Page 1

1

Mº José Urruzola


1 1 GuĂ­a para andar por casa

2 Como relacionarte co teu pai e coa tĂşa nai


Introdución • •

Esta Guía está dirixida a todas as adolescentes e mozas. ... desde que unha nena nace ata que chega á adolescencia ten sido moldeada pola familia, escola, amizades, medios de comunicación, etc., segundo o estereotipo que esta sociedade sexista deseña para as mulleres.

... desde pequenas, a través dos xoguetes, contos, cores, educación do voso corpo, traballos que realizades, consellos que vos dan, calidades que se vos esixen, desexos que vos amosan... vanvos inculcando un modelo de vida, que no fondo, é común a todas as mulleres.

... Transmítese de tantas maneiras disimuladas e con tantos medios, que ao final as mozas da túa idade chegan a pensar que é «o seu» programa de vida, que elas naceron para facer iso, para ser así e aguantar o que lles veña. E as que queren saírse deste programa, séntense, inseguras, confusas...

... algunhas mozas, cren que unha forma de liberarse deste modelo de muller é imitar os comportamentos masculinos. É una equivocación, porque con isto, perden todo o positivo da cultura feminina, que é moito, e adoptan algúns comportamentos tradicionalmente masculinos que son prexudiciais para o desenvolvemento persoal das mozas e os mozos,

esta «Guía para mozas» ofrécevos algunhas pautas de comportamento que vos axudarán a reflexionar e a elaborar o voso propio modelo de vida, en función das vosas capacidades, gustos e posibilidades.

É o que desexamos para todas vós.


1 Guía para andar por casa • Non é certo que por ter nacido nena teñas máis obrigas en

casa.

• Comparte cos teus irmáns o poñer e recoller a mesa, a limpeza

do baño, o poñer a lavadora e todos eses detalles que benefician a todas as persoas que conviven na túa casa e que eles tamén precisan saber para ser autónomos.

• Túa nai ten o mesmo dereito que teu pai a comer sentada. Teu

pai ten a mesma obriga que túa nai de traer o vaso que falta, servir a comida ou fregar os pratos.


• Deixa que a teu irmán ,o pequeniño ,o coide o maiorciño, para

que se vaia educando, por se elixe a paternidade.

• Cociñar non é só tarefa de mulleres. Comparte o avental da

cociña co teu pai e teus irmáns.

• O coser un botón, limpar a habitación, pranchar unha camisa,

tamén é cousa de homes.

• Non os prives desa oportunidade de selo.


Os teus ratos de ocio, o teu tempo de estudo, as túas lecturas... son tan importantes como as do teu pai e irmán. Lémbrallelo amablemente. A sicoloxía actual descobriu que é fundamental para o desenvolvemento da sensibilidade dos homes, que se ocupen do coidado das persoas maiores e dos bebés da familia. Os fins de semana son días de descanso. Reclámao para todas as persoas da familia. Non hai traballos caseiros «masculinos». Se teu irmán comparte todas as tarefas caseiras, ti tamén, podes arranxar unha billa, subir a unhas escaleiras, arranxar un cable, etc.


Non permitas que teu pai e teus irmáns te «axuden» ou che pregunten moi dispostos «¿Qué fago?» Esixe o compartir responsabilidades e traballos. Ti colabora tamén, nas tarefas de casa, sempre que compartas todo, coas persoas coas que convives. Non é unha obriga que tes por ser moza, senón unha necesidade, para que ti e as demais persoas teñades unha boa calidade de vida. Se teu pai e os teus irmáns non queren ser autónomos para resolver as súas necesidades elementais (o botón, a camisa, a cama, as compras...) e deciden que llas soluciones ti, decide ti, ser autónoma e non estar ao seu servizo. Se teu pai ou irmán, pon a mesa, frega os pratos, limpia o baño, un día aillado, non é obrigado mostrarlle admiración ou darlle as grazas, nin cumpriu para o resto da semana. A non ser que fagas o mesmo, coa túa nai e as túas irmás.


As vacacións son para toda a familia. ¡¡Tamén para túa nai!! ¡A ver como vo lo montades! para que non sexa ela quen cociñe, lave, compre... durante este tempo.

Ti mereces as mesmas valoracións que teus irmáns cando levas ben o teu estudo, dedicas tempo a ler, a aprender cousas novas ou decides ti a carreira ou profesión que che gusta. Rompe ese costume familiar de dicir de ti que es unha «hormiguita» ou moi «empollona». Acostuma a ser máis ben, porque es responsable, intelixente, queres eligir ti mesma o teu futuro... Con frecuencia «as bromiñas» familiares, ríndose de certas partes do teu corpo, convértense en aburridas e repetidas agresións. ¡Non as consintas! Tes dereito a esixir un respecto ao teu corpo. Sé alegre. Cultiva o verdadeiro sentido do humor en familia, inventando e permitindo bromas, que fagan rir e non firan a ninguén. Colabora a que no teu ambiente familiar, ti e as demais persoas, vivades experiencias de paz, afecto e comunicación.


2 Como relacionarte co teu pai e coa túa nai • Trata de explicarte as ideas que teñen túa nai e teu pai, coñecendo mellor a educación

que recibiron.

• Para iso, escoita, sitúate, investiga como se vivía cando teñan a túa idade. • Agradece o interese que teñen en colaborar no teu desenrolo persoal. Amósalles o

teu afecto.

• Non os minusvalores, aínda que non esteas de acordo cos seus planteamentos e coa

súa forma de vivir. • Esíxelles un respecto ás túas ideas e á túa situación persoal.


• Comenta coa túa nai e co teu pai, feitos que pasan ao teu redor: películas da tele, libros que les,

sucesos cotiáns no teu entorno, etc.

• Escoita as súas ideas, expresa as túas sincera e razoadamente. E trata de que cheguedes a

conclusións, novas e máis avanzadas, que as expostas por ti e pola túa nai ou teu pai.

• Outro tema de conversación de interese, pode ser o da alimentación: que comer, cando, como,

dietas... Do intercambio da súa información e a túa, podedes atopar un tipo de alimentación máis saudable e gustosa para cada persoa.

• Pásalles folletos e libros sobre todos estes temas, que ti creas que poden enriquecer a súa

información. Anímaos a que sigan formándose e evolucionando.

• Se xa tes conseguido un clima de confianza, vai facendo pequenos ensaios de contarlles, cando

veña a conto, algunha das túas experiencias de amizade e de relacións afectivas e sexuais, explicándolles as túas intencións, desexos, os teus porqués, que che aportan estas experiencias, etc.


• Contrasta na medida do posible, as túas experiencias coas súas. Se consegues

desbloquear os seus medos e vergoñas, terás conseguido desdramatizar a sexualidade e facer dela, algo tan natural, como o comer.

• Que te preocupes pola túa familia non quere dicir que teñas que renunciar ao teu

proxecto persoal, á túa forma de vivir e de pensar. Nesta época da túa vida, estáste facendo a ti mesma e comezas a decidir por conta propia, é un paso importante no teu desenvolvemento como persoa.

• Ti tes que saber o que queres contar da túa vida persoal, cando e a quen. Pode ser, que

convertas a túa nai na túa mellor amiga e que confíes en teu pai como no mellor amigo, ou que escollas a outra persoa da túa familia (avoa ou avó, irmás ou irmáns, tías ou tíos...) ou de fóra dela, para compartir as túas vivencias máis íntimas, os teus problemas, medos, dúbidas... Cada persoa eliximos con quen queremos comunicarnos a tope. ¡Ti, tamén podes elixir!


• O cariño e respecto que sentes pola túa nai, teu pai e polas demais persoas da túa

familia, non pode levarte a que só che interese a túa familia. Máis ben, deben colaborar a que te abras ás necesidades de outras persoas, á solidaridade.

• Procura non esixir á túa nai e ao teu pai máis diñeiro do que poden darche. Acostuman

a sentir moito agobio se ven que non poden darche o que ti queres e ademais adoita ocasionar problemas entre ela e el.

• Se ves que teu pai trata con violencia a túa nai, non o permitas. Non o xustifiques de

ningunha maneira. Xeralmente é difícil solucionar as relacións de maltrato, pero afróntao. Pide axuda para iso. Chama ao teléfono gratuito: 900 200 999

• Se teu pai e túa nai deciden separarse, non te afundas. As relacións que non se basean

no respecto, afecto, no compartir de tu a tu, non merecen a pena. Axúdalles a dar o paso e despois • elixe ti, con liberdade e tranquilidade, o tipo de relación que queres seguir coa túa nai e co teu pai, cando xa se teñan separado.


Fontes utilizadas • Información extraída do folleto publicado polo “Instituto Andaluz de la Mujer” • Texto: Mª José Urruzola • Ilustracións: Esther Morcillo • Tradución ao galego: Equipo de biblioteca

Guia para mozas 1  

Guía para mozas sobre educación sexista.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you