Issuu on Google+

1936-1950 ALVARO CUNQUEIRO Naceu en Mondoñedo en 1911. Escribiu novelas, poesía e tamén se dedicou ao teatro. Estudou bacharelato. Comezou a carreira de Filosofía e Letras pero abandonóuna para dedicarse ao periodismo. Foi un poeta vangardista, neotrovadoresco e culturalista. Escribiu poemas como “Mar do Norde”(1932), “Poemas do si e do non”(1933); “Dona do corpo delgado”(1950); “Herba aquí e acolá”(1980). DONA DO CORPO DELGADO-SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR Escóistasme así, miña señor amada, cando do peito meu, o trobo arde, ou atrás de ti a sombra do meu soño loucamente á túa apreixa e bica? Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado! Neste río do meu vagar sin fin, qué incendiado navío non navegas na noite? -Por qué este corazón tan frol mucha, por qué non é mortal de tanto lume e cinza, por qué inda son eu de tanta verba a boca? Miña branca señor, corpo delgado: este bosque é do tempo da más recente lúa i ese malvís que tanto áer enfrauta cada día que amence renascee asubía. Amante, no meu vaso aínda canta a sede. Esta lúa nevada, amor, que do teu corpo medra coa noite sober das cumes dos meus ollos! Deixa que rose, ao arrimo das cerdeiras, nas illas dos teus ollos a ialba rumorosa. Adormece ao meu carón, namentras quebra o día baixo un teito de alaudas, tímidas cantadoras.


1950-1975 DO SULCO-XOHANA TORRES Soidña máis múltiple por repetirse en todo coma se escomenzase un froito a cada hora. Soidá, adentrada de voces a querer suicitarse e non serán de min. De vós, tampouco. Soidá máis sulco que un mar antergo, espello, innavegábele, polo meio partido. ¡Soidá, miña Patria dos días, peito total, escurecido, enfermo!

Lanza de soledá-Alquilino Iglesia Alvariño Triste é pensar que noite, neve e olvido matando irán o lume arrebatado. E é ben doce nembrar, acobadado xunta á bacante, o trunfo desmedido. Do vencedor é o ramo verdecido. Si que é, e o bronce, e o són e o vento irado. Pero de Anteo, escuro e escartizado, non sei que remance non vencido. Delor, delor, delor que vai no vento. No vento. E vai na onda devalando. Na onda. Mar e vento. Ai, pensamento! Delor, delor. Delor resucitando, Dios escuro, delor, puro tormento, cada mañá o seu lume renovando.

1975-1990 Xohana Torres-Tempo de ría Ese minuto simple de estampa xaponesa tingue a Ría de gris: así tardiña, tempo que pasa como pasa a cor. Luz que eu vin morrer por Rnde, só un intre de gloria. O ceoo nin explica. Todo e nada no velo migratorio que anticipa a noite.

Xosé Luis Méndez Ferrín-Con pólvora e magnolias Señoras do pasado, damas investigadas a través dos ensoños sobre cabalos nidios, inmóbiles no outono de antano, sen bris mesmo, merci por un crepúsculo, ou acaso algún beixo, ou polos poderosos erguementos do sangue, ou por sorrisos líquidos a carón da magnolia.


O tempo no espello-Antón Avilés de Taramancos. XVI Para os teus ollos veño, e sinto morna a luz acolledora se me fitas. Que fondura de amor para soterrarme, miña dona xentil, para emorrecerse na paz do teu ombreiro!

A door brinca darredor do reu seo totalmente e eu chego vagamundo para que digas calquera nome de frol, calquera abrigo.

1990-actualidade María Canosa-Poema. Chorei; sobre o mando negro do meu soño nocturno. Chorei bágoas salgadas de amargura, desas que non mollan porque non esvaran, densas, compactas,... sucando fazulas. Mais o azul de lúa non se apagou. Na noite, non hai humidade seca. A lúa leva horas espertándome cos seus ollos inquisidores. non hai ninguén na rúa. Simplemente, porque chove.

Poemas de ausencia- Manuel María II Ven. Eiquí te agardo, na néboa triste da distancia. Ven; xa levo séculos e séculos agardándote. Ven; está chea de tí a miña ialma i o meu corazón é unha chaga. I é sempre o corazón o que me dí: "agarda". Ven dunha vez rematar esta espera tan longa, ¡miña amada!


III Agora estou lonxe, miña amiga, adeprendín a amarte con verdade. Eres unha deusa que alcendiches en min o lume máis queimante e máis eterno. A miña lembranza é soio túa i é tamén teu este latexo que sostén de pé a miña vida. ¡É tan dóce quererte! ¡É tan bó ir maxinándote; levar no corazón a túa presencia real e verdadeira! E saber que ninguén poide cortar o vencello que anuda os nosos soños. VI Ainda que por veces non comprendes deica que punto me doi a miña dor, eu non me sinto só. A túa sorrisa abonda pra matar a miña dor. Eu sei que vou a tí. Veño de tí. Só tí poides encher todo o meu tempo. Enton póñome ledo e non me importa saber ou non saber si me comprendes. O ceio é moi azul i eu son un neno que preciso tan só do teu perdón. VIII Perdoa tanto amor e tanto corazón que por tí vive, e sofre e ama. Perdoa esta loucura que me estrulla por intres a razón. Perdóame tamén as horas malas Perdóame o morrer si a miña vida non estiveses vivindo na túa vida.

X Esta ausencia total é unha cárcel na que teño encadeados os anceios. Os anceios voan como melros pra levarlle esta soidá á miña amiga. ¡Amiga; Si te tivera agora perto a mín! ¡Si podiera ter as miñas maus entre as túas maus! ¡Si poidera bicarte, os bicos meus queimaríante o mesmo que unha brasa! Amada; eu estou lonxe i os meus anceios están encadeados. XII Amiga: Eu non sei nada. Eu non comprendo nada. Nada quero saber nin comprender.


O meu único tempo verdadeiro son os intres que vivo xunto a ti. XIII Non teño medo ningún ó estar só. O que a min me pón medo é o sentirme só. ¡Cómo doi este soño de amor que non se cómpre! ¡Cómo doi a túa ausencia si a soidá me tende unha mau moura pra ampararme!

Ese estraño silencio- Modesto Fraga DEIXA que te imaxine neste inverno de rosas e harmona. De aromticas horas devalando nos pregos do teu corpo, na clida ambrosa do teu sexo: Esa doce nudez inusitada que invita a posuirte a cada intre. A percorrerte despacio na lentura das noites, na certeza do clmax. Trazando un cadro abstracto de versos e saliva. E nomearte logo, sen pronunciar palabra convocando o silencio, impregnados de pole e de loucura longa, amndonos nun gozo indescritible neste inverno de rosas e harmona. ****

A TANTO AMOR non chega o meu abrazo os meus dedos naufragan por te ofrecer o mundo se acaso unha palabra fose quen de tocarte de aloumiarte os beizos con tenrura infinita **** POR EVADIR a dor que me supón a ausencia


A túa despedida. As horas que o silencio ofrece só recordos e as tardes todas, todas. Por me reter na calma intacta dos teus beizos no celme enviciador e na mornura do teu corpo púbere. Por me embriagar co teu veleno suave como sutil fragancia indescritible na exquisitez das noites en que morrín de veras. Por te soñar, amor, no meu regazo cálido como unha avelaíña, un mar, unha paisaxe unha rexión de aves e cometas. Un todo que serás, serei, seremos por habitar a ausencia inevitable.


Antoloxía poética.