Issuu on Google+

Galiza quer aproveitar os lazos coa lusofonía. Hai momentos nos que as certezas esvaran, e sobre a estrela de oriente que ilumina nos teus miolos o futuro que debes seguer, tíngue-se unha cor preta, semellante aos tizóns que quedan no fondo das fogueiras apagadas da paixón. Iso parece que lle está a pasar hoxe ao galego. Qué pasaría se o verdadeiro Rexurdir dos séculos escuros todavía estive-se por chegar?

Hai uns días camiñando por Portugal cunha coñecida nosa que era propia do país, atopei-me abofé cun fenómeno ben extraño, ou así no-lo fan crer en Galiza. Falando cunha daquelas mulleres dunha zona próxima a unha grande urbe, pero que se podería dicir rural, chegamos a un tema por non sei qué vieiros da conversación. En fin, a muller, xa coa súa avanzada idade e sen ter viaxado nunca, dicía que non podería viaxar até Madrid, onde non entendería nada do que lle diriamos os españois, mais ela entendía-nos a nós, o que se perguntaba era se nós a ela tamén a entendíamos. A resposta miña e de meus pais, nato-falantes a diferenza de min, foi unánime: sí. Cal é o motivo de que unha persoa dunha cultura tan extranxeira como nos din que é a portuguesa nos entenda tan ben, e nós a ela tamén? É evidente que hai un nexo entre Galiza e Portugal, un nexo claro que muita xente deste país trata de evitar, e que máis dun dos leitores deste artigo xa terán adiviñado, agora ben, non sei se evitar este nexo ven dado dun complexo de inferioridade ou de superioridade, creo que de ambas bandas hai casos, e todos teñen un propósito claro: dividir a cohesión galaico-portuguesa pra proclamar a superioridade da cultura española.

Galiza prentede cunha nova ILP aproveitar os lazos co mundo lusófono. O aproveitamento destes lazos coa lusofonía veñen dados non só por motivos culturais, senón primeiro por motivos de colaboración económica e política cos países lusófonos. Esta ILP foi aprobada coa votación de todos os grupos parlamentarios, con obxeccións diferentes por parte de cada grupo parlamentario pero cuxa unanimidade amosa a vontade da xa aborrecida asociación da lingua coa ideoloxía. Fala disto esta nova.

Fai falla primeiro crear un ámbito de prestixio pra o galego e máis eliminar os prexuízos implantados contra Portugal dentro do noso país, pero isto é un paso. Agora ben, amáis disto é moi usual escuitar cómo se di por todas partes que falar galego é un estigma de clase. Blablabla o galego só se fala nas clases baixas, blablabla o galego idioma proletario, blablabla... E isto, en fin, copa as reflexións de tódo-los intelectuais.

Qué pasaría se en realidade fose o castelán un estigma de clase? O estigma dunha clase galega desarraigada totalmente dunha realidade que é a súa realidade, unha clase galega analfabetizada totalmente na súa lingua propria que é a galega,e na súa cultura, e que inda cre cousas como que estudar galego nas aulas é obrigar á xente a falar galego, que sofre as consecuencias dunha


educación desfasada que soio ensina á xente a preparar-se pra un examen, pra conseguer un número nunha folla, pero non a formar-se como un ser humán crítico e reflexivo, e que en consecuencia disto inda reivindica muitas veces a súa liberdade pra falar en castelán cunha hostilidade contra o galego que semella que alguén lle impede falar galego, cando non se dan conta de que con iso só responden a unha postura acomodaticia dun medio que condiciona a unha resposta xa fornecida de antemán por un entramado de complexos que percorre toda a sociedade, e hoxe en día cada vez máis, se ve potenciada desde as institucións, E se a verdade é que fose o castelán estigma de clase?

Pola miña parte festexo con alegría a aprobación desta ILP (inda que sóio se veña nun principio con finalidade económica) pra que a xente se achegue á realidade dun país irmán que comparte con nós unha linguaxe común (se lemos a Rosalía ou a Pondal, ou aos poetas vangardistas de principio de século poderemos entender mellor esta miña afirmación). Tamén aguardo que así, de xeito progresivo vaiamos arredando da nosa mentalidade esa clase de complexos cara á nosa cultura primeiro, pois nos achegaremos a un país no que tanto as clases altas como as baixas falan no noso idioma. Podera-se, co achegamento a Portugal, erradicar os prexuízos que conseguiron co paso dos anos separar-nos nunha especie de mundo das ideas platónico, porque na realidade non, dun país irmán co que compartimos unha cultura, coas súas diferenzas claras evidentemente (tamén pasa en Brasil e Angola) pero co que grazas á lingua que partillamos nos poderiamos comunicar con millóns de persoas arredor de todo o mundo. Un verdadeiro resurxir xa non só da nosa lingua, senón tamén do noso país.


Galiza ii