Issuu on Google+

OPERACIÓN TRIUNFO

1

Lidia Castro Garcia


ÍNDICE: 1. INTRODUCIÓN. 2.VIDA DOS CONCURSANTES ANTES DE OT. 3.DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA. 4.EXEMPLOS: David Bisbal & Lorena Gómez. 3.1.Xuventude e inicios da música. 3.2.Paso por OT. 3.3.Vida actualmente. 5.OUTROS CONCURSANTES. 6.BIBLIOGRAFÍA.


1.INTRODUCIÓN. Neste traballo vou falar de David Bisbal e Lorena Gómez, que son dous cantantes que se presentaron a Operación Triunfo, pero en diferentes edicións. David Bisbal presentouse á primeira, mentres que Lorena á sexta. Tamén falarei sobre o desenvolvemento do programa de OT, da vida dos concursantes antes de OT en xeral, ou sexa, do que facían antes de presentarse ás audicións do programa. Como ben dixen antes principalmente centrareime en dous exemplos, deles falarei máis a fondo do que eran antes, e do que son agora. A pesar diso, tamén mencionarei así por enriba outros concursantes das diferentes edicións de OT. 2.VIDA DOS CONCURSANTES ANES DE OT. A maioría dos concursantes de OT antes de ser cantantes como o son actualmente, tiveron que traballar moi duro para chegar a onde están. Algúns deles traballaban de albaneis,como David Bustamante, que ata o ano 2000 aproximadamente, outros de peixeiros, outros simplemente estaban no paro...Un día cansados de non poder realizar o seu soño, presentáronse ás audicións de OT e a partir disto, empezaron a súa carreira musical. Algúns tiveron éxito e outros tras saír de OT non seguiron coa carreira. Poñamos de exemplo a Chenoa. Esta muller dedicouse dende pequena á musica, pero outros como Rosa López, que foi a gañadora da primeira edición,antes de presentarse ás audición traballaba nunha polería. 3.DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA. Operación Triunfo, foi un programa musical emitido na televisión española. Os seus creadores foron Toni Cruz, Josep

Maria Mainat e Joan Ramón Mainat. Os seus presentadores foron Carlos Lozano, Jesús Vázquez e Pilar Rubio. Ao concurso, coñecido tamén como OT1( primeira edición), presentáronse inicialmente 5.000 persoas, das que se seleccionaron nunha serie de 9 convocatorias, a 96 persoas. Finalmente seleccionáronse aos dezaseis concursantes que máis formarían parte do programa. Cada semana catro dos concursantes eran propostos polo xurado para abandonar a academia, os profesores da academia salvaban a un e os compañeiros a outro, os dous restantes quedaban nas mans da audiencia, que decide o expulsado, ata chegar só seis deles á final na que segundo as normas, tres deles obterían una carreira discográfica e o dereito de representar a España no Festival de Eurovisión. Isto foi así nas tres primeiras edicións (na terceira os nominados eran propostos polo público; segundo votacións, os 5 concursantes que obtiñan menos votos do público eran nominados, o xurado, os profesores e os compañeiros salvaban a un respectivamente, ata quedar dous que finalmente eran os nominados, despois na fase final, ademais dos tres gañadores, escollíase a un cuarto gañador nunha gala cos últimos expulsados, que terían os mesmos dereitos que os tres gañadores principais). Na cuarta, quinta e sexta edición o xurado volveu a ter a decisión de elixir os nominados, ata a gala número 12, a partir de aí, cada semana, o público votaba, e os dous menos votados eran nominados, retábanse nun duelo de cancións, e ao final da gala o

público elexía ao que continuaba; así se desenrolaba ata quedar tres finalistas, dos que un resultaba gañador e obtiña un contrato discográfico. Dentro do desenvolvemento do programa, tamén está a academia. Dende que ingresan no programa, teñen que prepararse e fano alí. Ensaian moitas horas ao día. Ademais de cantar tamén fan pilates, xa que ademais dunha boa voz tamén hai que ter unha boa postura enriba do escenario. A encargada de dirixir a academia era Beatriz Luengo. Dentro das diversas edicións do programa, tamén houbo moitos profesores que lle axudaron aos concursantes. Algúns deles foron: Manu Guix (20012011). . Helen Rowson (20012003). Javier Castillo "Poty" (2001-2003). Lawrence De Maeyer (2001-2002). Viv Manning (20012002). Mayte Marcos (20012003). Marta Fiol (2002-2003).

4.DOUS EXEMPLOS (David&Lorena) 3.1.Xuventude e inicio da música. 3.1.1.David Bisbal naceu o día 5 de


xuño de 1979 . É natal de Almería. Abandonou os estudos no penúltimo ano de secundaria. O seu primeiro traballo era de gardabosques, nun viveiro. A dona era a muller do produtor da Orquestra Expresiones, ela escoitou a David cantar e pediulle ao seu esposo que lle fixera as probas para pertencer ao grupo. Despois de escoitalo e descubrir a súa calidade vocal, ofreceulle o empleo como a voz principal. 3.1.2 Lorena Gómez naceu o día 12 de abril de 1986 en Lleida. Aos tres anos empezou a cantar copla e aos oito, subiuse a un escenario e xa “ non baixou máis”. Durante catorce anos estivo asociada á Casa de Andalucía de Lérida cantando e bailando flamenco. Fixo varios actos benéficos, cantando sempre de solista. Antes de entrar en OT xa estivo en varios grupos, como “Menudas estrelas”, “Menudo show” e “ Sabor a ti”. Ademais ela traballaba nunha tenda de roupa chamada ” Zara”. 3.2. Paso por OT. 3.2.1 No ano 2001, David Bisbal presentouse a Operación Triunfo, Rosa López foi a gañadora do programa mentres que el quedou en segundo lugar e David Bustamante no terceiro. Despois da final, os 3 gañadores ofreceron unha roda de prensa multitudinaria na Academia onde estudaban. Os tres apareceron na portada de todos os xornais do día e nas demais cadeas da competencia (Telecinco e A3). 3.2.3Lorena Gómez. No ano 2006, chegou á final, e gañou contra Daniel Zueras.

Como foi a vencedora tivo un contrato discográfico con “ Sony BMG”. 3. 3.Vida actualmente. 3.3.1.David Bisbal actualmente ten 34 anos e vive en Madrid. Tras saír de OT participou en diversos concursos. Actualmente traballa en “La Voz” e en xaneiro de 2014 en “ La Voz Kids” emitida os luns ás 22:00 en Telecinco. 3.3.2Actualmente Lorena Gómez ten 28 anos e vive en Miami. Alí exerce de actriz e de cantante. En novembro de 2013 estivo no plató de “ Qué tiempo tan feliz” cantando con outros dous concursantes de OT e falando da música española. 5. OUTROS CONCURSANTES. Tras saír de Operación Triunfo a maioría dos concursantes seguiron co mundo da música, como é o caso de Manu Tenorio, Chenoa, David Bustamante.... Estes sacaron varios discos e son bastante famosos, pero hai outros como é o caso de Alex Casademunt que non sacou ningún disco e Juan Camús. Outra porcentaxe tamén elevada dedícase a profesión de actriz, como é o caso de Naím Gonzalez que fixo de actorcantante nunha obra de teatro. Unha pequena porcentaxe deixaron o mundo da música e actualmente dedícanse ao mundo empresarial e aos menesteres da casa( coidar os fillos, limpar, etc), como é o caso de Geno, Mireia e Juan. Como ben dixen antes, Manu Tenorio sacou discos. O seu primeiro foi “Manu Tenorio” que o sacou no 2002, despois sacou outros como “Blanco Añil”, “Entenderás”, “Tres Palabras” e “La ley de la atracción”. O seu primeiro concerto foi o día 30/05/2012 en Sevilla, e o máis recentes son para o día 28/2/14 e para o 1/3/14 . Cousa parecida

pasou con Chenoa, que sacou discos, entre eles “Chenoa”,”Mis canciones favoritas”, “Soy mujer”, “En otra dirección”. O seu concerto máis recente será o día 22/2/14. A súa última xira foi en 2013 .


6.BIBLIOGRAFĂ?A: -http://www.lacosarosa.com -http://www.diezminutos.es -http://es.wikipedia.org/wiki/Davi d_Bisbal -http://es.wikipedia.org http://gl.wikipedia.org http://es.wikipedia.org http://es.cyclopaedia.net http://www.formulatv.com http://www.tiempodehoy.com



operacion triunfo