir no hotel, o viaxeiro vaise á medina, onde ve, alá no alto a cidadela. Recorda que unha vez leu que medía 500 m. de longo. Para coñecer todas as súas mdidas factoriza o seguinte polinomio: 3

2

P (x) = x – 900 x + 179250x + 875· 10

4

Despois de visitar a cidadela, pérdese polos zocos, onde, tras moito regatear, o comerciante dille que o precio ó que lle vende a Kuffiyyah que el quere sae de resolver a seguinte ecuación

3 x 10 x 600 3x + = − 6 30 5 18


Día 4. Hama O día seguinte, de camiño a Palmira, o viaxeiro para a xantar na bonita cidade de Hama (coordenadas xeográficas 35º 08’ N, 36º 45’ E), famosa polas súas enormes norias.

Tralo xantar, colle a estrada de vector director v = (− 0'06,0'82) . Conduce ata un pobo beduíno que visita e, posteriormente retoma o traxecto por unha nova estrada de vector  director w = (− 0'7,0'89) que chega a Palmira (coordenadas xeográficas 34º 32’ N, 38º 16’ E). Averigua as coordenadas do pobo beduíno (Tes que calcular as ecuacións xerais de ambalas dúas rectas e resolver o sistema que xeneran as dúas xuntas).


Día 5. Palmira Unha vez en Palmira, no hotel ve a seguinte foto.

Mide a altura do tipiño e a da entrada na foto, e , supoñendo que o tipiño mide1’73 m. calcula as dimensións reais do arco de entrada á vía principal

Despois vai cara a vía columnada e ve, ó lonxe o castelo de Qala’at Ibn Maan. Mide o ángulo de elevación de muralla exterior e obtén 34º. Pasea un rato polos 1500 m. que mide a vía principal e volve a medir o devandito ángulo, esta vez dalle 53º.Calcula a altura da muralla.


Viajes  

Repaso de conceptos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you