Page 1

Mª José Urruzola


* 1 Aprendendo a distinguir as agresi贸ns * 2 Onde acostuman a suceder

* 3 Que facer se tes sido agredida *4

Que facer cando outra rapaza che conte que ten sido agredida

* 5 Que facer para colaborar a que non existan as agresi贸ns


* Dos

tres tipos de violencia, a que máis acostuman a padecer as mozas da túa idade é a violencia sexual * Para que che sexa fácil distinguir se unha relación é agresión sexual ou non, podes fixarte nalgúns indicadores como estes:

* Cando

unha persoa toca o teu corpo sen o teu consentimento. * Cando ti aceptaches unha relación con outra persoa, pero ela pásase do grao de relación que ti queres ter. * Cando unha persoa converte unha relación que en principio é correcta en agresión, pola intencionalidade, o ton, o poder ou a forza… * Cando se insinúan ou relacionan contigo a través de xestos que ti non desexas. * Cando alguén interpreta que un xogo de sedución é unha xustificación, para chegar ao teu corpo sen que ti queiras.


* Que é o que está pasando hoxe? * Hoxe as agresións sexuais están

tan aceptadas, que algunhas veces non se detectan; outras, non se lles dá suficiente importancia e con moita frecuencia confúndense coas bromas, sen distinguir que unha broma é algo que fai graza e a agresión, algo que molesta e ofende. * Aínda que algunhas persoas e os periódicos e a televisión, queren facer ver que os homes agreden cando se emborrachan, están deprimidos, enfermos…, hoxe sabemos que existen varias causas que explican por que suceden as agresións. * Algunhas mulleres cren que teñen que aguantar, calar… e algúns homes cren que teñen que ser prepotentes, dominar ás mulleres para manifestarse fortes…


* Algunhas agresións teñen causas sociais * O sexismo que aínda existe, xerarquiza

aos homes sobre as mulleres, presentándoas como subordinadas e obxectos para o home. * A desvalorización do corpo das mulleres. * A representación do home como obsesionado sexualmente. * A cantidade de agresións a mulleres que se están dando, fai que pareza normal este comportamento por parte dalgúns homes. * A escasa crítica e denuncia que se produce cando ocorre unha agresión sexual. * A falta de educación sexual adecuada ás mozas e mozos.


* Outras agresións teñen causas persoais * As situacións de insatisfacción e frustración

levan a algúns homes a buscar compensacións sexuais, crendo que así van a arranxar os seus problemas persoais.

* A falta de información sexual das mozas e dos mozos. * O costume dalgunhas mozas e mozos de aceptar

os comportamentos sexistas cotiáns como se fosen o normal e por iso, non criticalos.

* Consecuencias * Moitas mozas pensan que teñen que aguantar as agresións como cousas que lles pasan a case todas.

* Moitas

veces téndese a comprender ao agresor e, aínda que pareza incríble, ata a xustificalo.

Guia para mozas 2  

Guia para mozas sobre sexismo e violencia de xénero.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you